Skip to Content

Actividades curso 2017-2018

Vídeos de traballos dos alumnos da profesora Mónica Bacelos

3ºESO: Traballos feitos polo alumnado de 3º ESO, sobre os módulos e as teselacións.

 

4ºESO: a súa visión sobre os chanzos de control na violencia de xénero, segundo a historia de Pepa e Pepe

 

4ºESO: Con motivo do día internacional da muller o alumnado de 4º ESO deseña uns cartéis, na materia de Ed. Plástica.

 

1º Bach artístico: Traballos feitos polo alumnado de bacharelato artístico.

QUÉROTE +

 

Acto de Graduación dos Ciclos Formativos

 

Festival de fin de curso de 1º de Bacharelato

Actuaron os seguintes grupos, con maioría de compoñentes de 1º de Bacharelato:

AFTER SKULL: Marcos Rodríguez (voz), Thomas Gallangher (guitarra), Manuel Gómez -Capi- (guitarra), Pablo Besiga -Chumi- (bajo) e David Twine (bateria).

ALL WAYS UP: Jorge Ruiz (voz e guitarra), Javeir Besiga -Chumi- (guitarra), Roberto Pérez -Beto- (bajo) e André Pan (batería).

Excursión de fin de curso de 1º de ESO ás Fragas do Eume

Para terminar o curso nada mellor que pasar un día nas Fragas do Eume, un lugar idílico e máxico, gozando dos seus camiños e as súas augas nunha experiencia única.

QUÉROTE +

Propúxose co alumnado de 3ºA da ESO un traballo co fin de achegarnos a cal era o papel e a importancia social da muller na historia. Para este traballo tocamos tres ideas, a primeira delas foi elixir exemplos españois de mulleres que na Idade Moderna tiveran un papel destacado nun mundo de homes, Juana I “a tola” e Isabel I “a católica” foron os temas escollidos. Alén diso tamén se traballou o tema da situación da muller no século de Ouro, deste xeito puidemos coñecer máis de preto a realidade social da época no referente ás mulleres. Por último, outros dos traballos versaron sobre as diferencias entre o papel da muller no século XVI e hoxe.

As presentacións feitas polo alumnado e a súa presentación e explicación amena serviron para visibilizar o papel da muller na historia así coma os grandes cambios sociais e a consecución de dereitos acadados nas últimas décadas. Ademais, foron enriquecedores para completar o desenvolvemento do currículo de xeografía e historia para 3º da ESO así como o de valores transversais tan importantes e de actualidade como o da igualdade de xénero.

Excursión de fin de curso de 4º de ESO en Asturias

Outro ano máis os alumnos de 4 º viviron a experiencia de gozar duns días en Asturias e navegar polo Sela, visitar as súas covas e realizar múltiples actividades ao aire libre.

Excursión de fin de curso de 2º de ESO a Rianxo

A praia do Porrón (Rianxo) proporciónanos un lugar marabilloso no que gozar dunha chea de actividades divertidas para dar a benvida ás vacacións.

 

XXV Canguro Matemático Sin Fronteras

Un ano máis os alumnos do Instituto Eusebio da Guarda participaron no concurso matemático XXV Canguro Matemático Sin Fronteras. Un certame que reúne a 18.898 alumnos de 552 centros de toda España.

Resultando premiados, por estar entre os primeiros clasificados de cada nivel por puntos: Kai Yuan, Wang Gao de 1º ESO A e Aicha González del Valle de 2º ESO C.

Tamén resultaron premiados tendo en conta a puntuación a puntuación total e a puntuación normalizada de todos os alumnos do Centro: Antía Sardiña García e Carla Dopazo Pavón ambas de 1º ESO A. Parabéns aos alumnos e alumnas premiados e tamén a todos os que fixeron o esforzo de participar neste reto.

A competición, consitiu na resolución de 30 problemas matemáticos adaptados a cada nivel durante unha hora e cuarto, e tivo lugar no Centro o xoves 15 de marzo.

