IV Concurso de Booktrailers do IES A Pontepedriña

 

O ENDL do IES A Pontepedriña convoca o IV Concurso de Booktrailers, un certame de videos que ten como obxectivo promover a lectura de libros en galego e a creatividade audiovisual do alumnado.

Poderán concursar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos de centros educativos sostidos con fondos públicos de toda Galicia.

Podes ler as bases deste IV Concurso no seguinte enlace (PDF).

Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo de normalización lingüística do centro: endlpontepedrina@gmail.com

O prazo para concursar é dende o 23 de abril ata o 17 de maio.

Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA CURSO 2021-22

 Entre os días 01 e 22 de marzo de 2021, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.

1.- A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación “admisionalumnado” ou cumprimentarse na mesma aplicación.

2.- Tamén pode ser tramitada a través da Sede Electrónica.

3- A explicación do procedemento, así como acceder a aplicación “admisiónalumnado” atópase na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

4.- Documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etpa nos termos do Anexo II.
  • Convenio regulador ou resolusión xudicial de sepàración xudicial ou divorcio, se é o caso.

5.- Tamén débese manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).

6.- Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

7.- Se existisen máis solicitudes que prazas, os/as alumnos/as serán baremados segundo recolle a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

8.- De existir empate na puntuación, a resolución de 25 de febreiro de 2021,da dirección xeral de centros erecursos humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 daorde do 12 de marzo de 2013 recolle as letras de prioridade do sorteo que tería que facerse. As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

 

VACANTES OFERTADAS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN. CURSO 2021/22

 

 

CURSO

 

 

VACANTES

 

 

1º DE ESO

 

1

 

2º DE ESO

 

12

 

3º DE ESO

 

0

 

4º DE ESO

 

0

 

1º DE BACHARELATO -MODALIDADE DE CIENCIAS

 

0

 

1º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE HUMANIDADES E CCSS

 

0

 

2º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE CIENCIAS

 

15

 

2º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE HUMANIDADES E CCSS

 

0

PROCESO DE RESERVA DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2021-22

Finalizado o proceso de reserva  de alumnos/as procedentes de centros adscritos, o IES A Pontepedriña informa:

Todas as solicitudes presentadas desde os centros adscritos para 1º de ESO e 1º de Bacharelato, foron admitidas.

As listaxes co alumnado admitido, en virtude da lei de protección de datos, serán publicadas no IES A Pontepedriña, nos seus taboleiros interiores.

Non se dará ninguna información telefónica sobre estas listaxes. Desculpen as molestias.

NA BIBLIOTECA XA TEMOS PLAN PARA O NADAL:

Para o alumnado, para as familias, para profes... para esas tardes que non sabedes que facer, non hai mellor plan ca un libro, unha peli, ou mesmo as dúas cousas, por que non?.

Por iso, en colaboración coa biblioteca do IES ILLA DE SAN SIMÓN de Redondela, fixémosvos unha selección de lecturas en galego que foron levadas ao cine con éxito. Hai para todos os gustos e para todas as idades, e aínda que separamos as recomendacións para o primeiro ciclo da ESO ou para o segundo e bacharelato podedes acceder a calquera delas libremente e escoller as vosas obras preferidas!

Lembrade que podedes pedir en préstamo calquera delas enviando un correo a:

bibliopedrinhas@gmail.com

Deixámosvos os enlaces aos nosos Padlet especiais de Cinema e Literatura. Só tedes que premer na imaxe e xa se abrirá a pantalla no voso navegador coas recomendacións. Remexede, curioseade moito, mirade os libros e premede en continúa aquí para ver escenas ou trailers das películas!!

Esperamos os vosos comentarios para ver que vos pareceron...

Síguenos no Facebook: Ies Pontepedriña Biblio e en Instagram: bibliopedrinhas
 

FELICES LECTURAS E FELIZ NADAL!!!

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE ENSINO PRESENCIAL EN 1º DE BACHARELATO E CAMBIOS NOS HORARIOS E GRUPOS

Estimadas Familias e alumnos/as do IES A Pontepedriña:

Desde o luns, día 9 de novembro, todo o alumnado 1º de bacharelato comezará con ensino presencial. A concesión por parte da Consellería do profesorado necesario permite que todo o ensino de Educación Secundaria e Bacharelato sexa presencial.

Este feito obriga o centro a crear un novo grupo de 1º de bacharelato, unha nova distribución do alumnado de 1º de bacharelato, cambios nos/as docentes dos diferentes grupos do centro e un novo horario.

Nun momento tan compricado como o actual é necesario que todos os/as membros da comunidade educativa traballemos nunha mesma liña. Pedímosvos colaboración e comprensión con estes cambios.

A dirección do IES A Pontepedriña.

Información para o alumnado do Ciclo de Marketing e Publicidade. Modalidade a Distancia

O ciclo de marketing e publicidade, na modalidade a distancia, desenvólvese a través da aula virtual de FP a Distancia. Cómpre non confundir a aula virtual do IES A Pontepedriña coa dos ciclos a distancia. Para saber como acceder prema aquí.

Información sobre o uso da Biblioteca

Estimados/as alumnos/as e familias do IES A Pontepedriña, a situación xerada pola Covid19 obriga a modificar o uso da biblioteca. Para ver as novas normas de uso da Biblioteca durante o curso 2020-21 prema aquí.

LISTAS DOS GRUPOS DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2020-21

O IES A Pontepedriña, para axustarse a Lei de protección de datos, publica as listaxes de alumnado por grupos. Nas mesmas tan só figura o NIF ou NIE. No caso que non figure o NIF ou NIE ( na maioría dos casos por non figurar nos impresos de matrícula) aparece o número de expediente. Se non ten ese número pode chamar a Secretaría do centro e facilitaranlle a información.

Listas de alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria

Listas de alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria

Listas de alumnado de 1º de Bacharelato

Listas de alumnado de 2º de Bacharelato

INFORMACIÓN SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR

O día 23 de setembro non haberá transporte escolar para vir as presentacións pero si que existirá para recollelos o final da xornada escolar (14:30 horas). Desde o día 24 de setembro xa funcionará no seu horario habitual.

O alumnado deberá portar máscara todo o traxecto e seguir as instrucións que marque a empresa de transportes. O incumprimento das normas durante o mesmo pode implicar sancións por parte do centro e da empresa.

IBROS EN PRÉSTAMO DO IES A PONTEPEDRIÑA.

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes de libros concedidos nos Fondo do IES, Fondo AMPA e Fondo Solidario da Xunta de Galicia.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes de libros concedidos. Para evitar acumulacións de persoas no centro poden chamar por teléfono e desde a secretaría do centro informaráselles dos libros concedidos.

O reparto dos mesmos produciráse entre os días 28 e 30 de setembro, agás dos libros que teñan que ser mercados ante a falta de existencias (nestes casos pode existir unha demora de varios días).

Distribuir contido