Recomendámosche

NA BIBLIOTECA XA TEMOS PLAN PARA O NADAL:

Para o alumnado, para as familias, para profes... para esas tardes que non sabedes que facer, non hai mellor plan ca un libro, unha peli, ou mesmo as dúas cousas, por que non?.

Por iso, en colaboración coa biblioteca do IES ILLA DE SAN SIMÓN de Redondela, fixémosvos unha selección de lecturas en galego que foron levadas ao cine con éxito. Hai para todos os gustos e para todas as idades, e aínda que separamos as recomendacións para o primeiro ciclo da ESO ou para o segundo e bacharelato podedes acceder a calquera delas libremente e escoller as vosas obras preferidas!

Lembrade que podedes pedir en préstamo calquera delas enviando un correo a:

bibliopedrinhas@gmail.com

Deixámosvos os enlaces aos nosos Padlet especiais de Cinema e Literatura. Só tedes que premer na imaxe e xa se abrirá a pantalla no voso navegador coas recomendacións. Remexede, curioseade moito, mirade os libros e premede en continúa aquí para ver escenas ou trailers das películas!!

Esperamos os vosos comentarios para ver que vos pareceron...

Síguenos no Facebook: Ies Pontepedriña Biblio e en Instagram: bibliopedrinhas
 

FELICES LECTURAS E FELIZ NADAL!!!

 

 

 

Guía de Lecturas Vacacións de Verán 2019

 

Guía de Lecturas Vacacións de Verán 2019

Preme para agrandar e gardar ou imprimir.

 

 

Preme para agrandar e gardar ou imprimir.

 

Guía de Lecturas para o Verán 2017

 

Guía de Lecturas Vacacións de Verán 2017

 

                                                                                        Preme para agrandar e gardar ou imprimir                                                           

 

                                                                                           Preme para agrandar e gardar ou imprimir

I Concurso de Booktrailers

Xa está en marcha o I Concurso de Booktrailers do IES de Pontepedriña. Que non sabes que é un booktrailer? Normal, tanta palabriña en inglés...! Un booktrailer é un vídeo para promocionar un libro, para convencernos de que o leamos...

Podes facer ata tres booktrailers distintos, a única condición é que o libro estea entre os fondos da Biblioteca do instituto e que estea en galego.

Anímate e verás que ben che sae! Para calquera dúbida consulta as bases do sorteo no seguinte enlace.

Guía de Nadal

Da nosa Biblioteca... LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE NADAL ... que aproveite :)

 

preme na foto para ver en grande 

                          

Guía de Lectura para o Nadal

Podedes consultar a guía de lectura que nos recomenda a biblioteca do centro para este nadal. Premede sobre a imaxe para vela

Disfrutade das vacacións e leede moito. 

Guía de Lectura para o nadal

Esta é a guía con recomendacións para o nadal feita dende a biblioteca do centro.


 
No adxunto está o arquivo en formato pdf, por si hai algún problema de visualización. Disfrutade da lectura!!

Distribuir contido