Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Blogues

Acto de entrega dos premios Rita Suárez Amado, 7ª edición

O pasado 16 de marzo tivo lugar a sétima edición da entrega dos premios do concurso literario de relato curto e poesía que se  celebra cada ano en lembranza de Rita Suárez Amado. O acto foi presidido polo conselleiro de Cultura e Educación Xesús Vázquez Abad. Os asistentes foron agasallados coa actuación do Coro do Instituto.

Os medios de comunicación recolleron amplamente o alí acontecido. Aquí tedes os enlaces:

Parabéns a todos os premiados!

Visita ao centro penitenciario de Teixeiro

 

Este martes 6 de marzo unha trintena de alumnos de 3º da ESO, en compaña de tres profesores do centro, foi ao centro penitenciario de Teixeiro devolvendo así a visita que un grupo de internos e educadores da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) ‘Concepción Arenal’ realizara ao noso instituto. A experiencia podemos cualificala de profundamente humana e educativa. Participamos nunha especie de comuñón das súas vivencias. O traballo destes internos e destes funcionarios permeables á esperanza, abre un espazo novo, rico, un espazo que debe ser coñecido e socialmente estimado.

Teñen un blog: “di-k-non.blogspot.com”, e contan coa inestimable cooperación económica da coruñesa Fundación Barrié.

Desde aquí, desde o instituto, valoramos a iniciativa e mandamos un saúdo fraternal e estes homes, educadores e mais internos, que están vivindo unha experiencia de futuro.

(Este texto foi elaborado polos profesores acompañantes)

Acadamos un segundo posto a nivel nacional

Queremos lembrar os alumnos de 1º da ESO do curso pasado K. Minota, C. Román, E. Ruano, I.C. Silva, M. Tasende, P. Valdés, A. Vidal, C. Vidal, J.R. Viñas, S. Zapata e A. Zas. Acadaron o segundo posto de toda España no concurso de Blog-Francés.

Se aínda non viches o blog que construiron, esta é unha boa ocasión.


Parabéns aos nosos alumnos e parabéns aos seus profesores!

Reunión do equipo de EusebioTV

O equipo de EusebioTV.

Resultado da campaña feita por EusebioTV:

A web de EusebioTV, cada día con máis visitas:

Conferencia de Carlos G. Reigosa, 1 de marzo de 2012

O 1 de marzo, no Salón de Actos do IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’, o periodista e escritor Carlos G. Reigosa impartiu unha conferencia aos alumnos do instituto sobre o espertar da súa vocación de escritor, e comentou tamén algún dos seus libros máis representativos. É autor, entre outros, dun dos libros de maior éxito de vendas en galego, Crime en Compostela. Vén de publicar a novela Tras da Corda. Así mesmo, disertou de temas recorrentes na súa obra, como os fuxidos, a bandoleira Pepa a Loba e a materia artúrica. O IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’, con estes actos, preténdelle achegar ao alumnado a literatura en primeira persoa, ao vivo.

O acto foi organizado polo Departamento de Galego e contou coa colaboración da Dirección do centro.


Taller Di Ke Non, 27 de febreiro

O pasado martes 27 de febreiro visitáronos varios internos do Centro Penitenciario de Teixeiro que participan na UTE (Unidade Terapéutica Educativa “Concepción Arenal”, cuxo lema é a reinserción é posible). Levaron a cabo unha representación teatral, dous deles tocaron a guitarra e cantaron… Tamén nos relataron dúas experiencias persoais con sinceridade por veces crúa… Cantando reflexionaban sobre o concepto do valor. Eles son valerosos. Son poucos, a participación no programa é voluntaria. Pero o labor que fan é unha porta aberta á esperanza. O próximo 6 de marzo un grupo de alumnos de 3º da ESO devolveralles a visita. Ánimo e a seguir!

 

Un recordo da sua visita

Un 2012 moi irracional

No boletín da RSME hai un enlace moi interesante sobre un concurso organizado en 2010 por Fernando Domínguez Santos da Universidade Juan Carlos e membro da Sociedade madrileña de Profesores de Matemáticas "Emma Castelnuovo", SMPM. O concurso consistía en elaborar uns microrelatos, de vinte palabras como máximo, co requisito de que “el número de letras de cada palabra sea la cifra correspondiente de un número irracional a elegir entre φ, e, π, √2.”


A SMPM elaborou un calendario para 2012 no que aparecen os relatos finalistas presentando cada mes. Podedes velo no enlace:


http://www.divulgamat.net/index.php?option=com_content&view=article&id=13689&directory=67

Campaña de Cáritas "Ráscate el bolsillo"

Un grupo de animadores/as, digna representación deste centro nun amplo abanico de tarefas e de actividades (animación á lectura, Eusebio TV,…), puxeron en marcha unha campaña solidaria cun spot publicitario en Eusebio TV,Ráscate el bolsillo”.

A campaña iba encamiñada ao recabamento de fondos e de roupa para os máis desfavorecidos.

O pasado 30 de xaneiro, tivo lugar un encontro con responsables de Cáritas Interparroquial da Coruña (Vicente Iglesias, Director e Rafael Pillado, Responsable do Voluntariado) co fin de entregar a recaudación e a roupa. Os responsables de Cáritas quixeron agradecer o esforzo e a laboura dos colaboradores/as nunha sociedade cada vez máis individualista, intentando transmitir unha escala de valores nun mundo no que a globalización vai a máis. Fixeron fincapé na problemática que leva a moita xente á rúa, á albergues e a facer uso de institucións benéfico-sociais, problemática que abrangue dende o económico ata o familiar e a exclusión social, nun contexto de crise que non deixe a ninguén indiferente.

Finalmente resaltaron a importancia destas tarefas de voluntariado e do noso centro por dar acollida a este tipo de iniciativas.

Fotos do arquivo da Ruta do Quijote.

Fotos rescatadas dos viaxes de anos pasados.

Ano 2005

Ano 2006

Ano 2007

Ano 2009

Ano 2010

Premio do concurso de Monólogos para tres das nosas alumnas

A Concellería de Educación, Deportes e Xuventude do noso concello organizou un primeiro Concurso de Monólogos o día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro. As  alumnas de 1º A , Paloma Bonilla, Carolina Fernández e Fátima Lousada (aí as tedes ás tres, bonitas coma berenguelas) obtiveron o segundo premio no nivel de bacharelato, cun entretido monólogo sobre as redes sociais.  Un monólogo que, ademais, resultou moi ben falado. Parabéns!


Fotografía das gañadoras do monólogo

Fotos da Ruta do Quijote 2011

Estas son unhas poucas, pero aínda virán máis...

Máis fotos do acto de homenaxe ao pintor Pablo Ruiz Picasso

   
   
   
   
   
   

As fotos foron tomadas por Xosé Reimunde o pasado 28 de decembro de 2011.

Concurso de decoración navideña

 A clase de 2º ESO A gañou o concurso de decoración navideña das aulas. O premio, se aínda é pouco o mérito de gañar, foi disfrutar dun chocolate con churros nun coñecido establecemento da cidade. Velaiquí as fotos. Noraboa!

 

 
 

 

   

Concurso de Educabarrié

O meu amigo Xacobo de Toro Cacharrón, profesor de Bioloxía e Xeoloxía do CPI Conde de Fenosa, mandoume este correo:
Colaboro con  Educabarrié ( unha nova área da Fundación Barrié) cunha actividade en vídeo no cal un científico misterioso en forma de cabeza parlante aporta pistas sobre a súa vida e a investigación que desenvolveu. Os alumnos deben deixar as súas respostas para acadar un premio que é de tipo educativo.
Xa remata o concurso nestes días ¡Participade!
Xacobo de Toro coméntame que:
O preguntoiro cinetífico de educabarrié remata esta semana. O premio é un miccro que se conecta ao ordenador.
A semana é a segunda de abril de 2012.
O enlace é: 
Espero que sexa do voso interese.
 

Construcción dun Selenoscopio en 2º ESO

Feito no primeiro trimestre deste curso 2011/12, aquí tes unha selección das fotografías tomadas.

Movendo os discos do artefacto, poderás averiguar a fase da Lúa nunha data do ano, nun gran rango de anos, máis ou menos desde o nacemento dos alumnos ata hoxe.

O enlace ao video tamén está en Capitán Nemo.

II CONCURSO DE MICRORELATOS E RELATOS " INSPIRACIENCIA"

Púxose en marcha o II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA.

INSPIRACIENCIA é un proxecto da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Cataluña e oInstituto de Ciencia de Materiales de Barcelona (CSIC).

por se vos animades a participar déixovos o enlace correspondente...

II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA

E ademais en adxunto para que descarguedes apuntes relativos a como se fai un microrelato :)

Tedes tempo ata o 12 de marzo. Animádevos! Guiño

Viaxe a Francia 2012

De contado poñeremos información da viaxe que se está organizando.

 

Viaxe a Roma 2012

De contado poñeremos información da viaxe a Roma deste ano 2012.

Distribuir contido


by Dr. Radut