Skip to Content

Actividades

Espazo para as actividades realizadas polo Departamento de Filosofia

Os imprescindibles dos Dereitos Humanos

Os imprescindibles dos Dereitos Humanos

A exposición sobre so Dereitos Humanos no corredor da planta baixa mostra tamén o que o profesor de Filosofía denomina os imprescindibles. En palabras de Víctor González: "Aí os tedes. os imprescindibles. Homes e mulleres loitador@s. Chegaron onte, e hoxe xa están onde deben, nun centro educativo, no IES de Valga, onde mellor?. Non queren perder o tempo, son xente de acción, que o que se pode perder lendo estas liñas, o perden tamén as causas boas que eles defenden, por iso non debo alongar moito esta reseña.
Estes días estarán dándose a coñecer, vinde, quedarvos coas súas facianas, a mirada, as mans, boas, xenerosas, fortes... en fin, que están para axudar. Son imprescindibles. Non atoparás mellores mestres. Xente de mañá. Búscaos. Felices festas!!!".

Exposición sobre os Dereitos Humanos

Dereitos Humanos 2021

O departamento de Filosofía conmemora o Día Internacional dos Dereitos Humanos cunha exposición no corredor da planta baixa do noso centro. En palabras do profesor de Filosofía, Víctor González: "Os dereitos humanos asináronse no ano 1948, tras os desastres da Segunda Guerra Mundial, pero unha cousa é a sinatura, unha mera formalidade, e outra o seu cumprimento, a aparencia vai por unha banda e a verdade pola outra, é a verdade é que o cumprimento da maioría dos dereitos humanos no mundo deixa motio que desexar.
Os filósof@s que ata fai ben pouco acamparon por estes lares, lembraredes, contaron este mito. Foi Platón quen o fixo, e máis ou menos ven a dicir que hai moito tempo houbo uns prisioneiros escondidos nunha caverna, ficaban atados de pes e mans, ata o pescozo o tiñan amarrado, o caso, estou resumindo, é que un deses prisioneiros, o chamaremos Sócrates para identificalo, liberouse das súas cadeas e, tras moitos esforzos, conseguíu saír da caverna para descubrir que fóra había unha realidade, unha luz, un sol, unha verdade da que carecía o interior da caverna, todo aparencia. Espero que a miña versión sexa entendida; Platón, no libro "República", o conta como deus manda.
Dixera Platón o que dixera, estou eu seguro que se Sócrates se liberase das cadeas, hoxe, 2021, case xa 22, cando saíra da caverna, non atoparía o mesmo que atopara o platónico. Sabedes que atoparía?  Volo digo, un decorado, non a verdade e a luz que atopou o outro, non. O meu Sócrates estamparíase contra un decorado... unha farsa, un timo. Os dereitos humanos non deixan de ser iso, un decorado, unha pantalla.... aparencia, como a que había na caverna. Cantos dereitos humanos cúmprense hoxe no mundo?... Aí o deixo.
Porén, no IES de Valga, somos vangarda, como non podía ser de outro xeito. No soportal do instituto reza que aqueles que non respecten os dereitos humanos non deben seguir adiante, "ninguén que non respecte os dereitos humanos, pase". Está escrito. É a herdanza que deixaron os filósof@s antes da súa partida. Puxéronse serios, como ten que ser nun asunto como este.
Home, xa sabemos que os que queiran pasar, pasarán, non deberían, iso si, porque non respectan os dereitos humanos, pero se pasan, os que o fagan, que saiban que van a ser esixidos e obrigados por aqueles que xa percorren as corredoiras do instituto, son loitadores e defensores dos dereitos humanos. Seguramente non os coñecederes, están recén chegados de todas as partes do mundo, os podedes visitar e coñecer pois aínda quedarán uns días por aquí. Está Said Boumedouha, que ven desde Irak, e Julio Torales do Paraguay, e moitos máis... apenas son coñecidos, certo, pero son imprescindibles ... "hai homes que loitan un día, e son bos, hai outros que loitan moitos días, e son mellores, pero hai os que loitan toda unha vida, ese son son imprescindibles". Bertol Bretch. Poucas bromas".

Dereitos Humanos 2021

Alumnado 4º ESO participa no "Día da Filosofía"

