Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Blogues

Ruta do Quixote 2012

De contado poñeremos información da Ruta deste ano.

Intercambio A Coruña - Stamford

Coma outros anos será no vindeiro mes de febreiro, dos días 9 ata o 16. Hai once alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º Bach que participarán no intercambio. Durante estes días os alumnos británicos asistirán a clases no noso centro, compartindo logo outras actividades e visitas á cidade cos anfitrións. Do 24 de febreiro ata o 2 de marzo devolverán a visita aos seus colegas da Gran Bretaña.

O intercambio está coordinado polo profesor Carlos V. Furelos.

Esperamos que o tempo sexa ventureiro cos visitantes. O resto xa o poñerán eles!

Por terra, mar e aire: Avance dun reporteiro en Marrocos

Nas pasadas festas do Nadal un intrépido reporteiro de EusebioTV desprazouse a Marrocos para filmar como son alí as festas de fin de ano.

Pronto será o estreno, pero polo de agora temos un enloquecido avance na súa páxina web. Pica na fotografía para velo.

Concurso de tartas e postres, Nadal 2011

Tarta gañadora dun premio no Nadal 2011

De pedra quedaron os membros do xurado cando veron esta tarta. Celebrábase o tradicional concurso de postres e tartas "Nadal 2011". E claro, gañaron un dos premios "gordos". Logo máis tarde o premio sería para todos: Saboreala e poder dicir "Xantei un bo trozo do meu Insti!"

Parabéns!!

Este é un dos medallóns de Arago que sinalan nas rúas de París o meridiano que serviu para definir o metro a finais do S. XVIII

François Jean Dominique Arago foi un científico e político francés, moi amigo de José Rodríguez González, o "matemático do Bermes". Na biblioteca do centro hai unha copia dun exemplar da obra de Arago titulada "Historia de mi juventud, (Viaje por España, 1806 - 1809), nela fala da grande amizade entre os dous sabios. O número de rexistro é o 16.522.

EusebioTV supera as 10.000 visitas

EusebioTV, a aposta dun grupo de alumnos do Instituto, vén de cumprir unha cifra de visitas que nunca pensaron acadar: 10.000 e subindo. O extraordinario labor destes alumnos segue medrando día a día: Mesmo dan conta das súas novidades a través dunha conta en Twitter (@EusebioTV), que fan de reporteiros no acto de Homenaxe a Picasso e o editan e publican antes que os periódicos locais... Axiña poñerán á nosa disposición un novo traballo: "Por terra, mar e aire". Agardamos con ansia, rapaces!Páxina web de EusebioTV

Un video rodado desde o noso Instituto

Alba Cruz, antigua alumna do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, pediunos un favor para levar a bo porto un proxecto para unha das súas materias na Universidade: "Postproducción de Video e Audio".

Ela quería facer unhas tomas moi moi especiais desde o centenario edificio no que estudou.... e nós dixemos: Adiante!

A técnica que usou Alba coñécese como Til Shift no mundiño do video, ou tamén "efecto maqueta". Mesmo o mellor será que desfrutes vendo o seu resultado. Parabéns e moita sorte!

Reportaxe do periódico El Mundo sobre o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

O pasado catro de xullo do 2011 o diario El Mundo dedicou unha páxina a falar de nós:

"Estudiar en un museo con más de un siglo de historia"

O artigo retrata moi ben de onde vimos e cara a onde estamos a chegar. Gracias ao periódico por se lembrar de nós!

Acto de homenaxe a Pablo Ruiz Picasso

Coa asistencia do señor alcalde da Coruña e varios representantes da Asociación Pablo Ruiz Picasso de A Coruña, asemade os cargos directivos do instituto e varias ducias de profesores e amigos do centro, vimos de celebrar o pasado día 28 de decembro a descuberta dunha placa de homenaxe. O acto foi seguido polos principais medios de comunicación da cidade. Ademais, EusebioTV fixo un grande labor, ao filmar o acto e telo posto na rede o mesmo día. Tamén foi "retransmitido" a través do Twitter do IES @ieseusebio

Aquí van os enlaces do vídeo e das notas de prensa:

Cando haxa tempo engaderemos máis fotos do acto. Saúdos!

Acto de lembranza ao pintor Pablo Ruiz Picasso

A lembranza do alumno que foi deste instituto, o pintor Pablo Ruiz Picasso, será mañá mércores 28 de Decembro ás 12 horas, no vestíbulo do noso centro e coa asistencia das autoridades municipais. O acto consistirá en descubrir unha placa en honra do artista universal.


Estades todos convidados.

A Dirección

Unha medalla de ouro na fase Galega da Olimpiada Matemática

É unha grande ledicia comunicar que Gonzalo Cao Labora, alumno de 3º de ESO do noso instituto, ven de conseguir unha medalla de ouro na fase galega da Olimpiada Matemática.

E non só iso. A medalla a obtivo na categoría de BACHARELATO, o que indica a forte preparación do noso alumno que, ademais do seu esforzo e a axuda dos profesores, participa no programa ESTALMAT.

