Skip to Content

Actividades

Espazo para as actividades realizadas polo Departamento de Filosofia

Concurso: As Mulleres Filósofas

As mulleres filósofas 2021

O departamento de Filosofía convoca, un ano máis, o concurso "As Mulleres Fiflósofas", coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional da Muller". En palabras do profesor responsable do concurso, Víctor González Zúñiga: "de novo chega ao IES de Valga, o celebérrimo concurso sobre as MULLERES FILÓSOFAS. Non é novo, xa ten percorrido os mellores escenarios en televisións de medio mundo, da África Austral ao Polo Norte, das televisións de Miami a Tele 5 en España. Non hai concurso con máis recoñecementos, máis aínda que o SABER E GAÑAR de Jordi Hurtado, que aínda pode desfrutarse na 2 da TVE. Tras arduas negociacións coa vicedirección, o departamento de Filosofía, organizador, conseguiu "arrancarlle" suculentos premios, para o corpo e para o espírito, como di o lema do Día Mundial da Filosofía, para quen resolva o encrucillado.
Toda a información na Aula Virtual da Biblioteca. Outros concursos, igual de interesantes, están alí tamén en marcha. Participade, participade...."
Animamos a todo o alumnado a participar na resolución do encrucillado e, de paso, aprender sobre a vida e obra dalgunhas das mulleres máis representativas da Historia da Filosofía.

Exposición "As mulleres filósofas" no IES Valga

Exposición "As mulleres filósofas" no IES Valga

"Pois si, volven as mulleres filósofas. Será que quedaron a gusto na anterior visita, e volven, volven, non para quedarse no vestíbulo ou na biblioteca, non, esta vez traen un maior compromiso, veñen a meterse nas aulas, entre os logaritmos, as análises sintácticos e os citoplasmas. Volven, si, con alevosia e sen nocturnidade, e dalles igual que lles pechedes as portas, da aula ou da alma, van a entrar igual, alegres, sorrintes, e se tedes sorte, igual ata se quedan, dependerá do hospedaxe que lle deades. Estade atentos, non vos durmades. Abride os ollos... Chegan."

A exposición está organizada polo departamento de Filosofía.

Alumnado de Psicoloxía de 2º Bacharelato visita o centro AGADEA en A Estrada

Alumnado dePsicoloxía de 2º Bacharelato en AGADEA A Estrada

O alumnado de Psicoloxía de 2º Bacharelato visitou, na mañá do xoves 23 de xaneiro, as instalacións de AGADEA - Asociación Galega Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer, na localidade de A Estrada. Alí coñeceron a labor que leva a cabo esta asociación, observando como desenvolven terapias de estimulación cagnitivas e psicomotriz para persoas con deterioro cognitivo lixeiro e persoas con Alzheimer e outras demencias en grado leve e moderado. Ademais serviulle como actividade complementaria ás charlas que sobre o alzheimer levan asistindo durante este curso académico na materia de Psicoloxía. Lembrar que AGADEA é unha asociación sen ánimo de lucro, organización non gubernamental (ONG), constituida o 25 de marzo de 1994, por un grupo de familiares de enfermos de Alzheimer para buscar xuntos respostas, compromisos, apoios e recursos necesarios. A actividade foi organizada polo departamento de Filosofía.

Alumnado dePsicoloxía de 2º Bacharelato en AGADEA A Estrada

Celebrando o Día Internacional dos Dereitos Humanos no IES Valga

O vindeiro martes 10 de decembro, día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos calquera de vós, dos que agora estades lendo esta convocatoria, podedes ser protagonistas da historia máis fermosa, facer campañas, loitar polo cumprimento dos dereitos humanos. Acudide, nas horas do recreo, ao corredor de abaixo do IES ou a pasarela superior e... a ningún sitio máis. Alí daránsevos instrucións. Non levedes nada, dúas mans, unha mirada limpa e a mente despexada...., a historia más fermosa xamais contada empeza... Non faltedes!!!.

A actividade é organizada polo departamento de Filosofía.

Charla sobre o alzheimer para alumnado de Bacharelato na Biblioteca do IES Valga

O mércores 4 de decembro imos ter unha charla sobre o alzheimer para o alumnado de 2º de bacharelato que cursan Psicoloxía e o de 1º de bacharelato. Esta actividade será na Biblioteca e complementa á conferencia titulada: "coñecer mellor a enfermidade do alzheimer", dentro do programa Red Paraugas Alzheimer e, que tivo lugar o pasado 22 de outubro no colexio La Salle de Santiago

Distribuir contido


by Dr. Radut