
Departamento de Programas Europeos: ERASMUS-FCT
Pza. Pontevedra, 20 15003 A Coruña – Spain
Tel: +34 981 22 34 79
Fax: + 34 981 22 76 11
1.- Estructura do Departamento
Coordinador:
Felipe S. Gómez Taibo (felipegt@edu.xunta.es)
Coordinadora de FCT:
Belén Fernández Vázquez (belen@edu.xunta.es)
Titores:
Manuela Gómez Gómez (manuelagomez@edu.xunta.es)
Mª Teresa Rodríguez Navas (mtr-navas@edu.xunta.es)
Irene Gil Ruiz (gilruiz@edu.xunta.es)
Gemma Moreno González (morenogonzalez@edu.xunta.es)
2.- Oferta Educativa
O programa ERASMUS-FCT está destinado aos alumnos de Ciclos Formativos de Grao Superior. Desde os seguintes enlaces pódese acceder ao currículum de cada un dos ciclos:
-CS Guía, Información e Asistencia Turísticas
-CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
3.- Recoñecemento académido (ECTS)
Os dous ciclos teñen a consideración de ensinanzas superiores. O seu equivalente nas Institución de Educación Superiores en Europa (HEI's: High Education Institution) son os “One Tier Degrees” ou “Short Cycle Degrees”.
A estructura académica de cada ciclo está configurada por unha serie de módulos formativos. Cada un deles ten un recoñecemento automático dun número variable de créditos ECTS. A suma de todos os módulos obtén un resultado de 120 créditos ECTS.
O módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) ten un recoñecemento de 22 créditos ECTS, xa sexa levado a cabo no réxime ordinario en España como a través do programa ERASMUS-FCT en terceiros países.
Enlace á web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte onde se informa dos suplementos Europass a los Títulos de FP (LOE)
http://todofp.es/todofp/orientacion-profesional/movilidad/Suplementos-Europass/-Qu--es-el-Suplemento-Europass-/Titulos-LOE.html
4.- Criterios de Selección de Alumnos para participar no programa ERASMUS-FCT
Cada ano académico ábrese un período, entre setembro e novembro, para que os alumnos poidan presentar a súa solicitude de participación no programa ERASMUS-FCT. O proceso de selección lévase a cabo ao longo do primeiro trimestre, de setembro a decembro, entre os alumnos de segundo curso.
O Departamento de Programas Europeos ERASMUS-FCT realiza unha selección entre os participantes consonte aos seguintes criterios.
4.1.- Nivel do idioma de traballo no destino de prácticas.
Os alumnos deben amosar un nivel no idioma de traballo suficiente para poder desenvolver o seu periodo de FCT-ERASMUS de xeito satisfactorio. Faise especial fincapé nas habilidades de expresión e comprensión oral. Non amosar o nivel mínimo necesario é causa eliminatoria do proceso de selección.
O nivel de idioma é avaliado a través dunha entrevista persoal. Para as linguas inglesa e francesa tense tamén en conta a nota obtida no módulo profesional correspondente.
4.2.- Grao de motivación e implicación na participación no programa ERASMUS-FCT
O grao de motivación e implicación é avaliado a través dunha entrevista persoal. Son especialmente valorados aqueles alumnos que presentan un proxecto de FCT-ERASMUS acordado ou consolidado cunha empresa internacional.
4.3.- Grao de madurez amosado durante o primeiro curso.
Para avaliar o grao de madurez amosado durante o primeiro curso avalíase o informe personalizado da totalidade do equipo docente.
4.4.- Expediente académico. Non poderán participar no programa:
Alumnos/as que teñan módulos pendentes de primeiro curso.
Alumnos/as que perdesen o dereito a avaliación continua durante o primeiro trimestre.
Alumnos/as, con máis dun módulo suspenso na avaliación parcial do primeiro trimestre.
5.- Calendario do Programa
1er ano:
Novembro: Erasmus-Day: Reunión Informativa cos alumnos de primeiro curso. Presentacións dos alumnos ERASMUS- FCT do ano anterior. Mesa redonda de preguntas e respostas.
Decembro: Recollida de Solicitudes de alumnos de primeiro
Xuño: Segunda reunión informativa: preparación de accións lingüisticas para o verán
2º ano:
Outubro: Reunión Informativa
Novembro: Probas de idiomas e entrevistas personais
Decembro: Avaliación e listado dos alumnos seleccionados
Xaneiro: Asignación de prazas
Febreiro-Marzo: Documentación e preparación da viaxe
Abril-Xuño: Estadía de prácticas ERASMUS-FCT
Xuño: Avaliación Final do Ciclo
Novembro: Participación como ex-alumnos no Erasmus-Day
6.- Financiación do programa e axudas
Os beneficiarios do programa obteñen financiación de tres fontes diversas:
6.1.- Subvención comunitaria: é unha axuda para sufragar gastos de viaxe e manutención (incluidos gastos de seguro e visado).
É unha cantidade variable de ano en ano. A modo orientativo, na última convocatoria o importe concedido foi de 300 euros/mes por alumno. Esta cantidade págase en dous prazos: un 80% antes da viaxe, e o 20% restante unha vez finalizada a estadía.
6.2.- Beca do MEC: na convocatoria anterior ascendeu a 150 euros/mes por alumno. Se o alumno é beneficiario dunha Beca de carácter xeral, dispón dunha axuda adicional de 150 euros/mes. É importante ter en conta que a beca recíbese aproximadamente un ano despois da estadía.
6.3.- Axuda ao transporte da Consellería de Eduación da Xunta de Galicia: na última convocatoria esta axuda ascendeu a un importe de aproximadamente 700 euros/alumno. Estes cartos recíbense poucos meses despois de finalizada a estadía.