Skip to Content

Actividades

Alumnado de Portugués do IES Valga visita a cidade de Braga

Alumnado de Portugués na cidade de Braga O alumnado de Portugués de ESO e 1º Bacharelato do noso Centro visitou o pasado mércores 24 de maio a cidade de Braga. Acompañados das profesoras Isolina Salgado e Dulce Serramo, ademais da súa lectora Carla Nunes, alumnos e alumnas participantes nesta viaxe puideron coñecer un pouco máis da cultura e lingua portuguesa. Completou esta xornada un percorrido polos lugares máis destacados desta histórica cidade lusa.   
   

Alumnado de Portugués conmemora o "25 de Abril"

Alumnado de portugués conmemora o "25 de Abril"  Alumnado de portugués conmemora o "25 de Abril"  Co gallo da celebración do 25 de abril, o alumnado de Portugués do noso Centro, participou en distintas actividades como a elaboración de "cravos de papel", soportes para caraveis naturais ou o visionado da película "Capitâes de Abril".

Alumnado de 3º ESO visita a Casa Museo de Rosalía e casco antigo de Santiago

Alumnado de 3º ESO na Casa Museo de Rosalía en Padrón  Alumnado de 3º ESO na terraza da Facultade de Xeografía e Historia en Santiago O martes 21 de marzo, o alumnado de 3º ESO realizou unha visita a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón e ao casco antigo da cidade de Santiago.

Intercambio bilateral de alumnado do IES Valga co centro educativo DªMaria II de Braga

Intercambio IES Valga-Escolas Dª Maria II Braga  INTERCAMBIO BILATERAL IES DE VALGA-DªMARIA II DE BRAGA. 1 DE FEBREIRO DE 2017: 2º ENCONTRO EN VALGA. O pasado mércores un grupo de 45 alumnos, acompañados de cinco membros do profesorado, da escola Dª Maria II de Braga visitaron o IES de  Valga para devolver a visita que no pasado curso realizaron o alumnado de portugués do noso Centro, dentro do intercambio cos alumnos de español da escola de Braga, froito dunhas xornadas Ersamus. O alumnado e profesorado foi recibido no Auditorio de Cordeiro polo Alcalde, a Concelleira de Educación e Cultura e o Director do noso Centro. Alí, despois de darlle a benvida con discursos das autoridades e dunha representación do alumnado valgués, foron obsequiados con diferentes agasallos relacionados coa cultura galega. A continuación transladáronse ao IES onde participaron nunha xincana por diferentes espazos, terminando todos xuntos na Biblioteca. Un xantar de confraternidade en Campaña, onde se lles entregou unha peza de artesanía galega como recordo da súa visita, xunto coa visita ao Belén de Valga, as fervenzas de Raxoi e Parafita e ao Museo da Historia do Concello, completaron as actividades dunha completa xornada que finalizou sobre as sete da tarde. 

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut