Skip to Content

Relación de actividades 2016-17

Excursión de fin de curso de 4º ESO: aventura en Asturias

Unha aventura emocionante e moi especial, para queimar toda a tensión acumulada ao longo do curso e gardar no recordo como final dunha etapa. Preparándose para iniciar outra nova.

Actividades realizadas: Espeleoloxía, carreiras de sacos, esquí de grupo, xogos de bolos, caída á piscina, barranquismo, paintball, descenso do Sella, xincana de actividades diversas, etc.

Excursión de alumnos de 3º de ESO de Relixión

Desenvolvendo o proxecto "O Miño. Artellador da nosa historia. Vestixios relixioso-culturais". Visitaron Ourense, Os Peares, Ferreira de Pantón (Mosteiro das Bernardas) e Ribeira Sacra.