Animación á lectura

MULLER E POESÍA NAS LETRAS GALEGA

Se queredes ver os fermosos traballos feitos polo noso alumnado para ilustrar os poemas de Xela Arias só tedes que premer na imaxe da portada.

Lecturas feministas

Que mellor xeito de rematar as celebracións polo Día do Libro que cunha charla impartida polo noso alumnado? Meu dito, meu feito. As alumnas de 4º ESO Paula Alfonsín, Alicia Novoa e Carla Penas animaron os seus compañeiros e compañeiras máis novos a ler obras que avogan pola igualdade de xénero. Foi moi interesante!!!

Descargar fotos

Día Internacional do Libro

Abre a túa mente. Escolle o teu libro.

 

II Concurso de Booktrailers



O ENDL do IES Pontepedriña convoca o II Concurso de Booktrailers, isto é, vídeos de promoción de libros de lectura, co fin de promover a lectura de libros en galego, o uso da lingua galega en relación coas TIC e a creatividade do alumnado. A convocatoria e a resolución deste concurso rexerase polas seguintes bases:

 
1) O obxectivo do concurso é contribuír á creación e difusión de traballos audiovisuais escolares no ámbito da normalización lingüística e promover a lectura como entretemento entre a mocidade.
 
2) Poderá concursar todo o alumnado matriculado no instituto neste curso escolar 2017-18.
 
3) Cada alumno ou alumna poderá presentar un máximo de 3 creacións inéditas.
 
4) Os booktrailers terán como finalidade promocionar calquera libro de lectura escrito en galego (tamén poden ser traducións) dos fondos da biblioteca do centro escolar.
 
5) A duración mínima é de 60 segundos e a máxima de 120 segundos.
 
6) Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo da biblioteca (bibliotecapontepedrinha@gmail.com). Paralelamente cubrirase unha ficha de inscrición dispoñible na biblioteca do centro.
 
7) O prazo de entrega dos traballos remata o 16 de maio de 2018.
 
8) Establécense dous premios:
       1º premio 100 euros
       2º premio 50 euros
Para cada categoría de participación:
       De 12 a 16 anos
       De 16 anos en diante
 
9) Na avaliación dos traballos terase en conta os seguintes criterios: orixinalidade, creatividade, calidade artística e eficacia comunicativa.
 
10) O xurado estará formado por profesorado do instituto.
 
11) Os traballos ganadores publicaranse na páxina web do instituto e nas redes sociais e blog do ENDL. Así mesmo, proxectaranse na entrada do instituto.
 
12) A participación no concurso implica a cesión dos dereitos para difundir os traballos presentados, no ámbito da normalización da lingua galega e da promoción desta actividade por parte do IES.
 
13)  A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

Recomendación de lecturas e cine para o nadal

Nadal

(se premes na imaxe descargas a guía de nadal da biblioteca.)

 

Nadal

 

Bo nadal e disfruta da lectura e do cine

Recomendación de lectura para o verán

Se premes na imaxe descargas a guía de verano da biblioteca.
Disfruta do verán e da lectura!!!

Guia de Lectura para o Nadal para libros escritos en inglés

Aqui estan as recomendacións da Biblioteca para a lectura de libros escritos en inglés. Boas lecturas e boas festas

Se tedes problema coa visualización podedes descargar o arquivo adxunto

Distribuir contido