Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Blogues

Carteis do día de Rosalía de Castro

Seguramente recordaredes que hai uns días celebramos o nacemento de Rosalía de Castro cun Maratón de Lectura Solidario. Velaiquí algúns dos carteis que fixeron os alumnos para celebrar esa onomástica.

 

Breve crónica e fotos da Ruta do Quijote 2014

Este ano o tempo foinos propicio. As mañás eran frías pero ao longo do día atemperaba. As Tablas de Daimiel estaban cheíñas de auga; a luz da tarde, divina. Vimos bandadas abundantes de aves en formación, en uve. Toledo encantoulles. Madrid en domingo, un luxo de sol e xente tapeando; a Praza Maior co seu rastriño e as terrazas a rebordar, todo chamaba á vida. Moitos alumnos quedaron con ganas de estaren máis tempo no Prado. Outros quedamos con ganas de ver a entrada da Cova de Montesinos. O parque nacional das Lagoas de Ruidera promete ser espectacularmente fermoso. Dá gusto viaxar con xente tan boa coma a deste ano. Oxalá se porten igual de ben na Selectividade.

 

Revista Alén da Chuvia, número 5

Parte I

Parte II

Para obter a revista fai clic sobre as imaxes.

Materias impartidas no departamento

As materias impartidas polo departamento de Tecnoloxía, asemade a citada, son as seguintes:

  • Informática;
  • Tecnoloxía Industrial I;
  • Tecnoloxía Industrial II;
  • TIC.

 

Maratón de lectura

Estase a organizar un maratón de lectura para o vindeiro 24 de febreiro. Toda a comunidade educativa está invitada a participar como lector ou ben coma oínte. Aquí vos poñemos a nota pubricada.

Seguiremos informando.


 

 

Concurso Gañapuntos: Decimonovena semana

 HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

 CONCURSO GAÑAPUNTOS

 19ª SEMANA. 19ª PREGUNTA

 

Hai dúas maneiras de ir pola vida: como romántico e como clásico. O romántico, cando perde as ilusións, desespérase, faise escéptico e xa non cre en nada. O clásico, polo contrario, ó perde-las ilusións consegue a madurez e con ela a serenidade, acepta as súas limitacións e atinxe a aurea mediocritas, que é a súa maneira de ser feliz”.

 

Isto dicíao Ramón, personaxe deseñado pola escritora Marina Mayoral. A que obra pertence este fragmento? (1 punto)

 


 

II Xogos escolares, curso 2013-14

Nestes días estase a celebrar os II Xogos Escolares - Curso 2013-14, organizados polo Excmo. Concello de A Coruña.

Aquí tedes o enlace aos resultados dos encontros disputados, nos cales participan catro equipos do noso centro.

Ao final desa páxina fai clic nos enlaces a "Resultados Fútbol 7" e "Resultados Fútbol 11" para acceder ao ficheiro.

 


Crónica dos nosos alumnos viaxeiros

Un dos nosos alumnos polo mundo adiante, Álvaro Villa Latas, concedeu unha pequena entrevista ao diario La Voz de Galicia. Velaquí tedes o enlace. Merece a pena lelo.


XLX Olimpiada Matemática

Gonzalo Cao, alumno de primeiro de Bacharelato, ven de acadar a medalla de ouro na fase local da XLX Olimipiada Matemática.

Parabéns!

Actualización: O diario La Voz de Galicia publicou unha reseña. Aquí tedes a foto:

 


 

Concurso Gañapuntos, decimoitava semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

18ª SEMANA. 18ª PREGUNTA

 Rosa vermella, Rosa vaidosa, Rosa triste dos meus días todos!

 Ven canda min, mentres eu canto ao xeito antigo

 a batalla de Cuchulain contra a marea amarga.

 

Quen é este Cuchulain ao que alude Yeats? (1 punto)


 

Eduga ven de publicar un artigo sobre o noso instituto

Eduga, a revista galega do ensino, pubricou fai unhas datas un artigo firmado pola directora do noso centro, Mª Isabel Ruso de Lago. O artigo versa sobre a traxectoria do Instituto Eusebio da Guarda, emblemático para a cidade da Coruña por ser o primeiro, desde a súa fundación no último cuartel do século XIX ata o día de hoxe.

Velaiquí o enlace ao mesmo.

 


 

Preparando a viaxe a Haute Garonne 2014

A finais do mes de marzo, un grupiño de alumnos e alumnas de 3º e 4º desprazaranse ata Fontenilles, un pequeno municipio do departamento de Haute Garonne, na rexión francesa de Midi-Pyrenées.

 Cando un proxecta facer unha viaxe, é recomendable que antes de iniciala, procure informarse do lugar onde se dirixe. Así pois, este pequeno libriño interactivo que vos presentamos, axudaravos a coñecer e a descubrir algunhas informacións importantes da zona de destino.

Invitámosvos a adentrarvos nesta fermosa rexión francesa presidida pola cidade de Toulouse, coñecida como a "ville rose", pola cor dos seus edificios. 

Descubride dende o seu enclave xeográfico, accidentes montañosos, ríos mais importantes ata a súa economía, gastronomía, persoeiros ilustres, construccións típicas... Todo iso mediante sinxelos exercicios que podedes facer en familia ou cos vosos amigos. Agardamos que vos guste.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/258382561/rendez-vous.html

 


 

 

 

 

Concurso Gañapuntos, decimosétima semana

O NOSO CORAZÓN É UNHA ROSA DE CEN FOLLAS. OU CEN LIBROS

SEMANA 17ª. PREGUNTA 17ª

 

 

Saberías dicirnos o título  dun libro de ciencia ficción que alude á temperatura á que arde o papel? (1 punto)


Distribuir contido


by Dr. Radut