PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA CURSO 2021-22

 Entre os días 01 e 22 de marzo de 2021, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.

1.- A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación “admisionalumnado” ou cumprimentarse na mesma aplicación.

2.- Tamén pode ser tramitada a través da Sede Electrónica.

3- A explicación do procedemento, así como acceder a aplicación “admisiónalumnado” atópase na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

4.- Documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etpa nos termos do Anexo II.
  • Convenio regulador ou resolusión xudicial de sepàración xudicial ou divorcio, se é o caso.

5.- Tamén débese manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).

6.- Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

7.- Se existisen máis solicitudes que prazas, os/as alumnos/as serán baremados segundo recolle a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

8.- De existir empate na puntuación, a resolución de 25 de febreiro de 2021,da dirección xeral de centros erecursos humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 daorde do 12 de marzo de 2013 recolle as letras de prioridade do sorteo que tería que facerse. As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

 

VACANTES OFERTADAS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN. CURSO 2021/22

 

 

CURSO

 

 

VACANTES

 

 

1º DE ESO

 

1

 

2º DE ESO

 

12

 

3º DE ESO

 

0

 

4º DE ESO

 

0

 

1º DE BACHARELATO -MODALIDADE DE CIENCIAS

 

0

 

1º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE HUMANIDADES E CCSS

 

0

 

2º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE CIENCIAS

 

15

 

2º DE BACHARELATO - MODALIDADE DE HUMANIDADES E CCSS

 

0