Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Blogues

Olimpiada Matemática de Bacharelato

Gonzalo Cao Labora (4 ESO A), terceiro premio na fase galega da Olimpiada Matemática de Bacharelato. Será un dos tres representantes galegos na fase nacional.

 

Máis información en:

  http://www.usc.es/olympia/XLIX/XLIX_g.htm

  

Concurso Postais Nadal 2012

As alumnas premiadas 

De esquerda a dereita: Marta Cancela, Lucía Blanco, Carlota Suárez e Julia López de la Osa.

GAÑADORA 1º PREMIO: LUCÍA BLANCO MIGUÉNS 1º ESO B

GAÑADORA 1º PREMIO: CARLOTA SUÁREZ VILLAVERDE 1º ESO C

ACCÉSIT: JULIA LÓPEZ DE LA OSA LÓPEZ-ABENTE 1º ESO C

ACCÉSIT: MARTA CANCELA CARRETERO 1º ESO B

VIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

 

 

HOMENAXE A RITA SUÁREZ AMADO

VIII CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO E POESÍA

BASES

    

- Poderán participar todas as persoas que o desexen.

 

- Estableceranse catro niveis de participación:

     I.-   1º ciclo ESO (1º e 2º).

     II.-  2º ciclo ESO (3º e 4º).

     III.- Bacharelato.

     IV.-Adultos.

 

- As obras poderán vir redactadas en Lingua Galega ou en Lingua Castelá.

 

- O tema será de libre elección polo autor. Os relatos ou os poemas deberán ser orixinais na súa totalidade, rigorosamente inéditos. Así mesmo establécese que non poderán ter sido premiados nin seleccionados nun concurso literario anterior.

 

- Nos traballos presentados non constará o nome ou identificación ningunha do autor, e asinaranse con pseudónimo. Presentaranse  nun sobre pechado en cuxo exterior figurará o título da obra, a categoría na que concursa (relato curto ou poesía), nivel de participación (I, II, III, IV) e o pseudónimo. No interior do sobre, enviarase unha nota cos datos seguintes: título do relato ou poema, nome, apelidos, curso e centro (se está escolarizado), domicilio e teléfono do  autor e unha dirección de correo electrónico.

 

- Os relatos ou as poesías presentaranse en follas de formato DIN A4 escritas a unha soa face, a dobre espazo e como tipo de letra a Times New Roman 12. As obras non deberán exceder os cinco folios. O Xurado resérvase, dunha banda, o dereito a admitir aqueles escritos que  excedan lixeiramente a extensión citada, e doutra, o dereito  a corrixir aquelas cuestións de ortografía que non se ateñan ás normas académicas correspondentes (RAE para o idioma castelán, RAG para o idioma galego).

 

- Aceptarase só un máximo de dous traballos por autor en cada categoría (relato curto ou poesía).

 

- A entrega de premios realizarase no Acto-Homenaxe a Rita que terá lugar o día 8 de marzo do 2013, ás 18:30, no Salón de Actos do IES Eusebio da Guarda.

 

- O prazo de admisión dos orixinais finalizará o día 25 de xaneiro de 2013, admitíndose os traballos que se presenten ata esa data. A entrega das obras farase directamente na  Conserxería do IES Eusebio da Guarda ou por correo á dirección: IES Eusebio da Guarda: Pza. de Pontevedra 20, 15003-A Coruña, especificando “Concurso Literario Rita Suárez Amado”.

 

10ª - A Comisión Organizadora designará un Xurado Cualificador que será quen decida sobre calquera dúbida que poidan orixinar estas BASES, sendo o seu fallo inapelable.

 

11ª -  O fallo do  concurso farase público o día 8 de marzo de 2013.  A Comisión Organizadora  resérvase o dereito da publicación dos traballos presentados. Os premiados comprométense a entregar as obras nun soporte informático (CD), ou por medio do correo electrónico, á organización con vistas á súa futura publicación.

 

12ª - Os relatos ou poesías orixinais devolveranse a todos os autores que o soliciten, nun prazo non superior a tres meses desde a data da votación e comunicación dos resultados. Transcorrido dito tempo, os traballos que non foran reclamados non se devolverán.

 

13ª - A participación neste Concurso significa a plena aceptación destas Bases e do fallo do xurado.

 

Para calquera información adicional deberanse dirixir á Vicedirectora, Dª Mª Rosario Soto Arias (981-223479// correo electrónico ies.eusebio.guarda@edu.xunta.es).

Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/

 

A Coruña, decembro de 2012. 

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Programación dos Concertos Didácticos 2012-2013

Clicka na imaxe para vela mellor.

Agradecemento do Banco de Alimentos Rías Altas

O presidente do Banco de Alimentos Rías Altas ven de agradecer a colaboración do instituto na Campaña Solidaria Operación Kilo que se fixo fai unhas data. Desde aquí queremos facela extensiva a todos os participantes.

O concerto do pianista Lang Lang con nenos de varias nacións

O concerto foi emitido no canal "La 2"(Enlace aquí). Tamén está dispoñible en Youtube unha versión sen editar (Enlace aquí).
E aquí poñemos unha fotocomposición de imaxes da transmisión, co noso alumno entre os pianistas.

Resultados do Big Challenge 2012

Unha vez máis estamos de noraboa: O alumno Nicholas Twine Padín acadou o primeiro premio a nivel provincial, Diploma First Class Honours e Supercopa da provincia. Os alumnos David Baamonde López e Jorge Manuel Blanco Domínguez acadaron o segundo posto na provincia da Coruña.

Parabéns aos nosos alumnos participantes, e especialmente aos premiados!

