Skip to Content

Actividades

Contacontos a cargo do actor Cesar Cambeiro co alumnado de 2º ESO

Contacontos co alumnado de 2º ESO            Contacontos co alumnado de 2º ESO     

O actor César Cambeiro estivo na Biblioteca de noso Centro para levar a cabo unha sesión de contacontos co alumnado de 2º ESO. A actividade tivo lugar o pasado venres 13 de marzo e está enmarcada dentro do traballo que este alumnado fai dentro do proxecto DRAGAL. A sesión versou sobre contos e lendas entroncadas coa historia deste libro. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

Charla arredor da Toponimia con Gonzalo Navaza no IES de Valga

Gonzalo Navaza co alumnado de 3º ESO               Gonzalo Navaza co alumnado de 3º ESO                                   

O escritor e especialista en Toponimia, Gonzalo Navaza, ofreceu unha moi interesante charla sobre os diferentes tipos de topónimos  no noso Centro. Ademais de falar sobre os topónimos do Concello de Valga e concellos limítrofes, explicou a boa parte do alumnado de 3º de ESO sobre a orixe dos seus apelidos. A actividade, celebrada o pasado luns 9 de marzo, foi organizada polos Departamentos de Dinamización Lingüística e Lingua e Literatura Galega.

Alumnado de 1º e 2º Bacharelato asisten á proxección de "A esmorga"

Cartel "A esmorga" O alumnado de Bacharelato do IES Valga asistiu, este mércores 25 de febreiro, á proxección da película "A esmorga" de I. Vilar nos multicines de Riveira. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

O IES de Valga DRAGALÍZASE

     Jiangjié Huang e Marta Looz coa pintura da portada de Dragal feita pola alumna Andrea Pazos                 Jiangjié Huang mostrando a arte da caligrafía antiga ao alumnado de 2º ESO              Marta Looz mostrando os movementos do dragón na cultura tibetana ao alumnado de 2º ESO                   

    O pasado 23 de xaneiro  o alumnado de 2º de ESO asistiu, na Biblioteca do noso Centro, a unha nova actividade do proxecto Dragal, unha iniciativa de promoción de lectura de creación e investigación multidisciplinar en galego. A actividade tivo dúas partes: na primeira, o estudante chinés JIANGJIÉ  HUANG, de Cursos Internacionais en Santiago de Compostela, impartiu unha charla sobre a cultura do Dragón en China; ademais fixo unha moi interesante demostración de caligrafía Antiga, da cal deixou a súa propia mostra na Biblioteca. Na segunda parte, MARTA LOOZ, mestra de Ioga Tibetano e Directora da ONG “Live to Love” en España, falou dos movementos do Dragón na cultura tibetana, e concluíu a súa intervención cunha exhibición de espada no ximnasio. 

O alumnado seguiu entusiasmado ambas intervencións. Picando aquí podes ler a nova desta actividade na edición de Arousa de La Voz de Galicia.

Continuará...                                                                                                                                                

Alumnado de 2º ESO do IES Valga participa no "Proxecto DRAGAL"

Charla da escritora Elena Gallego Abad co alumnado de 2º ESO sobre a súa novela "Dragal"                                                        A escritora Elena Gallego Abad coa alumna de 2º ESO, Andrea Pazos

 A xornalista e escritora Elena Gallego Abad estivo o pasado 19 de xaneiro no IES de Valga para explicar ao alumnado de 2º ESO a súa obra “Dragal. A herdanda do dragón” . Esta actividade está enmarcada dentro do “Proxecto Dragal”, do que participa o IES de Valga xunto con outros once centros de toda Galicia. A actividade está impulsada pola Secretaria Xeral de Política Lingüística a través dos equipos de dinamización da lingua galega. Trátase dun programa multidisciplinar de animación á lectura e de creación en galego coas tecnoloxías da información e da comunicación que parte da triloxía homónima de esta escritora. A actividade, realizada na Biblioteca do Centro, foi organizada por parte do Departamento de Lingua e Literatura Galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut