Extraescolares
Excursión a Sotavento e á Domus do alumnado de 2º de ESO
Enviado por Anónimo o 28 Abril, 2013 - 12:46O alumnado de 2º ESO, como actividade extraescolar do Departamento de Tecnoloxía, realizará o vindeiro martes 30 de abril unha visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento (Xermade, Lugo), onde realizarán actividades relacionadas coas enerxías renovables e o aforro enerxético. Pola tarde desprazaranse á Domus da cidade da Coruña, onde visitarán a exposición Eureka sobre ciencia e creatividade.
Fotos da viaxe de estudos do alumnado participante no Proxecto Terra
Enviado por Anónimo o 21 Abril, 2013 - 22:21Xa están subidas á galería de imaxes Flickr do centro as imaxes correspondentes á viaxe de estudos que dentro do Proxecto Terra realizou o alumnado de Tecnoloxía de 3º da ESO entre os días 12 e 13 de abril, na cal percorreron varios tramos do Camiño Francés a Compostela, concretamente entre O Cebreiro e Samos. Para ver as imaxes pincha aquí.
Saída cultural a Santiago de Compostela
Enviado por Vicedirec. o 15 Abril, 2013 - 11:22O alumnado de 1º e 2º bacharelato de artes realizará unha saída o vindeiro mércores, 24 de abril, a Santiago onde visitarán Escenoset, a Escola de Artes Mestre Mateo e o Pazo Fonseca (exposición de pintura de J. Méndez). Os alumnos/as estarán acompañados polos profesores Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez.
Excursión Proxecto Terra
Enviado por Anónimo o 8 Abril, 2013 - 17:04Os próximos días 12 e 13 de abril, o alumnado de 3º de ESO da materia de Tecnoloxía realizarán dous tramos guiados do Camiño Francés a Santiago, concretamente entre as localidades de Pedrafita do Cebreiro e Samos. Esta actividade está organizada e cofinanciada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do Proxecto Terra.
Saída literaria a Celanova
Enviado por Vicedirec. o 5 Abril, 2013 - 10:51O próximo xoves día 11, o alumnado de 4º da ESO e o grupo de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade de 2º de bacharelato acudirá a Celanova e a Vilanova dos Infantes para realizar unha actividade literaria arredor das figuras de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. A saída inclúe a visita á Casa dos Poetas (casa natal de Curros), un roteiro literario e a visita a diversos lugares da comarca importantes na vida e na obra dos citados autores.
Imaxes da viaxe a Porto
Enviado por admin o 19 Marzo, 2013 - 11:57Xa están subidas neste álbum de Flickr as fotos da viaxe a Porto.
Programa da Viaxe a Andalucía
Enviado por admin o 6 Marzo, 2013 - 19:11Xa está publicado na web de Actividades do MGB o programa da viaxe a Andalucía de 4º da ESO. Na excursión participarán 35 alumnos e será dende o venres 17 ao sábado 22 de marzo. Como profesoras irán Esther Sánches e Beatriz Mera.
Teatro grecolatino en Lugo
Enviado por admin o 4 Marzo, 2013 - 11:49Mañá martes día 5, un grupo de alumn@s de 4º ESO , 1º e 2º de bacharelato asistirán ao festival de teatro Greco-Latino de Lugo, organizado por SEECGalicia, que se celebrará no Auditorio "Gustavo Freire", e asistirán á representación da traxedia "Ifixenia en Áulide" de Eurípides e da comedia "Casina" de Plauto.
* imaxe de Miguel Bugallo en Flickr
Fotos da saída a Santiago
Enviado por admin o 4 Marzo, 2013 - 10:28Xa están subidas á nosa galería de Flickr as fotografías da saída a Santiago para visitar a catedral e a exposición Gallaecia Petrea, realizada polos alumnos de de Arte e Xeoloxía.
SAÍDA CULTURAL A PORTO
Enviado por Vicedirec. o 1 Marzo, 2013 - 10:22O alumnado de bacharelato visitará a cidade lusa de Porto os días 7 e 8 de marzo, dentro do programa de actividades extraescolares aprobadas no Consello Escolar para o curso 2012/13. Na mesma terán oportunidade de coñecer o Musseu, o Parque Serralves e a Casa da Música. Os alumnos/as viaxarán acompañados dos seus profesores, Xoán Xosé Pérez Vieitez e Miguel Carbajal Porto.
ARQUEOCAMPO
Enviado por Vicedirec. o 26 Febreiro, 2013 - 17:43Os alumnos/as de 1º ESO realizarán unha saída cultural, “Arqueocampo”, organizada por “Tesouros novos” e o concello de A Estrada. Ten carácter gratuíto, levarase a cabo ao longo de tres días ( 4, 5 e 6 de marzo) desenvolvéndose na Fundación de Exposicións e Congresos,Pavillón nº 3 (A Estrada). É unha actividade de divulgación científica dirixida a escolares que permite aos/ás asistentes converterse en “arqueólogos/as” segundo unha simulación de traballo que desenvolve o Instituto de Ciencias do Patrimonio. O alumnado coñecerá tódalas fases da cadea do traballo arqueolóxico, escavación, manipulación de materiais e experimentación, para o que se creou unha simulación de dúas cabanas castrexas.
SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Enviado por Vicedirec. o 21 Febreiro, 2013 - 12:40O vindeiro martes, 26 de febreiro, os alumnos/as de 2º de BACH de arte e xeoloxía realizarán unha saída cultural a Santiago de Compostela en horario de mañá e tarde. Na actividade está previsto a realización dun percorrido petrolóxico pola parte antiga da cidade, unha visita á Catedral (interior, cubertas e escavacións), ao Pazo Xelmírez e a exposición de “Gallaecia Petrea” na Cidade da Cultura. Os alumnos/as viaxarán acompañados polas profesoras Magaly Barreiro e Beatriz Mera.
TEATRO EN GALEGO: "PELOS NA LINGUA"
Enviado por Vicedirec. o 7 Febreiro, 2013 - 10:37O próximo día 8 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistirá no teatro Principal de Santiago á representación da obra Pelos na lingua do grupo Talía Teatro. A obra, unha comedia de sketches de varios autores que aborda a temática da situación sociolingüística do noso país, foi galardoada o pasado ano cos premios María Casares e Max no apartado de mellor texto dramático en galego.
DEPORTE ESCOLAR
Enviado por Anónimo o 15 Xaneiro, 2013 - 00:03Este venres 18 un grupo de 40 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO do MGB participarán na fase zonal do campeonato escolar de cross que se levará a cabo na localidade de Portas. Moito ánimo a todos e a disfrutar moito desta actividade. Manterémosvos informados sobre os resultados que acaden os nosos.
Por mor da climatoloxía, a actividade deportiva foi suspendida. Terá lugar, se o tempo acompaña, o venres, 25 de xaneiro.
Saída cultural de 4º ESO. Curso 2012/2013
Enviado por Vicedirec. o 22 Novembro, 2012 - 11:44Convócase aos pais/nais/titores dos alumnos/as que teñen previsto participar na excursión de 4º ESO, a unha reunión informativa cos profesores que a organizan, e que se celebrará no salón de actos do instituto o xoves, 29 de novembro, ás 18:15 horas. Á mesma poderán asistir os/as alumnos/as participantes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »