Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Blogues

Concurso de Narracións Escolares e Relatos Curtos RSME - ANAYA 2011

No Boletín 285 da RSME ven a convocatoria da Real Sociedad Matemática Española da sétima edición dos seus Concursos Literarios de narracións Escolares e Relatos Curtos RSME-ANAYA, que organiza coa colaboración do grupo ANAYA, a editorial Nivola, a editorial Proyecto Sur e a editorial  Elrompecabezas. Os traballos podrán presentarse en calquera das linguas oficiais do Estado Español e a data límite para a entrega dos traballos será en xaneiro de 2012. Para unha maior información poden lerse as bases dos Concursos no seguinte enlaces:    http://divulgamat2.ehu.es/divulgamat15/index.php?option=com_content&task=view&id=13200&Itemid=88

Tetractis

O boletín de divulgación matemática Tetractis toma o seu nome do cuarto número triangular, o número 10 chamado Tetractys polos pitagóricos. O boletín está editado e coordinado, dende outubro de 2006, polo Departamento de Matemáticas do IES Monelos da cidade de A Coruña, baixo a dirección do profesor de matemáticas de dito centro Gonzalo Temperán Becerra. O enlace para acceder a dito boletín é: http://www.tetractismonelos.blogspot.com/


TOMATEMATEMÁTICAS  


 Os alumnos de 2º de Eso do IES Monelos, baixo a dirección do seu profesor de Matemáticas Gonzalo Temperán elaboraron este sabroso blog ao inicio do curso 2011-2012: http://www.tomatematicas.blogspot.com/
¡Visitádeo! 

Nace o e-Museo

O director dos museos científicos coruñeses, Xosé A. Fraga, mandoume un correo onde nos fai saber que xa temos o cuarto museo cientifico coruñés: o e-Museo. O enlace é: http://mc2coruna.org/emuseo/

Real Sociedad Matemática Española, RSME.

Enlace onde poden consultarse todos os volumes desde o volume 1, publicado no ano 1998, de La Gaceta que é a Revista da RSME; a edición en papel atópase na biblioteca do Centro. 

http://www.rsme.es/gacetadigital/vernumero.php?id=84

Enlace dos boletíns da RSME desde o número 31 do 28 de novembro de 2005 ata a data actual.

http://www.rsme.es/content/view/81/90/

 

V Feira Matemática

A V Feira Matemática 2011: "As matemáticas da química" celébrase o sábado 21 de maio de 2011 en Palexco, dende as 11.00 ata as 19.00 h.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, así como ao profesorado e ao público en xeral; organizada por AGAPEMA, (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) en colaboración co Concello da Coruña, con motivo do Día Escolar das Matemáticas.

A Feria Matemática, este ano, está adicada ao tema "As matemáticas da química".
Máis información nas seguintes ligazóns:
http://www.agapema.com/agapema.html
http://edu.coruna.es/portada/actividades_municipales/v_feira_matematica_2011_as_matematicas_da_quimica
http://correo.edu.xunta.es/attach/triptico_feira_2011.pdf
http://correo.edu.xunta.es/attach/cartelfeira2011.pdf

¡¡¡Vinde a dar unha volta!!!

Retos matemáticos

Este enlace os levará a sección Retos matemáticos a cargo do profesor Santiago Fernández Fernández. Nela propóñense dous problemas matemáticos cunha periodicidade quincenal. Un dos problemas tratará sobre os contidos correspondentes á Ensinanza Secundaria Obrigatoria, designado como problema A, mentres que o outro, o problema B, estará dirixido aos alumno de bacharelato e ensinanza superior. A solución a cada problema aparecerán na quincena seguinte


http://www.divulgamat.net/index.php?option=com_content&view=article&id=12372&directory=67

Escritos sobre a obra cumio de Domingo Fontán, a Carta Xeométrica de Galicia.

 


O método seleccionado por Fontán para a elaboración da Carta Xeométrica foi o de "a triangulación", seguindo as tendencias europeas e ao seu mestre o matemático Rodríguez (inxustamente esquecido). A Carta Xeométrica foi o primeiro mapa realizado en España con criterios matemáticos. Hai unha morea de artigos sobre "O Mapa de Galicia. Os enlaces seguintes son unha pequena e representativa mostra destes artigos:


http://www.arrakis.es/~trasalba/O_Fontan/O_Fontan.html


  http://cvc.cervantes.es/actcult/cunqueiro/galicia/fontan/


 http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Domingo/Fontan/matematico/sublime/elpepiautgal/20110401elpgal_17/Tes


  http://elprogreso.galiciae.com/nova/43992.html


http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/12/02/0003_8145038.htm


 http://patrimonioeducativo.blogspot.com/2010/11/fondos-museisticos-del-ies-lucus_4893.html

Concurso de problemas

O diario El País iniciou o venres 18 de marzo de 2011 un concurso de resolución de problemas de Matemáticas relacionado co Centenario da Real Sociedad Matemática Española, RSME.


¡¡¡Animarvos a participar!!!


O concurso durará 30 semanas. Podedes ver en que consiste no seguinte enlace, que irei actualizando nas seguintes semanas:


http://www.elpais.com/articulo/sociedad/desafios/matematicos/elpepusoc/20110712elpepusoc_8/Tes

insertar unha imaxen

hola, estou intentando crear un blogue no eusebio

delfinsanimales-inteligentes

A muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade

O 2 de decembro do ano 2.000 a Muralla de Lugo quedou declarada Patrimonio da Humanidade. No primeiro plano da foto aparece o "reduto de María Cristina", construído en 1837, seguido das dúas únicas fiestras orixinais que quedan da muralla.


Anoitec e

Anoitece antes en decembro pero a partir de santa Lucía,
cada día un paso de galiña

blog de

hola me llamo francisca y estoy en un curso de informática del ies Eusebio da guarda

Distribuir contido


by Dr. Radut