Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

Centenario da morte de Pardo Bazán

O día 12 de maio celebramos o centanario da morte de Pardo Bazán. Durante o acto leuse a biografía e algunhas das obras máis destacables da autora e entregáronse os premios do concurso sobre a autora organizado pola biblioteca.

Obradoiro de escrita dramática

O pasado 12 de maio a dramaturga e directora teatral Laura Porto, veciña de Covelo, achegouse até o IES para lle ofrecer un obradoiro de escrita dramática ao alumnado de 2º da ESO. Para iso, desenvolveu unha actividade pŕactica co alumnado na que foron descubrindo ferramentas útiles para construír un pequeno monólogo.

Achegámonos ás Comunidades de Montes grazas ao "Monte nace na Escola"

A enxeñeira agrícola, Alejandra Fernández, e o Tenente de Alcalde e Concelleiro de Medio, Óscar González chegáronse até o noso IEs para lles ofrecer unha charla sobre as Comunidades de Montes ao alumnado de 1º BACH e 4º ESO. Esta actividade recóllese dentro do proxecto "O monte nace na escola" e que serve para concienciar ao alumnado da importancia de levar á práctica os valores e ideas de defensa da natureza.

Inauguración da exposición A Marquesa e o Colexio de Artes e Oficios

O día 20 de abril inauguramos no centro a exposición A Marquesa e o Colexio de Artes e Oficios, organizada a partir da documentación ofrecida por Manuel Álvarez e Cándido Barros, veciños das Neves.

Distribuir contido


by Dr. Radut