Skip to Content

Entrega dos premios do XII Concurso literario Rita Suárez Amado

 O 16 de febreiro reuniuse no noso centro o xurado para decidir os gañadores do XII CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO. Luisa Fernanda García Rodríguez, Xosé Pérez Mondelo, José Luis Alonso Torreiro e Julio Mancebo Moreiras tiveron un labor moi complicado xa que as obras presentadas foron máis dun centenar.

 O resultado das súas deliberacións foi o seguinte:

 No NIVEL I (1º e 2º ESO) gañaron en RELATO CURTO Ana Aymerich Aldea (IES P. Eusebio da Guarda) coa obra  El misterio de agua e Patricia García Yebra-Pimentel (CPR Obradoiro) con Reflexo. Obtiveron un accésit Antonio Barredo Gómez con Viveiro e Carmen García Vale con Final pechado, ambos do CPR Escravas Sgdo. Corazón. Na categoría de POESÍA a obra O inverno de Clara Pereira Raposo (CPR Escravas Sgdo. Corazón) obtivo o máximo galardón, e acadaron un accésit Andrea Piñeiro Núñez (IES Agra do Orzán) con Imperfecto e Alfredo Arcos Herranz (IES P. Rafael Dieste) con Vivir la vida.

 No NIVEL II  (3º e 4º ESO) gañou en RELATO CURTO Inés Vara Chimeno con  Maldito Alzheimer e Alba Uxía Arca Nieto obtivo un accésit coa obra Un sorriso eterno. Ambas son do CPR Escravas Sgdo. Corazón. Na categoría de POESÍA a vencedora foia obra A rentes do mar de Sara Martínez Iglesias (IES P. Eusebio da Guarda).

 No NIVEL III  (1º e 2º de Bacharelato) Lucía Blanco Miguéns, do  IES P. Eusebio da Guarda, gañou na categoría  RELATO CURTO coa súa obra Poemas por rematar e Yésica Domínguez Pérez (IES Agra do Orzán) obtivo un accésitcon El columpio. En POESÍA Daniel Abelenda Lado (IES P. Eusebio da Guarda) acadou o máximo galardón con Al clamor del capitán

 No NIVEL IV (ADULTOS) gañaron Ángel Alonso Prieto co seu relato Diario de aquí  e Rocío Leira Castro coa súa poesía A última palabra.

 A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado venres 3 de marzo nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e Juan, pola Terceira Tenente de Alcalde e Concelleira de Asuntos Sociais e Educación, Silvia Cameán, e  polo Subdirector Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, Juan Durán. Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras. A presidenta da Asociación contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro, tamén honrounos coa súa presenza.

 A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso  2017-18 no seu certame literario.

 Máis fotos

 



blog | by Dr. Radut