INFORMACIÓN DEFINITIVA SOBRE O COMEZO DO CURSO 2020-21

Estimados/as alumnos/as, pais/nais, coa idea de mantervos informados/as ante o inicio de curso, O IES A Pontepedriña comunica:

 

  • ESO e Bacharelato: O alumnado do IES que terá ensino semipresencial será o de 1º de Bacharelato. O alumnado de ESO e 2º de bacharelato terá ensino presencial.
  • Formación Profesional: O alumnado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Actividades comerciais, 1º e 2º de Ciclo Superior de Comercio Internacional e 1º e 2º de Ciclo Superior de Xestión e Vendas terá ensino semipresencial. O alumnado de 2º de Ciclos en modalidade Dual e 1º e 2º de Formación Profesional Básica terá ensino presencial.
  • Foi autorizado pola Consellería o novo horario para o curso 2020-21. O alumnado de ESO e Bacharelato terá todo o seu horario en xornada de Mañá. O alumnado de Formación Profesional mantén o horario existente.
  • O novo horario de ESO e bacharelato comeza ás 8:15 horas e remata os martes, xoves e venres ás 13:30 horas. Os luns e mércores rematará ás 14:30 horas.
  • As presentacións realizaranse os días 23, 24 e 25 de setembro. O día 23 presentarase o alumnado de 1º e 2º de ESO,1º de Bacharelato e 1º de Ciclos Formativos; o día 24 presentarase o alumnado de 3º de ESO e 2º de Ciclos Formativos e o día 25 presentarase o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Formación Profesional Básica. Para ver o calendario de presentación prema aquí.
  • As listaxes dos grupos publicaranse o martes, día 22 de setembro
  • As listaxes de libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta, Fondo do IES e Fondo da AMPA publicaránse o día 22 de setembro. O reparto dos libros ao alumnado realizarase entre os días 28 e 30 de setembro.
  • O Transporte escolar funcionará desde o día 24 de setembro para o alumnado. O horario será:
    • Ás 07:50 Cruxeiras- Che 2- IES A Pontepedriña.
    • Ás 07:50 Os Tilos – IES A Pontepedriña.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E O ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRINA ANTE O INICIO DO CURSO 2020-21

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E O ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRINA ANTE O INICIO DO CURSO 2020-21

Estimados pais e nais e membros da comunidade educativa:

Somos conscientes da preocupación colectiva derivada da falta de información sobre o inicio deste curso. O equipo directivo leva traballando en todas as alternativas posibles para un regreso seguro ás aulas desde o remate do curso pasado e durante todo este verán.

Ata este momento levamos dous cambios de normativa, e agardamos aínda a saída dunha terceira. Cada cambio normativo implica unha reorganización de grupos, de aulas e unha reformulación da petición de novo profesorado. Por exemplo, comentaremos que a distancia de seguridade entre o alumnado sufriu distintas modificacións por parte da Consellería: de un metro (22 de xullo), de metro e medio (31 de agosto), de un metro e colocación de separadores entre o alumnado (13 de setembro).

Estes cambios constantes dificultan o noso traballo e imposibilitan tamén que lles poidamos trasladar unha información real sobre o regreso ás aulas.

A día de hoxe, tras comunicarnos está mañá o noso cupo de profesores/as, podemos INFORMARLLES  do seguinte:

  1. O ensino no Bacharelato será semi-presencial. Esta solución NON é a que quere o IES A Pontepedriña pero o sernos imposta pola Administración non temos outra posibilidade que acatala.
  2. O ensino na Educación Secundaria será totalmente presencial. Para que o centro sexa un espazo seguro aumentaremos os grupos e manteremos a distancia de seguridade de 1,5 metros. Isto implica unha total reorganización dos espazos e un aumento de profesorado (neste caso concedido).
  3. O ensino na Formación Profesional será semi-presencial no Ciclo Medio de Actividades Comerciais, Ciclo superior de Comercio Internacional e Ciclo Superior de Xestión e Vendas. Na Formación Profesional Básica e Ciclos en modalidade Dual o ensino será presencial.
  4. Para poder dar cabida a máis grupos necesitamos refacer os nosos horarios. Temos solicitado un novo horario. A educación Secundaria e o Bacharelato serían en horario de mañá e a Formación Profesional en horario de tarde. O novo horario solicitado, a falta da súa autorización sería o seguinte:
    • Horario de Educación Secundaria e Bacharelato: entrada ao Centro as 08:15 horas todos os días. As saídas dependerían do número de sesión por día. Os luns e mércores a saída sería as 14:30 horas (sete sesións por día) e os martes, xoves e venres a saída sería as 13:30 horas (6 sesións por día).
    • Formación profesional seguiría co seu horario habitual: entrada ás 14:50 todos os días e saída de martes a venres ás 21 horas e os luns as 21:50 horas.

