Skip to Content

Actividades

Intercambio bilateral de alumnado do IES Valga co centro educativo DªMaria II DE Braga

    Intercambio IES Valga-Escolas Dª Maria II Braga   Intercambio IES Valga-Escolas Dª Maria II Braga INTERCAMBIO BILATERAL     IES DE VALGA-DªMARIA II DE BRAGA. 1 DE FEBREIRO DE 2017: 2º ENCONTRO EN VALGA   
   

Alumnado de 1º Bacharelato asiste á obra de teatro: "Pelos na lingua"

Alumnado de 1º Bacharelato asiste á obra "Pelos na lingua"   O martes 17 de xaneiro, o alumnado de 1º Bacharelato do noso centro, asistiu no Salón Teatro de Santiago de Compostela á obra de teatro "Pelos na lingua", representada pola compañía teatral Talía Teatro, dentro da súa campaña escolar 2016-2017. A representación é un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega.    
   

Alumnado de Portugués asiste a un taller de Lingua Portuguesa

        O alumnado de portugués de 1º ESO e 1º Bacharelato do noso centro visitou a Escola Oficial de Idiomas de Santiago para participar nun taller de lingua (escrita) portuguesa. Dentro das actividades realizadas, destacar que a alumna de 1º Bacharelato, Paula Grela, participou na lectura dunha historia creada no obradoiro de escrita portuguesa, xunto á escritora Margarida Fonseca Santos. A actividade foi organizada pola profesora de portugués Isolina Salgado, acompañada da lectora de portugués.

 
   

Alumnado de 1º Bacharelato no roteiro pondaliano

Alumnado de 1º Bacharelato no roteiro pondaliano    Alumnado de 1º Bacharelato no roteiro pondaliano

 ROTEIRO PONDALIANO CON 1º BACHARELATO

Os rumorosos de escuro arume harpado e confin dos verdes castros” foron o escenario.

O pasado 18 de abril o alumnado de 1º bach do Ies de Valga e as profesoras de Lingua Galega Olga López López e de ciencias Irene G.Bernadal fomos á Costa da Morte aos lugares que inspiraron a Eduardo Pondal para crear a súa obra. A natureza é de crucial importancia para o autor do himno galego. Iniciamos o recorrido no Dolmen de Dombate onde recibimos unas explicacións moi interesantes sobre o mundo das antas na costa da morte. Aprendemos moito sobre estes monumentos megalíticos funerarios.Agradezemos  a Lito, o noso guía o seu bon saber facer.. A continuación fomos ao Castro de Borneo, redescuberto hai tan só 30 anos e moi ben conservado. Logo xa en Ponteceso o guía do concello ,Xavier, levounos dende a casa de Pondal onde lemos varios poemas ata  a foz  do rio Anllóns ,camiñando por marismas, observado flora e fauna da zona, por congostras ao pé do mar con paisaxes espectaculares.  Logo de 6 Km  de andaina chegamos á Praia de Balarés onde aproveitamos para comer baixo uns altísimos piñeiros “rumorosos de escuro arume harpado”  Tamén subimos ao Monte Branco onde disfrutamos dunhas vistas inesquecibles e a profesora de ciencias aproveitou para dar unas explicacións sobre a formación do esteiro e os depósitos de area que pola acción do vento se convirten en dunas móviles que van subindo e subindo ata formar o Monte Branco.  e xa para rematar, subimos á torre da Nosa Sra da Guía con 135 chanzos por unha escaleira de caracol que nos custou mais de un mareo. Corme non puido ser! porque a estrada estaba cortada por desprendimentos por causa da choiva. Esperamos poder repetir! 

Alumnado de 4º ESO no Museo de Pontevedra

Alumnado de 4º ESO no Monumento aos Heroes de Pontesampaio    Alumnado de 4º ESO no Museo de Pontevedra     Alumnado de 4º ESO no Museo de Pontevedra 

O 24 de novembro, alumnado de 4º de ESO, visitou o Museo de Pontevedra, onde realizou unha visita dividida en dúas partes. Unha parte consistiu na realización dunha unidade didáctica baseada na obra de Castelao. A través da observación dos fondos da obra de Castelao expostos en dúas salas do Museo, o alumnado foi completando unha serie de cuestións. A segunda parte foi unha visita guiada polo século XIX a través de diferentes obras de artistas representativos da arte galega. A visita foi organizada polos Departamentos de Lingua e Literatura Galega e Xeografía e Historia.

Distribuir contido


by Dr. Radut