Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Recibidos curso 2016-2017

Premios recibidos nese curso

O programa Ponte da USC recoñece aos mellores estudantes

O 30 de xuño celebrouse, na Sala Santiago do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o acto de recoñecemento aos mellores estudantes de centros de ensino medio de Galicia por parte do Programa A Ponte entre o  Ensino Medio e a USC. Neste recoñecemento participan alumnos que acadan unha nota media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral da proba de Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU).

Por parte deste Instituto mereceron recoñecemento os alumnos . Noraboa!

Na foto pódense ver algúns dos alumnos deste Instituto acompañados polas profesoras Beni Vidal e Teresa Fraga.

Noticia en El Correo Gallego

Noticia na TVG

Gran éxito dos nosos alumnos no DELF SCOLAIRE 2017 !!!

Por segundo ano consecutivo, os nosos alumnos de Francés que se presentaron para a obtención do título do DELF Scolaire, obtiveron todos a calificación de admis (apto). Este ano as datas dos exames coincidiron coa viaxe de intercambio con Fontenilles, o que fixo que varios alumnos que facían o intercambio non puideran presentarse. Finalmente presentáronse 11 para o DELF A2, 7 para o DELF B1, e 1 para o DELF B2 (que é o nivel esixido para matricularse nunha universidade francesa). Estamos seguros de que outros 2 alumnos que se presentaron á proba xeral tamén obterán o seu título.

 

Parabéns a todos.

Guillermo Lorenzo Gómez, ex-alumno extraordinario

Unha vez máis un dos nosos alumnos máis queridos e premiados demostra a súa valía. Estamos orgullosos dos  teus éxitos. Parabéns Guillermo.

 

Laura Villa Latas, primeiro premio dos XVII Premios Muralla

A alumna Laura Villa Latas de 1º de ESO deste Instituto conseguiu o primeiro premio de Debuxo dos XVII Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís, convocados por El Progreso e Telelugo, en colaboración coa Xunta, o Concello, a Deputación e a USC.

Ten moito mérito porque participaron alumnos de 56 centros das catro provincias galegas. NORABOA !!!.

Debuxo premiado:

 

Vídeo da exposición dos debuxos:

Triplete de Premios

Este venres, 24 de marzo, recolléronse no CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) tres premios educativos.

Carmen Peñalver obtivo o premio extraordinario de FP de Grao Superior; Alejandro Brao conseguiu o premio extraordinario de bacharelato e Ángel del Canto clasificouse como segundo no XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía.

Parabéns!

Noticia en La Voz de Galicia:

 

Lucía Blanco Miguéns: Premio Minerva

 

Lucía Blanco Miguéns, alumna de 1º de Bacharelato deste Instituto obtivo o 3º Premio de Narración da XLV Edición dos Premios Minerva. NORABOA!

 

 

A profesora de Lingua Galega Beni Vidal recolleu o premio o 30 de marzo:

Máis fotos do acto de entrega do premio

Unha alumna do Eusebio, premiada no VI concurso de viñetas

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello de A Coruña ven de comunicou que o xurado da VI Edición do concurso de Viñetas "Sen adiccións... un bo plan"  fallou como gañadora da Categoria 1 a viñeta presentada por Laura Villa Latas, alumna do IES P. Eusebio da Guarda. Dase a circunstancia de que houbo 420 participantes nesta edición de Viñetas.

A entrega dos premios levouse a cabo no Concello, na Praza de María Pita o día 20 de decembro ás 12:00 horas.

Parabéns!

 

(Texto: María Sande Vidal)


 

Unha alumna gaña un premio 'Muralla de Lugo'

A alumna Marta Rodríguez Cobo ven de disfrutar dunha viaxe a París como parte do premio que gañara polo seu debuxo no certame "Premios Muralla de Lugo". O diario El Progreso de Lugo, como anfitrión do concurso, publicou unha reseña que podedes ver facendo clic aquí. Parabéns!

 


Dúas finalistas no concurso "Vive la energía" de Repsol

Dúas alumnas de segundo de bacharelato do Eusebio resultaron finalistas no concurso fotográfico "Vive la energía" que a fundación Repsol, en colaboración co MUNCYT convocou este mes de novembro.

As alumnas, Sara Gallardo de Artaza e Laura Míguez Garrido, defenderon o seu traballo de xeito que foi recoñecido polos organizadores. As súas fotos sairán publicadas no almanaque do 2017 que a compañía petrolífera editará. Parabéns!

 

 (Fotos e texto de Teresa Fraga)

XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía

O pasado 27 de outubro celebramos no Eusebio a fase de centro do XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía, na que participaron 30 alumnos de 2º de Bacharelato. O gañador, Ángel del Canto Facio, representou ao centro na fase autonómica, onde quedou SEGUNDO e suplente para representar a nosa Comunidade na competición nacional no caso de que o gañador non poida asistir. Parabéns Ángel e gracias a todo o alumnado que participou na fase de Centro.

 

Charo Vázquez Mourín


 

Dúas alumnas do Eusebio premiadas nun concurso do Hospital Materno Infantil

 

O pasado xoves día 17 de novembro, dúas alumnas de 1º D, Lía Cañás Cortés e Laura Villa Latas, gañadoras do concurso de debuxo do día do prematuro, acudiron a recibir o seu premio ao Hospital Materno Infantil onde foron recibidas estupendamente por todo o equipo de neonatoloxía. Alí disfrutaron dun día diferente. Parabéns!

 

 

(Texto e fotos: Teresa Fraga

Unha alumna do instituto, campeona galega de patinaxe

A nosa alumna de 2º de bacharelato A, María Bilbao Palomo, pertence ao club Alquimia de Carral, patinando na modalidad de solo dance. Proclamouse campeona galega desta pasada temporada, clasificouse para o campeonato nacional e foi convocada pola selección española para o Open internacional de Hettange(Francia) desa modalidade.


Nas súas declaracións pódese apreciar o seu compromiso con este deporte: Tras una primera gran experiencia neste evento quede satisfecha en la posición número 13 de un total de 32 patinadores de mi categoría con un gran nivel.
Sigo trabajando duramente para superar estas clasificaciones en la próxima temporada. El patinaje es una parte muy importante de mi vida, me ayuda a crecer como persona y como deportista.

 

 

 

Enlace ás fotos


 

Distribuir contido


by Dr. Radut