Skip to Content

Historia do centro

Historia do instituto

Inauguración da exposición Pardo Reguera, inspirador de Picasso

O pasado venres 17 de febreiro inaugurouse a exposición de Gumersindo Pardo Reguera, autor do retrato de don Eusebio da Guarda que o instituto cedeu para o evento.

A exposición, que rinde homenaxe ao inspirador dun xoven Pablo R. Picasso, estará pouco máis de un mes aberta na sala de exposicións Palexco da nosa cidade.

 

 

 

Video "Ollada de Brocos"

Brocos foi profesor deste centro na Escola de Belas Artes e foi profesor de Pablo R. Picasso. Parece ser que impartía clase no actual Departamento de Xeoloxía.

O vídeo “Ollada de Brocos” que forma parte da Instalación de grupo, correspondente ao obradoiro impartido por Pepe Galán, no Museo de Belas Artes da Coruña.

Instalación exposta actualmente no propio Museo.

O legado histórico: Barómetro rexistrador de mesa

 

Este barómetro rexistrador de mesa, que actualmente forma parte da colección do IES "Salvador de Madariaga" en A Coruña, seguramente estaba na estación meteorolóxica do Instituto da Guarda, onde rexistraba nunha folla de papel os cambios de presión atmosférica que acontecían na cidade para axudar á previsión do tempo meteorolóxico.

Homenaxe a un prócer coruñés

O domingo 27 de novembro de 2016 o diario "El Ideal Gallego" publicou un interesante artigo sobre D. Eusebio da Guarda: "El homenaje a un prócer coruñés".

 


 

Reportaxe da revista Ronda Iberia sobre o "Picasso Coruñés"

A revista Ronda, da compañía Iberia, vén de publicar neste mes de maio unha reportaxe titulada "¡Hola A Coruña!", adicada á figura de Picasso e máis en concreto á exposición que se está celebrando sobre a estadía deste pintor universal na nosa cidade. Inclúe foto do instituto e breve entrevista á directora. (Fai clic para velo).

 


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut