Latín e Grego
Vídeo da excursión a Roma MGB 2010
Enviado por webmaster o 21 Abril, 2010 - 09:57Por fin, aquí está o vídeo. Que o disfrutedes!
Estrea do vídeo da Viaxe a Roma
Enviado por webmaster o 20 Abril, 2010 - 23:46Hoxe mércores, no primeiro recreo, terá lugar a estrea mundial do vídeo da Viaxe a Roma. Será en multimedia 1. Estades todos invitad@s!
Fotos da Viaxe a Roma
Enviado por webmaster o 16 Abril, 2010 - 20:34Xa están cargadas na nosa galería en Flickr, as fotografías da nosa viaxe a Roma. Aquí tedes unha fermosa presentación en pantalla completa cunha selección das mesmas.
Vídeos do Festival de Roma
Enviado por webmaster o 26 Marzo, 2010 - 10:28Visita de estudos ao Festival de Teatro grecolatino de Lugo
Enviado por Vicedirec. o 3 Marzo, 2010 - 01:13O MGB, sé do desempate do concurso ODISEA 2010
Enviado por webmaster o 8 Febreiro, 2010 - 20:22O noso centro acollerá o vindeiro mércores, de 16:30 a 19:30, a proba de desempate entre os equipos que acadaron igual puntuación na fase galega do concurso Odisea 2010 de Cultura Clásica.
Serán 4 equipos: un do IES Antón Losada, da Estrada (Veneris Regula), outro que virá dende o IES María Soliño de Cangas (María Soliño), e os dous equipos do noso centro, as DIVINAS, composto por Noa, Catuxa e Sandra, alumnas de 4ºC de ESO, e ACHLYS, integrado por Paula e Andrea, de 2º C de Bacharelato.
Recordamos que o gañador do concurso en Galicia disputará a final co gañador na comunidade valenciana. Sorte para todos! (e unha pouca máis para os equipos do MGB...)
Dous equipos do MGB clasificados para a final da ODISEA 2010
Enviado por webmaster o 5 Febreiro, 2010 - 10:45O MGB no Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010
Enviado por webmaster o 27 Xaneiro, 2010 - 17:56Case 50 alumnos (15 equipos) do García Barros están inscritos para participar, a vindeira semana, no Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, organizado pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, SEECGalicia.
O certame consiste nunha serie de preguntas que os equipos, de ata 3 membros, deberán responder directamente dende a web do concurso o luns, martes, mércores e xoves próximos. Participan nel case 50 centros de toda Galicia, cuns 700 alumnos en total. Os gañadores en Galicia competirán co equipo gañador da Comunidade Valenciana, nunha segunda fase a nivel Estatal.
Os nosos alumnos estarán dirixidos polos profesores Esther Barroso e Álvaro P. Vilariño. dende os departamentos de Latín e Grego. Moita sorte a todos!
O MGB en Inforensino
Enviado por webmaster o 19 Novembro, 2009 - 12:42Teatro Grecolatino en Lugo
Enviado por Vicedirec. o 9 Marzo, 2009 - 14:12Mañá martes de 10 de marzo dentro das actividades do proxecto "2000 anos por correo" os/as alumnos/as de 4º ESO B, 1º Bacharelato C e 2º Bacharelato C irán a Lugo a ver dúas obras de teatro Grecolatino: "Antígona "e "Mostellaira". Sairán ás 8:45 horas e voltarán sobre ás 20:00 horas
Un mundo ideal - O MGB en Tàrraco
Enviado por webmaster o 8 Febreiro, 2009 - 11:56Presentamos o vídeo da viaxe dos alumnos de latín de 2º de Bacharelato a Tarragona, dentro do proxecto dos "2000 años por correo".
Os alumnos "clásicos" do MGB no concurso Odisea 2009
Enviado por webmaster o 5 Febreiro, 2009 - 10:15Viaxe a Tarragona
Enviado por Vicedirec. o 3 Febreiro, 2009 - 10:04O pasado sábado 30 de xaneiro regresaron os/as alumnas que participaron en diversas actividades do proxecto "2000 anos por correo" en Tarragona durante os días 27, 28, 29 de xaneiro. Alí realizaron talleres de arqueoloxía, lucernas e lexionario nas instalacións do Camp d´aprentenatge, visitaron o museo arqueolóxico de Tarraco e o museo provincial, o anfiteatro e o circo, e tamén fixeron un percorrido polas ruinas da villa romana dels Munts. Accede dende aquí á galería de imaxes desta viaxe.
Viaxe ás Médulas e Arde Lucus
Enviado por webmaster o 24 Xuño, 2008 - 01:02Durante a pasada fin de semana os alumnos e profesores pertencentes ao proxecto dos "Dous mil anos por correo" viaxaron ás Médulas e aos actos do "Arde Lucus" .
Isto é un resumo do que viviron.
ARDE LUCUS
Enviado por Vicedirec. o 13 Maio, 2008 - 12:10Dentro do proxecto "Dos Mil años por correo" os alumnos irán a Lugo e ás Médulas os días 20 e 21 de Xuño.