Skip to Content

Informática

Departamento Informática

Profesorado

  • Abellán Ferrer, Javier
  • do Vale Varela, Jeny
  • Crestelo Saburido, Héctor Manuel
  • Galván Bretaña, M. Dolores
  • Gómez Vallejo, Héctor José
  • Pérez Fernández, Marcos
  • Piñeiro Vidal, Rebeca
  • Rodríguez Patiño, Ramón (substituto: Gómez Crespo, Jorge )
  • Sanlés Fernández, José Ramón
  • Torres Domínguez, Alejandro

Xefatura departamento

  • Pérez Fernández, Marcos

Actividades

Programacións

  • Ciclo Superior: Desenvolvemento de Aplicacións Web

  • Ciclo Medio: Sistemas Microinformáticos e Redes

  • Ciclo de FP Básica: Informática de Oficina

  • ESO

Proxecto final SMR1: Video promocional do Ciclo Medio de SMR do IES Pazo da Mercé. 2020 - 2021

O alumnado de 1º de SMR realizou un proxecto final chamado "Video promocional do Ciclo Medio SMR, do Ies Pazo da Mercé 2020 - 2021".

Neste proxecto os estudantes, organizados en parella, tiveron que desenvolver un deseño para o noso centro, no módulo de Aplicacións Ofimáticas do Ciclo SMR1.

FP Dual, a nova aposta do Pazo da Mercé

A semana pasada ofrecéuselles unha charla ao alumnado de 4º da ESO e de 1º de BACH sobre a FP Dual, que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas mediante a formación compartida entre o centro e as empresas. O alumnado de 1º de Ciclo Superior recibiu unha charla específica sobre a FP Dual en réxime ordinario, que será a que se implante para o ano vindeiro no noso IES. Esta consiste nun período de formación no centro até o mes de decembro e a partir de xaneiro comezará a actividade profesionalizadora coa formación na empresa.

O alumnado de 2º de FPB realizan un deseño de melloras da rede local e áreas do noso centro educativo

O alumnado de segundo de FP Básica realizaron un proxecto final chamado "deseño funcional de melloras da rede local e de áreas do noso centro educativo" no módulo de "Instalación e Mantemento de Redes para a Transmisión de Datos".

Xa podes estudiar no noso instituto o CICLO SUPERIOR de DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB

 

Completamos a oferta educativa do noso instituto cun Ciclo Superior da familia de informática e comunicacións, no que te podes matricular para o vindeiro curso 2020/2021, é o Ciclo Superior de "DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB".

Distribuir contido


by Dr. Radut