Skip to Content

Concurso Literario Rita Suárez Amado

Convocada a XIII edición do Premio Literarios Rita Suárez Amado

Coa publicación das bases, facemos un chamamento á comunidade educativa para que as espallen entre o alumnado. A XIII edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado celebrarase no vindeiro mes de marzo, pero os traballos haberá que entregalos antes. 

Fai clic na imaxe para ter acceso ás bases.

Entrega dos premios do XII Concurso literario Rita Suárez Amado

 O 16 de febreiro reuniuse no noso centro o xurado para decidir os gañadores do XII CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO. Luisa Fernanda García Rodríguez, Xosé Pérez Mondelo, José Luis Alonso Torreiro e Julio Mancebo Moreiras tiveron un labor moi complicado xa que as obras presentadas foron máis dun centenar.

 O resultado das súas deliberacións foi o seguinte:

 No NIVEL I (1º e 2º ESO) gañaron en RELATO CURTO Ana Aymerich Aldea (IES P. Eusebio da Guarda) coa obra  El misterio de agua e Patricia García Yebra-Pimentel (CPR Obradoiro) con Reflexo. Obtiveron un accésit Antonio Barredo Gómez con Viveiro e Carmen García Vale con Final pechado, ambos do CPR Escravas Sgdo. Corazón. Na categoría de POESÍA a obra O inverno de Clara Pereira Raposo (CPR Escravas Sgdo. Corazón) obtivo o máximo galardón, e acadaron un accésit Andrea Piñeiro Núñez (IES Agra do Orzán) con Imperfecto e Alfredo Arcos Herranz (IES P. Rafael Dieste) con Vivir la vida.

 No NIVEL II  (3º e 4º ESO) gañou en RELATO CURTO Inés Vara Chimeno con  Maldito Alzheimer e Alba Uxía Arca Nieto obtivo un accésit coa obra Un sorriso eterno. Ambas son do CPR Escravas Sgdo. Corazón. Na categoría de POESÍA a vencedora foia obra A rentes do mar de Sara Martínez Iglesias (IES P. Eusebio da Guarda).

 No NIVEL III  (1º e 2º de Bacharelato) Lucía Blanco Miguéns, do  IES P. Eusebio da Guarda, gañou na categoría  RELATO CURTO coa súa obra Poemas por rematar e Yésica Domínguez Pérez (IES Agra do Orzán) obtivo un accésitcon El columpio. En POESÍA Daniel Abelenda Lado (IES P. Eusebio da Guarda) acadou o máximo galardón con Al clamor del capitán

 No NIVEL IV (ADULTOS) gañaron Ángel Alonso Prieto co seu relato Diario de aquí  e Rocío Leira Castro coa súa poesía A última palabra.

 A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado venres 3 de marzo nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e Juan, pola Terceira Tenente de Alcalde e Concelleira de Asuntos Sociais e Educación, Silvia Cameán, e  polo Subdirector Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, Juan Durán. Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras. A presidenta da Asociación contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro, tamén honrounos coa súa presenza.

 A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso  2017-18 no seu certame literario.

 Máis fotos

 

Convocada a XII edición do Premio Literarios Rita Suárez Amado

Coa publicación das bases, facemos un chamamento á comunidade educativa para que as espallen entre o alumnado. A XII edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado celebrarase no vindeiro mes de marzo, pero os traballos haberá que entregalos antes. 

Fai clic na imaxe para ter acceso ás bases.


 

Entrega dos premios Rita Suárez Amado, edición 2015

 

Unha ampla reportaxe fotográfica do evento, emocionante coma sempre, especial coma nunca, podes velo facendo clic aquí.

 


 

Entrega dos premios da X edición Rita Suárez Amado

 

 

Velaiquí o programa para a entrega dos premios de mañá venres. Chegamos á décima edición cheos de ledicia e por iso a celebración será aínda máis especial. 

 


 

Bases do IX concurso literario Rita Suárez Amado

Bases concurso Rita_Suárez


 

Distribuir contido


by Dr. Radut