Skip to Content

Actividades

Espazo para as actividades realizadas polo Departamento de Filosofia

Celebración aniversario Declaración Universal dos Dereitos Humanos: Charla/coloquio con activistas saharauis sobre a falta de dereitos no Sáhara Occidental

 

"Este martes 10 de decembro ás 13:00 na Biblioteca celebrouse a actividade para conmemorar o Aniversario da Declaración Universal dos DDHH de 1948 titulada “As eivas da aplicación efectiva da Declaración dos Dereitos Humanas nalgunhas rexións do mundo: Unha experiencia práctica no Sáhara Occidental”. Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Filosofia en colaboración ca Biblioteca e a Vicedirección.

Para ampliar foto prema na imaxe
Máis información prema Leer Máis Cartel en arquivo adxunto

O profesor Carlos Ruiz Miguel estará no IES de Valga para ter unha charla sobre Gdeim Izik desde unha perspectiva xurídica

 Na Biblioteca do IES de Valga este venres ás 10:30 celebrarase a 2ª parte da actividade c

“O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera
árabe” II:
 Que será unha Charla-coloquio titulada: “Gdeim Izick e a sua influencia na
primavera árabe a través do contexto xurídico internacional
do conflito saharauí” impartida por Carlos Ruiz Miguel.
Catedrático de Dereito Constitucional da USC
A actividade está organizada pola Biblioteca e o Departamento de Filosofia do IES de Valga e está dirixida a alumnado de 1º de Bacharelato

 

Prema para ampliar a imaxe

O profesor Santiago Jiménez no IES de Valga na actividade " O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera árabe” parte I

 

Este xoves 22 de novembro, ás 10:45 horas na Sala da Biblioteca do IES de Valga
 se celebrará a Actividade

“O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera árabe” I:que constará de duas partes. 1-Proxección do video documental:Gdeim Izick detonante da Primavera árabe”
2- Charla-coloquio  titulada: “Gdeim Izick e a sua influencia na primavera árabe  a través dos aspectos histórico-sociais do conflito saharauí ” impartida por Santiago Jiménez. Profesor Titular de Historia Medieval da USC
Esta actividade está dirixida a alumnado de 1º de BAC e organizada pola Biblioteca e o Departamento de Filosofía do IES de Valga.

para ampliar prema na imaxe

Primavera árabe: Charla do profesor Carlos Ruiz Miguel no IES de Valga emitida por videoconfencia para o CPI de Pontecesures

O profesor Carlos Ruiz Miguel, Catedrático de Dereito Constitucional da USC, pronuncio unha Conferencia titulada:"Primavera árabe: a evolución democrática dos países do Magreb e o dereito de autodeterminación dos pobos".Esta conferencia  foi organizada polo Departamento de Filosofía do IES de Valga destinada a alumnado de 1º de Bacharelato. Asemade, emitiuse por videoconferencia para alumando de 4º de ESO do CPI de Pontecesures. Nos seguintes enlaces tamén ven recollida á noticia:

http://www.diariodearousa.es/hoy/caldas/caldas005.html

http://www.pontecesures.net/2012/02/02/alumnos-de-valga-y-pontecesures-analizan-la-primavera-arabe/

http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19239

Para ampliar foto prema na imaxe e ampliar a noticia prema a Leer máis

 


 

Visita ó Parlamento de Galicia e as Cubertas da Catedral do alumnado de Educación para a Cidadania do IES de Valga

O pasado dia 2 de maio o alumnado de 2º da ESO do IES de Valga foron a Santiago de Compostela, para realizar unha visita as Cubertas da Catedral de Santiago de Compostela e ó Parlamento de Galicia. Esta visita foi programada polo Departamento de Filosofia para a materia de Educación para a Cidadanía. Nesta viaxe estiveron acompañados polos profesores Teresa Barreiro, Francisco Sébio e Roberto Barral.

Tamén pódese ler esta información

Distribuir contido


by Dr. Radut