Skip to Content

Primavera árabe: Charla do profesor Carlos Ruiz Miguel no IES de Valga emitida por videoconfencia para o CPI de Pontecesures

O profesor Carlos Ruiz Miguel, Catedrático de Dereito Constitucional da USC, pronuncio unha Conferencia titulada:"Primavera árabe: a evolución democrática dos países do Magreb e o dereito de autodeterminación dos pobos".Esta conferencia  foi organizada polo Departamento de Filosofía do IES de Valga destinada a alumnado de 1º de Bacharelato. Asemade, emitiuse por videoconferencia para alumando de 4º de ESO do CPI de Pontecesures. Nos seguintes enlaces tamén ven recollida á noticia:

http://www.diariodearousa.es/hoy/caldas/caldas005.html

http://www.pontecesures.net/2012/02/02/alumnos-de-valga-y-pontecesures-analizan-la-primavera-arabe/

http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19239

Para ampliar foto prema na imaxe e ampliar a noticia prema a Leer máis

 


 

Este mércores, 1 de febreiro, ás 12:45 horas tivo lugar na Biblioteca do IES de Valga, un encontro de alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Valga, tamén seguido por Videoconferencia por alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures con Carlos Ruiz Miguel Catedrático de Dereito Constitucional da USC organizada polo Departamento de Filosofía do IES de Valga. Experto en temas relacionados co Magreb en xeral e co conflicto do Sáhara Occidental pronunciou unha conferencia que levaba por título “Primavera árabe: a evolución democrática dos países do Magreb e a aplicación do dereito de autodeterminación dos pobos”.

O profesor comezou aclarando que baixo o termo “árabe” téndese a incluir ós países de maioría a relixión musulmana é maoiritaria. Estamos ante un ámbito xeográfico e cultural complexo no que sitúanse pobos e estados moi distintos con diversidade de compoñentes raciais e relixiosos.

Propiamente no referido ó contexto dos acontecementos de cambio nestes países considerou que hai diferenzas tanto respecto da natureza dos conflictos como dos obxectivos destas revoltas.

Si ben en Túnez, Exipto e Marrocos as protestas iban encamiñadas cara a consecución dunha democratización do país, en Barhein, Siria ou Yemen hai que ter en conta factores de carácter xeoestratéxico e relixiosos como a pugna pola hexemonía na área do golfo pérsico entre Arabia Saudí e Irán (sunníes e chiítas respectivamente). Outro caso distinto é o conflito de Libia que desembocou nunha guerra civil motivada por cambios de alianzas e lealdades tribais. Tamén fixo unha análise distinta do conflito do Sáhara Occidental que habría que encadralo dentro do contexto da reclamación do dereito de autodeterminación do pobo do Sáhara Occidental e da aplicación da legalidade internacional. Precisou que “foi no Sáhara Occidental donde se iniciou esta ola de protestas protestas co campamento violentamente desmantelado de Gdeim Izick”

Tamén citou a Alxeria e Mauritania, aínda que nestes países as protestas tiveron menos eco. En concreto declarou que “sorpendentemente Mauritania foi o primeiro país na zona en ter un sistema político máis homologable a unha democracia de corte occidental”.

Respecto ó futuro , “á subida o poder de partidos islámicos nas eleicións libres celebradas en Túnez e en Exipto amosan certas sombras sobre a evolución democrática destes países”.

Tra-la sua exposición abriuse un debate que tiña como novidade que por primeira vez un acto celebrado no IES de Valga era emitido por videoconferencia tamén para o alumnado do CPI de Pontecesures.

Este debate foi moi participativo, tanto polo alumnado de Valga como de Pontecesures, no que o alumnado fixo interesante preguntas sobre o futuro de Siria, a viabilidade da democracia en Libia, o papel das novas tecnoloxías nas articulación das protestas, o futuro do Sáhara Occidental e a legalidade ou non dos acordos de pesca con Marrocos, a compatibilidade do islamismo e a democracia e o cambio constitucional marroquino.

      


page | by Dr. Radut