Skip to Content

Actividades curso 2020-2021

Actividades curso 2020-2021

STEMbach

Horacio Diez, Coordinador do Programa EEPE estivo cos nosos Embaixadores Junior de 3º ESO

Horacio Diez, Coordinador do Programa EEPE estivo cos nosos Embaixadores Junior de 3º ESO 

Os nosos Embaixadores Junior de 3º ESO participaron hoxe nunha breve Charla-Coloquio con Horacio Diez, coordinador do Programa EEPE en España. 

A visita de Diez Contreras enmarcase no calendario do programa de actividades como Escola Embaixadora, na que participan un grupo de alumnos e profesores do noso Instituto.

DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA 

O Departamento de Lingua Galega e Literatura xunto con Dinamización Lingüística organizou hoxe 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía De Castro, unha exposición conmemorativa para lembrar á nosa escritora máis universal.

Por mor da pandemia este ano non puidemos celebrar o Maratón de lectura no salón de actos, pero fixemos a lectura dos poemas de Rosalía en cada clase.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

"Información vs Desinformación"

Unha representación de oito Embaixadores Junior de 3º ESO coa súa coordinadora, Mª José Rivas, foron invitados polo equipo de Europe Direct Coruña para participar no obradoiro: 

“Onde atopar  información sobre a Unión Europea. Información vs Desinformación” organizado por Europe Direct e a Deputación  da Coruña.

O Concello de A Coruña fai entrega de 2000 máscaras

Os Concelleiros de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, don Jesús Javier Celemín, e de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, don Juan Ignacio Borrego, así como os representantes de Protección Civil, fixeron entrega de 2000 máscaras no noso centro que se extenderá a todos os institutos da cidade. Acompañáronnos neste evento o Delegado da Xunta de Galicia, don Gonzalo Trenor, e a nosa Inspectora, dona Concepción Aramburu.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou hoxe a segunda fase das obras de rehabilitación do Instituto Eusebio

 Fotografías porcedentes da Consellería:

Fotografías procedentes do Instituto:

 

Mª Rosario Soto Arias (Charo Soto) en Luar presentando o "Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego"

Carmen López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, que foron Catedráticas de Lingua Galega e Literatura no Instituto Eusebio, son as autoras do "Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego", presentado por Mª Rosario en Luar.

Sen mulleres non hai ciencia

 

meteo.sputnik            breogan_XII

Éxito total da emisión en directo para máis de 30 clases e cerca de 800 alumnos do IES Eusebio da Guarda de A Coruña, con conexións exteriores desde diferentes partes  de España, no Día internacional da muller na ciencia.

Os equipos Meteo.Sputnik e Breogan_XII lideran un acordo inédito de colaboración para impulsar os proxectos de ciencia e tecnoloxía no Instituto Eusebio da Guarda e animan a todas as chicas do centro a participar activamente neste tipo de actividades.

Por outro lado, vos contan en primicia mundial, o proxecto da Axencia Espacial Europea, no cal están participando para lanzar un satélite.

Se queres saber máis únete ás redes sociais de instagram dos dous equipos: @meteo.sputnik e @breogan_xii.

 

 Cara o minuto 14:

 

 

 

Isabel Ruso é entrevistada en El País

Prácticas de Física e Química do alumnado de 2º de ESO

Os alumnos de 2º da ESO; axudados polos profesores Loli Blanco e Jesús Serna fixeron unhas prácticas no laboratorio para obter “escamas de ouro”.

Tamén na aula, xunto coa profesora Minia Prego, inflaron un globo sen soprar e foron quen de meter un anaco de porexpán nun vaso onde non cabía.


Máis vídeos en Youtube

Concurso de cartaces 8M: pola eliminación dos estereotipos de xénero

Concurso de cartaces 8M: pola eliminación dos estereotipos de xénero

O grupo de "Iguais na diversidade" anima a todo o alumnado do centro a participar o Concurso de cartaces 8M: pola eliminación dos estereotipos de xénero.

O prazo para presentar os cartaces é ata o 3 de marzo. Entregaranse en conserxería e teñen que mostrar a importancia da eliminación dos estereotipos de xénero, con estilo libre e en tamaño A4.

“FELIZ DÍA DA PAZ”

“FELIZ DÍA DA PAZ”

Con motivo do  día da Paz, alguns dos nosos Embaixadores  Junior coa nosa mascota “Picasiña”queren  desexar a Paz para Europa e para  o mundo enteiro diante do coñecido símbolo da Paz, a “Pomba branca” inspirada nos debuxos de Picasso.

 

"Un guía turístico ten que ser como Superman"

Alexandre Blanco, alumno do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia turística,  GIAT,  interviu esta tarde no programa de radio galega "Á tarde"

Charla sobre a muller na Antiga Roma

Charla da USC do progarma "A Ponte" impartida pola profesora de Historia da USC Ana Mª Suarez Piñeiro sobre a muller na Antiga Roma. Os cursos asistentes foron 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades. Foi organizada pola profesora de Latín Belén González.

Proxecto de tecnoloxía de 3ºESO

Ó alumnado de 3º da ESO, na materia de Tecnoloxía coa profesora Mónica Picos, propúxoselles o reto de resolver un dos seguintes problemas aplicando o método de proxectos: organizar o seu escritorio ou buscar un xogo de mesa para entreterse.
Este ano engadiuse un condicionante: organizarse en pequenos grupos para traballar respectando tódalas restricións motivadas pola COVID. Para iso, tiveron que planificar telemáticamente o traballo de deseño, construción do obxecto e elaboración da memoria técnica para poder traballar de forma individual pero que, ó xuntar cada parte, o resultado final fose o esperado.

"Ceodosio", a mascota que está na aula

O alumnado de 2º de ESO fai a separación dos compoñentes dunha mestura

Os alumnos de 2º da ESO; axudados polos profesores Loli Blanco e Jesús Serna fixeron unha separación dunha mestura de labras de ferro, area e sulfato de cobre. Para levala a cabo, empregaron a técnica de imantación, filtración e, finalmente cristalización.

Concurso “La Francophonie” 1º ESO

O Departamento de Francés organizou un concurso para dar a coñecer a importancia do francés no mundo, con preto de 300 millóns de falantes en todos os continentes e segunda lingua nas relacións internacionais. Todos os alumnos de 1º de ESO, animados polas profesoras Adela Estévez Lago e María Barreiro Seoane, participaron na realización de colaxes sobre diferentes cidades, rexións ou países  francófonos. Os mellores traballos presentáronse nunha pequena exposición e o alumnado de bacharelato colaborou votando aos tres gañadores: Pilar Alonso-Jaúdenes Paz (colaxe “La Bretagne” ) de 1º ESO  C, Iria Porto Álvarez (colaxe “La Provence”),  de 1º ESO A e Pablo Tomé Cortizas (colaxe “Lyon”), tamén de 1º ESO A.

Polo seu esforzo e creatividade, o alumnado seleccionado para a exposición recibiu un pequeno agasallo.

Información sobre os Graos Universitarios

14 de xaneiro de 2021

Require inscrición previa

Distribuir contido


by Dr. Radut