Alumnado 4º ESO no Día da Filosofía

Alumnado de 4º ESO participou na celebración do "Día da Filosofía". En palabras do seu profesor, Víctor González Zúñiga: "Se contemplades con calma a foto que acompaña o texto, veredes cinco adolescencias (unha delas agachada), e unha presencia que fai tempo, moito, que xa pasou por ela. Esquecédea. Fixádevos, en cambio, nas catro facianas visibles, nos seus ollos... hai asombro. Se non o descubrides, volvede a mirar, por favor. É unha mirada asombrada, curiosa, que dúbida cabe. Non pode ser doutro xeito. Estamos cara a cara con filósof@s. Lucía, Anxo (que en algunhas redes virtuais o veredes pixelado), Xavi, Claudia, agachada e, diante, amosando un libro, Uxía. O libro é o agasallo que merece polo traballo de investigación que levo a cabo co gallo do día da filosofía, o 19 de novembro pasado. Investigar investigaron tod@s, incluso outr@s que non quixeron aparecer na foto. Están en 4º da ESO, o que é unha boa noticia, porque significa que a filosofía está en boas mans.... que ten futuro. Ben. Futuro o tería igual, non nos enganemos.
Iníciase agora unha viaxe para el@s. Saben que exemplo deben seguir pois coñecen a Ulises, si, o heroe de Homero e, como él, son conscentes que o camiño que emprenden virá cheo de perigos, descoidos, fatigas e cansanzos. A falta de sereas, outras cantos lles van saír o camiño. Imaxinade. Non hai travesía sen extravíos. O mesmo da. Levan boa equipaxe, ademais, o importante non é a meta, senón o camiño. Xa o saben. Quedade tranquilos".

Exposición na Biblioteca para conmemorar o Día Mundial da Filosofía

Exposición na Biblioteca para conmemorar o Día Mundial da Filosofía

O departamento de Filosofía co seu profesor Víctor González organizou unha Exposición na Biblioteca para conmemorar o Día Mundial da Filosofía na Biblioteca do noso centro. En palabras do propio profesor, Víctor González: "Chegaron. De noite, onte e con sixilo, que é como mellor entran as veces os pensamentos, mesturados cos soños. Xa están aquí, saltaron aramados, coma furtivos, liberaron fechaduras, navegaron mares e océanos, cruzaron ríos e tenderon pontes. Costoulles, pero chegaron, mal que lles pese a algúns. Si, son os filósofos e as filósofas. Acamparon xa, e descansan na biblioteca do IES de Valga das fatigas. Grazas a Áida García Barreiro, aliumna do Centro, que axudou a acomodalos. Grazas, amiga.
Non, non, o tiveron doado. Non o ten doado a filosofía. Algúns non a queren ver diante, roubanlle horas de didáctica (véanse os xornais); será porque os filósof@s traen nas alforxas a beleza. Moita carga parece, pero é o que traen. Nin ouro, nin prata, tampouco incenso ou especias semellantes. Nada de iso. Non son magos, son filósof@s. Só traen a beleza, nada máis, e nada menos. Algúns, ben intencionados, defenden que sen filosofía morre a disidencia, e ata a liberdade morre e virán as tiranías .... non será para tanto, que incluso aqueles que negan a filosofía, a practican sen darse conta, porque negar é pensar, como dixo aquel, xa fai tempo.... lembrade, aquel que nega a Deus, xa está pensando en el, que negándoo, o pensa, e se o pensa, existe. Coa filosofía pasa o mesmo. a filosofía sempre está, aínda que non se queira; pérdese moito máis que a liberdade, pérdese unha historia fermosa, a historia do pensamento. Que pensaríades se algún iluminado propuxera, por exemplo, quitarlle horas dos curriculums pedagóxicos a historia da literatura, galega ou castelán, que pensaríades se, por culpa do ordeamento curricular, houbera alumn@s que non coñeceran quen foi Lope de Vega, por exemplo, ou Miguel Hernández ou que non soubera que a península ibérica foi visitada polos musulmáns porque roubáronlle horas a didáctica da Historia poño por caso?... Non, non fan falta respostas, non as preciso, o silencio que agora gardades é resposta dabondo.
Si, chegaron os filósofos/as. Están en pé de guerra. Non é para menos, pero visitade a biblioteca do IES, que non morden. Están alí acampados, descansando, camiño de outras empresas, outras loitas. Adoitan ser loitas dialécticas, pero outras, máis belixerantes, non están descartadas."

Exposición na Biblioteca para conmemorar o Día Mundial da Filosofía

Alumnado de 1º ESO asiste á representación de "O Principiño"

Alumnado de Oratoria e Educación Emocional asiste á obre "O Principiño"

O martes 22 de xuño e como unha das actividades finais do curso 2020-2021, tivo lugar na Biblioteca do noso centro unha representación teatralizada baseada na obra "O principiño" para o alumnado de 1º ESO de Oratoria e Educación Emocional. Foi nas palabras de Víctor González, profesor de Filosofía que organizou e preparou esta obra: "si. O principiño volveu a terra. Aí o podesde ver, na foto. Xa estivera antes, e visitara o un rei, a un vaidoso, ao bebedor, .... nesta volta quixo visitar Valga; vaite ti a saber por que. Escoitaría que o alumnado de Educación Emocional de 1º da ESO do IES de Valga o reclamaba. Querían coñecelo, e presentouse, con moito gusto, e gustoulle o que viu.... a Biblioteca onde o alumnado fixo a representación, a obra onde se viu representado, a rapazada que xogaba nos patios, os bocatas de tortilla, o departamento de Filosofía, que tamén visitou, en fin, todo, e haberá que fiarse do seu criterio, que o principiño é home de mundo. Quedou encantado". A actividade foi organizada polo departamento de Filosofía.

Distribuir contido


by Dr. Radut