Un total de 93 alumnos presentados de niveis de 1º, 2º, 3º , 4º de ESO e 1º de Bacharalato, coa colaboración dos profesores do Departamento de Matemáticas: Javier Chao Mata, Mario Juíz López, Carmen Muñoz Trasancos, Elena García García, Gloria Lamas Blanco, Rocío Oreiro Rey  e  Luis Javier Rodríguez González (como coordinador e responsable).

 

Ver participación

 

Móllate: coida a praia no san Xoán

 

Maquetas de edificios coruñeses

 

Un grupo de alumnos de primeiro de bacharelato deseñaron as maquetas de varios edificios históricos de A Coruña. O resultado é agora de acceso aberto para o desfrute e mesmo a reproducción empregando unha impresora 3D. Este traballo desenvolveuse para a materia de TIC impartida polo profesor Mario S. García. (fai clic na imaxe para ver as maquetas).


 

Sen fume

Actividade "Clases sen fume" 

O alumnado de 1º ESO B quedou finalista na actividade "Clases sen fume" programada polo Plan Proxecta.. Para a entrega de premios están inviados ao acto a celebrar o martes 12 de xuño no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, no que participarán xunto cos outros oito finalistas da actividade "Clases sen fume" cun vixionado das actividades de todos, unhas palabras do conselleiro de Sanidade e dos patrocinadores e a entrega de premios.

O premio recibido, con moita ilusión polo alumnado, consiste "Nun día no AQUAPARK CERCEDA", e disfrutarán deste premio o luns 18 de xuño.

J'ai demandé à la lune. Élèves de ESO.

Actividade de fin de curso.

Como ben sabedes, no departamento de francés gústanos máis unha canción que comer bica (sempre preparamos cancións para o intercambio con Fontenilles, participamos no Festival da Francofonía, …) por iso decidimos gravar un vídeo cos nosos voluntariosos (porque tamén foi voluntario) rapaces. Puxeron da súa parte o seu prezado tempo dos recreos para poder ensaiar, e iso que estamos en tempo de exames (aínda que cada ensaio era difícil saber se estariamos todos) e finalmente o luns 11 de xuño ocupamos (de xeito pacífico) a escaleira principal.

Queremos agradecer aos profesores a súa colaboración e que permitiran a execución desta actividade.

Grazas.

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2018

O pasado venres 18 de maio celebramos a festa de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. Fixemos a macro foto nas escaleiras ás seis en punto e logo desprazámonos ao salón de actos da Facultade de Economía e Empresa que xentilmente nos cede o Decanato desa facultade e a Universidade da Coruña. Alí dirixiuse aos presentes en nome do claustro o catedrático de Inglés Don Emilio Facal Cancela, e respondéronlle, en nome do alumnado, Inés Villa Latas e Antonio de Ramos López. A presentación do acto estivo a cargo dos alumnos Carla López Sanjurjo e Jorge López Arias. Esta promoción foi particularmente boa: temos propostos para matrícula a doce graduados. Parabéns á promoción do 2017-18, ás súas familias, e ao seu profesorado!

Álbum de Fotos

 

Foto na Voz de Galicia:

Excursión de fin de curso do profesorado a Cortegada

Visitamos o Belén artesanal de movemento de Valga, o Obradoiro de cerámica de Mar Barral, os muíños de vento de abalo, fixemos un paseo relaxanta e instructivo pola illa de Cortegada e vimos os petroglifos dos Ballotes. Unha inolvidable exursión organizada polo profesor Antonio Fondo.

 

Cardo de Ouro para o Instituto Eusebio

A directora Mª Isabel Ruso recibiu, no nome do Instituto, o Cardo de Oro na súa modalidade de colectivo da Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan de La Coruña, nun acto celebrado no Teatro Rosalía de Castro.

Actividades dos alumnos de Plástica

Os alumnos de Plástica, coa súa profesora de Plástica Mª do Carme Pardiño, montaron unha cúpula autoportante de Leonardo da Vinci. Estas cúpulas baséanse no deseño inicial de Leonardo, sendo estruturas que se manteñen en pe grazas ao seu propio peso. A súa construción esixe un traballo colaborativo, de imaxinación espacial e de seguimento dun patrón.

Vídeos de 3º de ESO (profesora: Mónica Bacelos):

Vídeo 1   Vídeo 2

 

Distribuir contido


by Dr. Radut