Para finalizarmos, queremos comunicarlles que esta dirección traballa e traballará arreo para que o noso centro sexa un espazo seguro para as súas fillas e fillos, así como para o resto da comunidade educativa. E unha vez máis queremos reiterar o noso compromiso cun ensino público e de calidade.

 

A dirección do IES A Pontepedriña

COMUNICADO SOBRE O INICIO DO CURSO 2020-21

Estimados/as pais/ nais e alumnos/as do IES A Pontepedriña:

 

 

A dirección do IES A Pontepedriña comunica que o inicio do curso adíase o 23 de setembro.

 

Nos próximos días, cando a Consellería publique unha nova resolución sobre o inicio do curso, publicaremos o calendario do IES A Pontepedriña.

 

Lamentamos os inconvenientes derivados desta situación e esperamos a súa comprensión.

 

 

A dirección do IES A Pontepedriña.

INFORMACÓN PARA O ALUMNADO DO IES A PONTEPEDRIÑA. CALENDARIO DO MES DE SETEMBRO

O IES A Pontepedriña informa do seu calendario para os próximos días.

- O próximo venres, día 4 de setembro, ás 09:00 horas,  realizaráse a entrega de cualificacións, sobres de matrícula e recollida de libros de texto en préstamo do alumnado: para  1º e 2º  Educación Secundaria ás 09:00 horas e para o alumnado de 3º e 4º de ESO ás 10:00 horas. O alumnado de 1º de Bacharelato recibirá os boletíns de cualificacións as 09:00 horas.- 

- O prazo de reclamación ás cualificacións do alumnado de ESO e 1º de bacharelato: venres, 4 e luns, 7 de setembro.

- O día 8 de setembro: comunicación das resolucións das reclamacións ás/aos interesadas/os.

- A publicación das listaxes sobre o alumnado que terá libros de texto en préstamo do Fondo Solidario da Consellería, do Fondo do IES e do Fondo da AMPA publicaránse o día 15 de setembro.

- O reparto dos libros de texto en préstamo realizaráse entre os días 18 e 25 de setembro.
Para o alumnado de 1º de Bacharelato o alumnado que terá libros en préstamo do Fondo do IES e do Fondo da AMPA publicaránse o día 11 de setembro.

- O comezo de curso, se non existe modificación por parte da Consellería será escalonada segundo publicou a Consellería na Resolución do 01 de setembro

    • O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria, 1º curso de bacharelato e 1º de formación profesional de grao medio e 1º de formación profesional de grao superior.
    • O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria, 2ºcurso de bacharelato, 2º de formación profesional de grao medio e 2º de formación profesional de grao superior.
    • O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

 

- O calendario desta incorporación será publicado o día 11 de setembro.

INSTRUCIÓNS PARA MATRICULA DE ALUMNOS/AS EN CICLOS FORMATIVOS

O IES A Pontepedriña informa:

O día 21 de xullo terá lugar a matrícula dos/as alumnos/as que obteñan praza na 1ª adxudicación. O prazo de matrícula será do día 21 de xullo ás 09:00 horas ata ás 13:00 horas do 27 de xullo.

 

A 2ª adxudicación será publicada o día 29 de xullo . O prazo de matrícula sería das 09:00 horas do día 29 de xullo ata ás 13:00 horas do día 31 de xullo.

 

Para realizar a matrícula deberán cubrir o sobre de matrícula que se dará no centro e seguir as instrucións que aquí aparecen. Para ver as instrucións PREMA AQUÍ.

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. CURSO 2020-21.


O IES A Pontepedriña publica o calendario e horarios das probas Extraordinarias de setembro. Estas probas desenvolveranse  os días 01 e 02 de setembro de 2021 para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, 1º de Formación Profesional Básica e Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios e Ciclo Superior de Xestión e vendas, ambos na modalidade DUAL.