Parabéns!

Gañadores do concurso de postais navideñas 2011

Primer premio: Alicia_P_LPrimeiro premio: Alicia P.L. 2º ESO2º Premio:Marta_RB

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Segundo Premio: Marta R.B. 1º de ESO

2º Premio:Marta_RB_2 

 

Terceiro premio: Carmen C.M. 1º de ESO3ºPremio:Carmen_CM3ºPremio:Carmen_CM_2

 

Juan Jacobo Durán Loriga

O 3 de decembro cúmprense cen anos do pasamento de Juan Jacobo Durán Loriga.


 Neste enlace do CLub Matemático Durán Loriga hai moita información sobre a vida e obra deste ilustre matemático coruñes.


http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.coruna/clube_matematico.htm


 E tamén no número 54 de Mathesis, revista publicada no IES "Otero Pedrayo" e coordinada polo profesor de Matemáticas Santiago López Arca.

2º ESO: proba de carga da estructura construida. Curso 2010-11

O video da proba de carga que fixemos cos proxectos o curso pasado. Non o creereis, pero resisten o peso de duas persoas.


O video pode verse pinchando neste enlace.

 

Como os das lendas, este video foi perdido en extrañas circunstancias. Parecía imposible, pero ao final salíu de novo a flote coma unha cortiza na auga.

Video dos deseños de vehículos de alumnos de 2º ESO

Podes ver o video cos deseños feitos por moitos rapaces na páxina do blog "Capitán Nemo", pero por si prefires ir directamente ao grao, aca o tes


GRAND DÉFILÉ DE CHAPEAUX (Gran Desfile de Sombreiros)

Organisé par le département de français, le 28 novembre (lundi) notre lycée fêtera la Sainte-Catherine avec un grand défilé de chapeaux, ce seront les élèves de français de 3º et 4º de l’ESO qui montreront leurs jolis chapeaux devant un jury formé par les élèves de tourisme. Tous les chapeaux auront un nom et seront décris auprès du public tel que l’on fait pour les grands défilés de haute couture à Paris. Il y aura aussi une musique spéciale qui accompagnera chaque chapeau. Il y aura de petits prix.

 

La tradition de la Sainte Catherine en France

Le 25 Novembre, jour de la Sainte Catherine, est le jour des Catherinettes. On y fête les jeunes filles de 25 ans qui ne sont pas encore mariées. La tradition veut qu'elles portent un chapeau extravagant aux tons jaunes et verts confectionné pour ou par elles, à leur image.

La tradition de Sainte Catherine remonte au Moyen âge. A l'époque, les filles de 25 ans qui n'étaient pas encore mariées revêtaient des tenues et des chapeaux extravagants et se rendaient en cortège devant une statue de Sainte Catherine pour la parer de fleurs, rubans, chapeaux ... Elles coiffaient Sainte Catherine dans l'espoir de trouver un mari !

Origine de cette tradition
Sainte Catherine d'Alexandrie a vécu au IIIe siècle. Sa légende rapportée en France par le croisés, raconte qu'elle est morte vierge et martyre. Elle fut d'abord attachée à une roue munie de pointes, qu'elle parvint à briser par ses prières.
Elle fut ensuite décapitée et de son corps jaillit du lait. Puis elle fut portée part des anges sur le Mont Sinaï.

Voilà quelques idées de jolis chapeaux :

 

Eusebio TV

Moitos sabedes que no curso pasado, 2010, un grupo de alumnos crearon un blog chamado "Eusebio TV".

Eiquí o enlace a Eusebio TV, que seguro traerá moitas novas este curso.

Fondos bibliográficos de Matemáticas

O IES "Eusebio da Guarda", con máis de 120 anos de antigüidade, ten un fondo antigo importante na súa Biblioteca. Destacan diversos números de Revistas matemáticas: Como a Revista Hispanoamericana


Tamén hai memorias do Observatorio de Madrid, Discursos Académicos, catálogos, tratados, opúsculos ... algúns deles de finais do século XIX e a maioría do primeiro terzo do século XX. Algunhas das revistas aínda están a publicarse na actualidade.

II Día Da Ciencia en Galego

O día 4 de novembro celébrase desde o ano 2010 o “Día da Ciencia en Galego”, o ano pasado estivo dedicado a Alfonso X , a Ramón María Aller, e a James Clerk Maxwell. O recoñecemento da comunidade científica a estes tres sabios polas súas achegas no campo da astronomía foi tan grande, que tres cráteres da lúa son coñecidos polos seus nomes respectivos.


Como este ano 2011 foi declarado o Ano internacional da Química pola Unesco, o día da ciencia en galego dedicáselle á Química e as persoas homenaxeadas son a física polaca Marie Curie e a matemática galega María Wonenburger Planells.


                                                                                                                               Se queredes ter máis información consultade o enlace:  http://www.cienciaengalego.org/drupal6/

Distribuir contido


by Dr. Radut