Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

QUÉROTE +

Propúxose co alumnado de 3ºA da ESO un traballo co fin de achegarnos a cal era o papel e a importancia social da muller na historia. Para este traballo tocamos tres ideas, a primeira delas foi elixir exemplos españois de mulleres que na Idade Moderna tiveran un papel destacado nun mundo de homes, Juana I “a tola” e Isabel I “a católica” foron os temas escollidos. Alén diso tamén se traballou o tema da situación da muller no século de Ouro, deste xeito puidemos coñecer máis de preto a realidade social da época no referente ás mulleres. Por último, outros dos traballos versaron sobre as diferencias entre o papel da muller no século XVI e hoxe.

As presentacións feitas polo alumnado e a súa presentación e explicación amena serviron para visibilizar o papel da muller na historia así coma os grandes cambios sociais e a consecución de dereitos acadados nas últimas décadas. Ademais, foron enriquecedores para completar o desenvolvemento do currículo de xeografía e historia para 3º da ESO así como o de valores transversais tan importantes e de actualidade como o da igualdade de xénero.



blog | by Dr. Radut