Extraescolares

Proxecto Ríos

O vindeiro xoves, día 10, os alumn@s de 3º ESO B realizarán unha saída ao Río Liñares enmarcada dentro do Proxecto Ríos.Actividade organizada polo departamento de Ciencias.

Charla e visita a Feiraco

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) impartirá unha charla o vindeiro martes, día 8, a alumnos de 1º de Bacharelato da materia de Economía e ao alumnado de 3º de ESO da optativa Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras. Seguidamente realizarán unha visita ás instalacións da Cooperativa Feiraco (Negreira), visita programada pola propia AGACA.

Fotos da viaxe a Madrid

Xa están subidas á nosa galería de imaxes en Flickr as fotos da excursión de 4º de ESO a Madrid, Segovia e El Escorial.

Teatro Greco-Latino en Lugo

O vindeiro mércores día 14, un grupo de alumn@s de 4º ESO , e 2º de bacharelato asistirán ao festival de teatro Greco-Latino de Lugo, organizado por SEECGalicia, que se celebrará no Auditorio "Gustavo Freire" e asistirán á representación da comedia Miles Gloriosus de Plauto. Ademais visitarán o Museo Arqueolóxico da cidade e a exposición Romanorum Vitae.

*imaxe de Miguel Bugallo

5539587992_7b965c8855.jpg

Intercambio con Francia

Un grupo de alumn@s, concretamente 21, de 3º ESO, 4º ESO, 1º bacharelato e 2º  bacharelato viaxarán a Francia entre os días 12 e 17 para realizar un intercambio co Collège Jean Jaurès, na cidade de Montfermeil. O obxectivo desta viaxe é ter a oportunidade durante uns días de adaptarse a horarios , comidas, ritmo de vida...diferentes. Despois da experiencia dos nosos alumn@s os compañeiros franceses terán a oportunidade de devolver a visita. Os estudantes estarán acompañados polos  profesores dona Irene Mejuto e don Mariano Casas.

Entrega de premios e pase

Hoxe 10 de febreiro no Teatro Principal da vila serán visionados os traballos presentados ao Certame de trailers de películas ficticias de terror e procederase ao reparto de agasallos entre todos os participantes. Participa 1º ESO de Agrupamento de galego co tráiler titulado "O camiño máis curto".

Visita a Santiago

O próximo xoves, día 16; os alumn@s de 2º de bacharelato das materias  de Xeoloxía e Historia  da Arte  realizarán unha visita guíada polas cubertas da Catedral, asistirán á exposición "Santiago no século XIII" Casa do Cabido e farán un percorrido xeolóxico pola cidade.

Teatro

O martes, 7 de febreiro, alumn@s de / 4º ESO e / 2º de bacharelato da materia de lingua Francesa asistirán á representación da obra de teatro " CYRANO DE BERGERAC" no Colexio La Salle (Santiago). A actividade organizada polo Departamento de Francés desenvolverase entre as 8:45 e as 14..25 horas. Aproveitarase para coñecer o CGAC ( Centro Galego de Arte Cotemporánea) onde asistirán a unha visita guiada de  unha hora e se o tempo o permite percorrerán o parque de Bonaval.

Teatro

O vindeiro 1 de febreiro, mércores, o alumnado de 2º de bacharelato asistirá á representación da obra de teatro Pelos na lingua , da compañía Talía Teatro  no Salón Teatro (Santiago). A actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura  desenvolverase entre as 10:25 e as 14:25 horas.

Deporte Escolar

O vindeiro xoves, día 19 , alumnado de ESO participará na actividade deportiva de Campo a Través que organiza a Xunta de Galicia dentro do programa de Deporte en Idade Escolar e que se desenvolverá no concello de Portas .

Visita:Cidade da Cultura e Meteogalicia

O vindeiro xoves 24 de novembro alumn@s da materia de CTMA de 2º A e 2º B de bacharelato, de 2º C de bach. da materia de xeografía e o alumnado de 3º ESO (A/B/C) realizarán unha visita didáctica á Cidade da Culltura e a Meteogalicia (Santiago).

Proxecto Ríos

O vindeiro xoves, día 27, os alumn@s de 3º ESO B realizarán unha visita ao río Liñares enmarcada dentro do Proxecto Ríos.

Aprazado debido ao mal tempo.

Visita a Campo Lameiro

O vindeiro xoves , día 13, os alumn@s de 2º B e 2º C de bacharelato realizarán unha visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Iniciación ao Bodyboard e surf

O vindeiro martes, día 21, os alumn@s de 4º ESO A e B da sección bilingüe realizarán unha xornada de deporte: "iniciación ao bodyboard e surf" actividade incluída na programación de Educación Física dentro da Unidade Didáctica de "Actividades físicas no medio natural" . O lugar de realización será na praia de Bastiagueiro (Oleiros, A Coruña). o alumnado estará acompañado polo seu profesor de Educación Física e por monitores especializados na actividade.

Vídeos actuacións Despedida 2011

Ya están subidos ao noso canal en YouTube, os vídeos das actuacións musicais do acto da Despedida 2011, protagonizadas polos alumnos de música de 1º e 2º de Bacharelato, e dirixidas pola profesora María Varela ("Devanceiros - O Meu País", "Unchained Melody", "Contigo".  Deixámovos aquí unha mostra: "Down in The River To Pray", interpretada a capella.

Os vídeos foron gravados e editados polos alumnos de TICs de 1º de Bacharelato.

Distribuir contido