Skip to Content

Actividades

Espazo para as actividades realizadas polo Departamento de Filosofia

Alumnado do IES Valga asiste a unha charla científica a cargo de Xurxo Mariño

Conferencia de Xurxo Mariño na Biblioteca do IES Valga Conferencia de Xurxo Mariño na Biblioteca do IES Valga 28/11/18   Hoxe, mércores 28 de novembro, estivo na Biblioteca  do IES de Valga o investigador, profesor da UDC e divulgador científico Xurxo Mariño, impartindo unha conferencia baixo o título "Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" na que se reflectiron as experiencias derivadas da súa viaxe polo mundo durante case un ano. Na súa intervención, seguida con moito interese polo alumnado e profesorado presente, mesturou anécdotas con descricións científicas que foron xurdindo ao longo das etapas que viviron os viaxeiros deste sorprendente periplo. O relatorio foi organizado polo Departamento de Filosofía e nel estivo presente alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 1º de FP Básica.  Máis información desta nova picando aquí.

 
   

Exposición na Biblioteca para conmemorar o Día Mundial da Filosofía

posición na Biblioteca para conmemorar o Día Mundial da Filosofía  posición na Biblioteca para conmemorar o Día Mundial da Filosofía Filósofos todos. Quedades convocados na Biblioteca do IES de Valga para festexar o DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA que celebraremos o 16 de novembro. Descartes, Aristóteles, Sócrates, Kant e outros xa pasean por alí esperando a vosa visita. Non vos sintades acobardados, son xente normal, de carne e óso; en calquera caso, se se poñen a falar entre eles, prestade  atención. Sempre se aprende algo desta xente; se che preguntan: cala... escoita... mellor, síguelles o conto, dialoga con eles, sen medo porque, ben pensado, quen non é tamén un pouco filósofo?. A exposición foi realizada polo responsable do Departamento de Filosofía, Víctor González con alumnado de 1º Bacharelato A.  
   

Alumnas de 1º Bacharelato participan na V Olimpíada Filosófica de Galicia

Alumnas na V Olimpíada Filosófica de Galicia  As alumnas de 1º Bacharelato, Silvia Pérez e Vicky Luna na modalidade de Disertación Filosófica e Carla García, na modalidade de Certame fotográfico, participaron, o venres 16 de febreiro, na V Olimpíada Filosófica de Galicia. A proba presencial tivo lugar na Facultade de Filosofía da USC e foron acompañadas polo profesor de Filosofía, Roberto Barral.                                      

 
   

Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre Neurociencia a cargo de Xurxo Mariño

Charla Xurxo Mariño ao alumnado de Bacharelato  Hoxe, mércores 22 de novembro, estivo na Biblioteca  do IES de Valga o especialista en neurobioloxía Xurxo Mariño, impartindo un relatorio organizado polo Departamento de Filosofía, titulado “ Viaxe á máquina da mente” destinada ao alumnado 1º e 2 º de Bacharelato. En dito relatorio houbo unha participación moi activa do alumnado  e profesorado asistente, donde na parte de debate realizáronse preguntas sobre o "déjà vu", a posible relación de causalidade entre a utilización dos teléfonos móbiles e determinadas enfermidades, o sentimento de vergoña ou o estímulo das emocións para condicionar o comportamento humano.

Alumnado do IES de Valga obtén o 1º Premio da I Olimpíada Galega de Filosofía

Os alumnos de 1º BAC  Silvia  Del Río, Carla Vicente Carlota  Abuín e Javier Carballo obtiveron o 1º Premio da  I Olimpíada Galega de Filosofía  na modalidade de Composición Fotográfica ca sua obra ¡Eu son filósofo un gourmet da vida! Para ver pincha a imaxe de abaixo. Noraboa!

Distribuir contido


by Dr. Radut