Skip to Content

Economía

Premios EDUCA ABANCA 2017. Mejor Docente de España.

Este Instituto recibiu unha Mención Especial ao fomento do programa de Educación Financieira ABANCA Obra Social, por unha actividade desenvolvida polos alumnos de 4º de ESO de Economía dirixida pola profesora Ana Rey. Noraboa aos alumnos e á profesora!

Charla presentación dos estudos de ESADE

Ana Isabel Fernández presentou os estudos de ESADE nunha charla dirixida ao alumnado de Economía de Bacharelato.

Economía

O pasado día 27 de outubro Carlota Sánchez-Montaña Puga, Coordinadora da Área de Educación Superior de Abanca, impartiu unha charla de educación financeira con destino ó alumnado de 1º de bacharelato que cursa a matería de Economía.


A charla tiña como obxectivo acercar a educación financeira ós estudantes de bacharelato, e tocou temas como a evolución económica coa crise, a situación actual dos mercados, a responsabilidade na xestión do diñeiro e outros temas de interese.
A verdade é que resultou moi interesante, e os alumnos e alumnas tomaron boa nota dos consellos que nos deu Carlota.


Moitas grazas, e esperamos verte pronto de novo!!