Extraescolares

London again

Estivemos outra vez en Londres, era febreiro e moita calor non ía. Todavía está Dippy na nave central do Natural History Museum  (parece que en 2017 van sustituílo polo esquelete dunha balea azul), pero non se poideron ver moitos máis dinosaurios porque só por un día pillamos pechada esa sección do NHM. Finalmente non houbo posibilidade de participar na actividade para grupos escolares 'Rock the house', pero naturalmente si fixemos a foto de rigor con Mr. Darwin.

No Science Museum estaba a exposición temporal de Leonardo, pero hai tantas opcións nas salas permanentes que non da tempo a máis nada. Repetimos tamén o tour de John Snow polo Soho revisitando os escenarios da famosa investigación sobre a epidemioloxía do cólera (pero non tivemos novas adicionais da John Snow Society). Malas noticias dos museos de Greenwich: suprimiron a tarifa de grupos escolares para a visita ao observatorio histórico.

Polo demais, todo ben.

Tedes o enlace ás fotos no curso "Pontepedriña goes to London" na nosa Aula Virtual (pódese entrar como convidado)

 

NHM Darwin Greenwich
   
 John Snow  Russell
   
Assyrian Sesostris Monumental

 British Museum.- Relevo e escritura cuneiforme asiria tallado en xeso. A circulación de auga polas gretas e precipitación de material disolto ilustra o principio de relacións cruzadas.

 Estatuas de Sesostris III esculpidas na tonalita porfídica de Asuán. Presenta fenocristais de feldespato claramente orientados.  "Granito monumental" do plutón de Asuán. Gran groso, porfídico con fenocristais de feldespato potásico rosa. Con este mesmo material está construída o obelisco situado en Enbankment (Cleopatra's Needle).
     
     

4º ESO viaxa a Londres

Unha vez máis o departamento de Inglés organizou a viaxe a Londres, adiantada este ano á última semana de Febreiro. Situamos o foco na área científico-Tecnolóxica, xa que o profesorado acompañente volvía ser destas especialidades.

> Realizamos actividades no Natural History Museum e no Science Museum. Tamén pasamos polo Royal Observatory en Greenwich, ainda que nesta ocasión a Galería de Tempo e Lonxitude estaba moi minguada sen os famosos cronómetros navais de Harrison (acababa de rematar unha exposición especial ao respecto).

> O itinerario máis turístico tivo como núcleo os materiais, a arquitectura e a enxeñería no contexto do desenvolvemento histórico da cidade dende 1800; foi deseñado tomando como eixe o río e as súas pontes.

> Organizamos tamén un  itinerario seguindo os escenarios do brote de cólera  de 1854 no barrio do Soho, no que un médico local chamado John Snow realizara unha investigación que se considera  a fundación da epidemioloxía. O proxecto, que comenzara con actividades previas realizadas no instituto, non se puido completar co encontro con representantes da John Snow Society, pese a que os contactos estaban en marcha (veremos que pasa noutra ocasión).

                                                                                                                                                 
Grupo en Southbank infrared  
O grupo completo, no percorrido arredor do Támesis  Anxa e Nico  retratados coa cámara térmica do Science Museum. Tal como nos vería 'Predator'  
     
John Snow - the pump St James church  
O coche oculta o emprazamento orixinal da bomba do pozo contaminado no brote de cólera de 1854. Hai que visitar o pub para poder chegar a ser membro da John Snow Society.  Na Iglesia de St. James comezaba o percorrido. No edificio da sacristía  reuníronse os notables de parroquia por iniciativa de John Snow e decidiron retirar a asa da bomba  
     
 Darwin no NHM Cocoon 
 No Museo de Historia Natural, a estatua de Darwin foi unha vez máis o punto de encontro Centro Darwin do MHN:  mentres  os de bioloxía facían unha somnolenta visita ás exposicións de evolución, Adela, Mar e Andrea defendían o seu traballo na Olimpiada de Filosofía  
     
Flamsteed House Cleopatra's needle
Sala octogonal da antiga casa dos astrónomos (Flamsteed House) no Real Observatorio de Greenwich Xusto á dereita, non visible na foto, atópanse os indicios dunha bonita historia ferrolán. 

 Estas son unha poucas, máis imaxes aquí

 

Yes, we can!

NY  

Entre o 17 e o 24 de marzo, un grupo de alumnado de 1º de bacharelato da sección bilingüe do noso centro, acompañado polas profesoras Carmen Fandiño e Luz Marina López, visitou a cidade de Nova York, demostrando non só a súa capacidade para desenvolverse en lingua inglesa, senón tamén a de levar adiante un proxecto que ao principio parecía bastante complicado. Teñan todas elas e eles os nosos parabéns e (sana) envexa.

Distribuir contido