O MGB, sé do desempate do concurso ODISEA 2010

O noso centro acollerá o vindeiro mércores, de 16:30 a 19:30, a proba de desempate entre os equipos que acadaron igual puntuación na fase galega do concurso Odisea 2010 de Cultura Clásica.

Serán 4 equipos: un do IES Antón Losada, da Estrada (Veneris Regula), outro que virá dende o IES María Soliño de Cangas (María Soliño), e os dous equipos do noso centro, as DIVINAS, composto por Noa, Catuxa e Sandra, alumnas de 4ºC de ESO, e ACHLYS, integrado por Paula e Andrea, de 2º C de Bacharelato.

Recordamos que o gañador do concurso en Galicia disputará a final co gañador na comunidade valenciana. Sorte para todos! (e unha pouca máis para os equipos do MGB...)