Un alumno do instituto vai tocar co pianista máis famoso do mundo

Un alumno do noso instituto foi seleccionado entre varios centos de mozos para tocar co pianista Lang Lang. Onte, 1 de xuño, o Telexornal da TVG fixo unha reportaxe da nova.

Proxecto Interdisciplinar 2011-12 e 2012-13

Velaiquí o tema desenvolvido no Proxecto Interdisciplinar 2011-12:

  1. Halloween;
  2. Halloween vocabulary;
  3. Halloween Do's and Dont's;
  4. Presentation.

 

My Dream House (Unidade 2012/13)


O MUNCYT está a piques de abrir as portas ao público

O un de xuño a sede do MUNCYT  (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) abrirá definitivamente as portas ao público xeral e aos estudantes en particular. Hai uns días tivemos a oportunidade de facer unha visita. Puidemos comprobar a magnitude do proxecto, e a súa adaptación a un edificio singular e premiado pola arquitectura ensaiada.

Aínda que o "mascarón de proa" do Museo sexa o enorme morro do avión Boeing 747 "Lope de Vega", hai outra sala, 'Mayúsculas", que destaca polo tamaño das súas pezas únicas. Os visitantes poderán desfrutar tamén dunha especie en vías de extinción: a máquina de escribir, multiplicada por numerosas variantes. En realidade, as pezas máis selectas, ás que poderiamos chamar incunables, están no corazón do edificio, protexidos do mundo exterior  nunha atmosfera de silencio, repouso e oscuridade, que lles da unha maior solemnidade.

O Museo garda moitos segredos. Algúns deles iranse descubrindo de cando en vez. Desde aquí animamos á xente a descubrilos, e tamén a Moncho Núñez e o seu equipo a seguir destilando a maxia que teñen "aqueles tolos cachivaches".

Melgaço, outra visita do Proxecto Terra

Os días 19 e 20 de abril un grupo de corenta alumnos de 3º da ESO fixo unha visita da vila portuguesa de Melgaço. Esta é unha saída máis das que o noso instituto ten organizado baixo o programa do Proxecto Terra, como en anos anteriores aconteceu por terras de Ferrol, Allariz, Guimarães, co obxectivo de aprender e vivir experiencias ao redor da defensa do patrimonio, a paisaxe, e a ordenación do territorio.


Nesta ocasión puidemos decatarnos, unha vez máis, da unidade territorial que forman Galicia e o Norte de Portugal, unha das eurorrexións da Unión Europea. O xoves 19 visitamos o Parque da Peneda-Gerês entrando por unha das súas portas, Lamas de Mouro, e tamén Castro Laboreiro. O grupo hospedouse na Pousada da Juventude, en Melgaço. Visitamos esta vila ao día seguinte: a súa torre medieval, o Museo do Cinema e mais o da Memoria (Museo da Memoria Fronteira). Reafirmámonos na nosa identidade galego-portuguesa e viñemos cheos de experiencias que nos indican o que somos e o que debemos ser. Os nosos meninos saudaron o río Miño e ficaron obrigados con Portugal.


Unha medalla de bronce a nivel nacional en Matemáticas

Si fai uns meses dábamos conta con grande ledicia que Gonzalo Cao Labora, alumno de 3º de ESO do noso instituto, conseguira unha medalla de ouro na fase galega da Olimpiada Matemática, agora encheunos de orgullo ao quedar no terceiro posto, medalla de bronce, na olimpiada española de Matemáticas.

Parabéns!

Actualización 29 Abril: Engadimos fotos da entrega do diploma da fase galega.


Viaxe á rexión de Midi-Pyrénées

Dende o día 23 ata o 29 de abril, un grupiño de 11 alumnos de 3º e 4º  da ESO desprazaranse a Francia acompañados pola profesora de francés Mª Jesús Quintáns Rodríguez. Durante a súa estadía no país veciño serán acollidos no collège de Fontenilles, localidade situada a 25 km. de Toulouse. A viaxe ten dous obxectivos principais: lingüístico (facer progresar aos alumnos e suscitar o interese pola lingua e a cultura francesas) e social (descubrir a rexión mediante a inmersión familiar e escolar).

Ademáis das actividades realizadas no collège, o grupo  visitará as cidades de Toulouse e Carcasonne.

O traballo en común co collège de Fontenilles vense dando dende o curso 2010-11 mediante a correspondencia epistolar dos alumnos que continúa no presente curso. Mediante esta viaxe que agora se leva a cabo, é intención do departamento de francés sentar as bases para poder efectuar un intercambio de alumnos nos vindeiros anos.


Revista "Alén da Chuvia", número 1

O primeiro número da revista Alén da Chuvia, editado en maio de 2009, dispoñible libremente para descarga. Se non puideches conseguilo en papel, esta é a túa oportunidade.

Conferencia do Presidente da Asociación de Xoves Empresarios de Galicia

O alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato non tiveron reparo en posar co empresario coruñés tras a súa charla do venres 30 de marzo. Pola súa participación no turno de preguntas e polo interese que amosaron polas experiencias que Daniel Ramos contaba, sen dúbida que a actividade resultou moi instructiva para todos.

Un exalumno do instituto representa aos premios extraodinarios de Bacharelato e Formación Profesional

O pasado mes de febreiro o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu un acto no que gabou o esforzo dos 38 estudantes galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011, e os premios extraordinarios de Formación Profesional específica de grao superior correspondentes ao curso 2009/2010. Alí estaba o noso exalumno Alejandro Roura Blanco, que ademais representou a todos os seus compañeiros lendo un discurso de agradecemento. Aquí está o video coas súas verbas. Desculpade que a imaxe non sexa boa. [máis info...]


Distribuir contido


by Dr. Radut