Skip to Content

Taboleiro

Concurso de deseño dun logotipo

Convócase un concurso dun logotipo no instituto:

Charla sobre Rock and Roll Milestones

Impartida por James Orange para alumnos de 3º e 4º de ESO.

IES Eusebio da Guarda Escola Embaixadora: charla de Jesús Gamallo

O IESP Eusebio da Guarda como Escola Embaixadora do PE recibiu hoxe a visita de Jesús Gamallo, Director xeral  de Relacións Exteriores coa UE e Director da Fundación Galicia-Europa. A charla-coloquio cos Embaixadores junior do PE (1º de Bacharelato) enmárcase dentro das actividades que se levan a cabo na materia de Oratoria, que imparte a profesora Beni Vidal, para formar ao alumnado na arte de falar en público e ao mesmo tempo coñecer as institucións democráticas europeas e concretamente o PE.

Alumna e alumnos do Eusebio recollen os diplomas de haber participado na XXX fase galega da Olimpiada de Física

Martín García, Alfredo Chavert (1º posto) e Sabela Tembrás recollen os diplomas da participación na XXX Fase Local da Olimpiada de Física.

Ligazón á noticia do gran éxito dos nosos alumnos na fase local da Olimpiada de Física

 

Alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO de Francés están en Fontenilles de intercambio

Acompañados pola profesora Chus Quintáns e o profesor Juan Carlos Méndez.

Un alumno participa no programa “Tecnólogo por un día"

O alumno Mario Pérez Plaza, de 1º da ESO, participou na segunda edición da actividade  organizada pola Amtega "DIGITALENT: Tecnólogo por un día". O alumno disfrutou compartindo un día de traballo grazas á participación da empresa CINFO, empresa que diseña ferramentas sinxelas para a emisión dixital de televisión, coma por exemplo o uso de tecnoloxía de visión por computador que xunto a algoritmos de aprendizaxe automático permiten crear un canal de televisión en internet sin desprazar equipos ao lugar de grabación.

 

O artista Marco Moreira estivo cos alumnos de Plástica de 4º de ESO

Unha actividade organizada pola profesora de Artes Plásticas Eva Vérez.

 

Visita de algúns alumnos de 2º Bach ás Facultades de Física e Química de Santiago

Profesores e alumnos de ditas Facultades fixeron de guías nunha interesante visita. Estiveron acompañados pola profesora de Física e Química Loli Blanco (e organizadora) e as alumnas de Máster Patricia Gaudino e Mª de las Nieves Fernández.

O Sistema Solar, traballos de 1º da ESO

 

 

O alumnado de primeiro da ESO fixo estes traballos baixo a supervisión da profesora Nuria Berdiales. Velaiquí o resultado (mellor en 'pantalla grande')

Mapa de puntos de recollida de tapóns

 

Os alumnos Virginia Rodríguez-Tubío e Gabriel Bande, de 3º da ESO, veñen de elaborar este mapa onde atopar puntos de recollida de tapóns na nosa cidade, actividade feita para a materia de Tecnoloxía.

Plan Proxecta 2018-19: “O noso mar, o noso sustento”

O alumnado de 1º da ESO realizou unha serie de traballos de investigación sobre a Contaminación de mares e océanos, dentro do Plan Proxecta “O noso mar, o noso sustento”, baixo a coordinación de Noemí Díaz e coa axuda de Nuria Berdiales, ambas as dúas profesoras de Bioloxía e Xeoloxía. Posteriormente fixeron a presentación dos seus traballos no Salón de Actos, tal e como vemos nos seguintes vídeos.

1ºB ESO: Bianca, Samuel, Nicole e Xoel

1ºB ESO: Claudia, Paula e Salomé

1ºB ESO: Estela, Adriana, Pedro e Uxía

1ºB ESO: Izan, Enrique, David Pena e Jorge

1ºB ESO: Jorge, Javier, Juan e Nicolás del Río

1ºB ESO: Juan Manuel, Iker e Helio

1ºB ESO: Ruth, Inés e Carla

1ºB ESO: Vega, Natalia, Elena e Irene

1ºC ESO: Aroa, Lúa e María

1ºC ESO: Bea, Isa, Daniela e Yeilín

1ºC ESO: Iris, Alicia, Noelia e Uxía

1ºC ESO: Jacobo, Juan Nieto e Diego Franco

1ºC ESO: Mencía, Yara e Julio

1ºC ESO: Ryu, Manuel e David Carballada

1ºC ESO: Sergio, Miguel e Javier Cámara

1ºC ESO: Yare, Diego Real, Nicolás Rod. e Nicolás Fleitas

Algúns grupos editaron os seus propios vídeos:

A contaminación mariña

BIO E XEO PRESENTACIÓN

Océano definitivo. Adriana, Uxía, Pedro e Estela

 

Vídeo do traballo do grupo formado por: Celia Estévez, Lucía Gómez, Olivia Pato, Cristina Posada, Andrea Rodríguez. Dirixidos pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía Noemí Díaz:

Matemáticas en femenino plural

Intercambio con Stamford 2019: alumnos ingleses na Coruña

Un grupo de estudiantes ingleses acaba de pasar unha semana na nosa cidade como parte do Intercambio entre IES Eusebio da Guarda e Stamford Endowed Schools, nunha actividade organizada pola profesora de Inglés Mª José Pereira.

As Cantigas dos alumnos, IV parte

Fai clic na imaxe para velo. Hai máis Cantigas en "A artesa do Eusebio".

Un novo blog: “Quérote + do Eusebio"

Aquí o enlace a este blog:  https://querotemaisdeleusebio.blogspot.com/

Charla da empresa Altia Consultores cos alumnos de TIC-II

 

O pasado oito de febreiro os enxeñeiros Diego Perdomo e Alejandro Tuñas, da empresa Altia Consultores, deron unha charla sobre salidas profesionais no mundo das TIC, as súas experiencias e vida profesional aos alumnos de TIC de segundo de bacharelato.

A pasión que amosaron foi recoñecida por todos eles. Esperamos repetir!.

As Cantigas dos alumnos, III parte

Fai clic na imaxe para velo.

Distribuir contido


by Dr. Radut