- Calendario probas extraordinarias de setembro de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de Bacharelato.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de 1º de F.P.B.
- Calendario probas extraordinarias de setembro Ciclos Formativos da modalidade de DUAL.

 

CURSO 2019-20

Os días 01 e 02 de setembro de 2020 realizaranse as probas extraordinarias de setembro para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional Básica E Ciclo medio de Comercio en modalidade Dual.

 

CURSO 2018-19

Os días 02 e 03 de setembro de 2019 realizaranse as probas extraordinarias de setembro para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional Básica.

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2020-21

A relación de libros de texto (pdf) para a ESO e bacharelato no curso 2020-2021 pode descargarse premendo nas ligazóns de cada curso.

Recoméndase que o alumnado de ESO e bacharelato que se matricula en xuño non merque ata setembro os libros da materia optativa, pois é entón cando se pode confirmar que se cumpren as condicións legais necesarias para poder impartila.

CALENDARIO DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, 1º DE BACHARELATO E 2º DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 

A Consellería de Educación estableceu como prazos de matrícula para ESO e 1º de Bacharelato do 01 ao 10 de xullo e para 2º curso de Formación Profesional do 25 de xuño ao 08 de xullo. Para organizar este calendario, e manter as medidas de hixiene e seguridade, estableceremos turnos de matrícula por niveis.

  • 1º e 2º de EDUCACIÓN SECUNDARIA: 01- 02 - 03 de xullo.
  • 3º e 4º de EDUCACIÓN SECUNDARIA: 06 - 07 de xullo
  • 1º e 2º de BACHARELATO: 08 – 09 - 10 de xullo.
  • 2º de FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: 26 – 29- 30 de xuño.
  • 2º de CICLOS FORMATIVOS ( 2º de CM e 2º de CS): 26 - 29 - 30 de xuño
  • A atención ao público será desde as 09:00 horas ata as 14:00 horas.

Para realizar o proceso de matrícula seguiremos as instrucións de hixiene e sanitarias: solicitantes en fila, con separación de 1,5 metros, obrigatorio a utilización de mascarillas na entrada ao centro. Existirán hidroxeles a disposición do público

HORARIO DE ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN ORDINARIA

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, 1º DE BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA E CICLOS FORMATIVOS

A entrega de cualificacións da avaliación ordinaria realizarase de forma presencial o día 25 de xuño.

A entrega será realizada polos/as titores/as dos grupos.

Para manter as medidas sanitarias a entrega das cualificacións será no patio do IES A Pontepedriña. 

O procedemento para a entrega será o seguinte:

  1. O alumnado será convocado nunha hora concreta.
  2. A entrega realizarase no patio o que se chega desde a porta de acceso de alumnos/as.
  3. A entrada ao recinto será por cursos.
  4. Todo o alumnado está obrigado a traer máscara de protección.
  5. Ao entrar lavarán as mans con xel hidrolóxico e seguirán as instrucións do persoal do centro. 
  6. O alumnado dirixirase ao patio onde serán distribuídos por cursos. 
  7. Os titores e titoras farán entrega aos alumnos do boletín de cualificacións, impresos de matrícula ou impresos de pre-matrícula no caso de que teñan que realizar as probas extraordinarias de setembro.
  8. Tras recoller as cualificacións e diferentes documentos abandonarán o centro seguindo as instrucións do persoal.

Se as condicións climáticas non permiten facer a entrega das cualificacións e impresos ao aire libre, utilizaremos o Salón de Actos, sempre garantindo as medidas de hixiene e seguridade.Nese suposto publicaremos un novo calendario para entrega. 

HORARIO DE ENTREGA DAS CUALIFICACIÓNS

  • 09:00 - 10:00: alumnado de 1º de bacharelato
  • 10:15 -11:15: alumnado de 3º e 4º de ESO
  • 11:30 -12:30: alumnado de 2º ESO
  • 12:45 -13:45: alumnado de 1º ESO. 
  • 16:00 -17:00: alumnado de 1º Ciclos Formativos (1º CI e 1º XV)
  • 17:15 - 18:15 : alumnado de 1º de CM e 1º FPB
  • 18:30 – 19:30: alumnado de 2º de Ciclos Formativos (alumnado que queira recoller as súas cualificacións, que teñan módulos pendentes)
 
 
Distribuir contido