Extraescolares

Éxito do alumnado do MGB no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares

Aínda que TODOS os alumnos e alumnas que participaron representando ao noso centro no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares fixeron un gran papel, cómpre destacar as medallas de bronce acadadas por:
  • Diego Otero Cortizo (1º BAC-A).
  • José Manuel Padín Durán (2º ESO-B).
  • Jesús Pereiro Castro (3º ESO-A).
  • Pablo Sanmartín Andújar (2º ESO-A).
Deste feito, que corrobora á Estrada como unha potencia no Bádminton a nivel estatal, fixo chegar os seus parabéns ao noso centro a propia Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

Por suposto, tamén a nosa noraboa de toda a comunidade educativa aos nosos grandes deportistas. 

NA Estrada-525, en abril

O club de lectura NA Estrada-525 reúnese o mércores 7 de abril ás 16,30 na biblioteca do MGB para falar de El guardián entre el centeno, de J.D.Salinger.

centeno.jpg

Vídeos do Festival de Roma

Grazas ao traballo das persoas que realizaron a gravación do festival con varias cámaras, podemos presentar hoxe os primeiros vídeos montados, o tema Bluetrane, interpretado polos alumnos de 2º de Bacharelato de Música, e o tema Equinox, interpretado pola bando do MGB. Podedes ver máis vídeos nesta lista de reproducción do noso canal en YouTube.
 

NA Estrada-525, en marzo

O 24 de marzo reunímonos para falar de El curioso incidente del perro a medianoche, a proposta dun membro do club. Disfrutamos da charla, do chocolate e de dous episodios da serie "The Big Bang Theory". Compartimos as risas e os diferentes puntos de vista sobre a novela. En abril, discutiremos El guardián entre el centeno; vén se che apetece!

curioso incidente del perro a medianoche.jpg

Actividades a prol da excursión de 4º de ESO

Durante o presente meses de marzo e abril, o alumnado de 4º de ESO realizará as seguintes actividades coas que recaudar fondos para a súa viaxe a Londres:

  • Venres 26 de marzo:
    • Venda de pasteis caseiros durante o recreo.
    • De 16:00 a 19:00, no pavillón-frontón municipal,  campeonato de fútbol-sala entre o IES MGB e IES Antón Losada Díeguez. Disputaranse 3 partidos consecutivos  correspondentes a alumnado 1º - 2º da ESO, alumnado de 3º - 4º da ESO e un último partido entre profesorado  de ámbolos dous institutos.
  • Sábado, 27 de marzo, "mercadillo" na praza da Estrada.
  • Xoves, 29 de abril:
    • “I Battle of the Bands MGB".
    • Ao remate do anterior concerto, tómbola-sorteo de 50 regalos cedidos por empresas da Estrada entre todas as rifas vendidas polo alumnado de 4º. Os números premidados aparecerán con posterioridade na web do centro e poderanse reclamar nos sete día seguintes ó sorteo. A listaxe de obxectos a sortear pódese consultar aquí.

Aberta a inscrición para a I "Battle of the Bands" MGB

O día 29 de abril ás 20:00 horas celebrarase no Teatro Principal da Estrada a "I Battle of the Bands MGB". Calquera grupo de rock, pop ou hip-hop que queira participar só ten que pagar unha cuota de inscrición de 5€ e cubrir a ficha de inscrición dispoñible en Vicedirección antes do 9 de abril.

Os premios consisten en vales a gastar en establecementos do concello valorados en:

  • 1º premio 300€
  • 2º premio 200€
  • 3º premio 100€

Agradecementos aos patrocinadores das viaxes do MGB

Con esta pequena montaxe de vídeo queremos agradecer a colaboración que nos prestaron moitas empresas e negocios da Estrada, así como o Concello, para as viaxes de Roma e Londres.
 
 

Programa Festival Roma 2010

 

Aquí está o programa do festival de Roma 2010. Como vedes haberá de todo: baile, jazz, maxia, rock, rap....

E moito máis!!

 

Carteis da viaxe a Roma 2010

Os alumnos de TIC de 1º de Bacharelato foron os encargados do deseño do cartel para o festival da viaxe a Roma, que terá lugar o vindeiro venres 12 de marzo.

Neste álbum da nosa galería podedes ver todos os traballos. O cartel seleccionado  finalmente, e por votación popular, foi realizado pola alumna Rebeca Castro.

cartel_festivaroma2010_rebeca.jpg

Visita de estudos ao Festival de Teatro grecolatino de Lugo

O vindeiro luns 8 de marzo, o alumnado que cursa as asignaturas de Latín e Grego de 4º ESO e 1º e 2º BAC asistirá ao Festival de Teatro grecolatino de Lugo, en concreto ás obras "Electra" de Sófocles e "Cásina" de Plauto, estando de volta na Estrada ás 20:30 horas.

Programa da Viaxe a Roma MGB 2010

Xa está listo o programa da viaxe a Roma 2010 organizada polos Departamentos de Latín e Xeografía e Historia. Podes descargalo premendo na ligazón.

Nace unha nova web do MGB: VRBS ROMA 2010

Dende os Departamentos de Latín e Xeografía e Historia, e coordinada polos profesores Esther Sánchez e Álvaro P. Vilariño, nace esta nova web do MGB, na que imos traballar para preparar a nosa viaxe a Roma no vindeiro mes de abril de 2010.
Intentaremos facer unha completa guía da nosa viaxe, con tódalas novas relacionadas coa mesma, así como unha descrición pormenorizada de tódolos monumentos, museos e sitios de Roma que visitaremos. 
web_vrbs_roma_mgb_2010.png

Avatar, no cine da Estrada

Esta fin de semana, no cine da Estrada, proxectarase a película Avatar. Os alumnos das viaxes a Roma e Londres están vendendo as entradas para vela. Colabora con eles e mércalles unha (ou varias....)
AvatarMoviePoster.jpg

Venta de doces do Entroido no MGB

O venres, ao longo da mañá, os alumnos da viaxe a Roma montarán un posto de venta de doces típicos do Entroido (filloas, ourellas e outras larpeiradas). Quen se vai resistir??

Mercadiño no MGB

Durante esta semana, concretamente o luns, martes e mércores, podedes botarlle unha ollada ao mercadiño exposto na entrada do centro, organizado polos alumnos de 4º de ESO que participarán na viaxe a Londres. E a ver se comprades algo...!

Distribuir contido