Skip to Content

Intercambio bilateral de alumnado do IES Valga co centro educativo DªMaria II de Braga

Intercambio IES Valga-Escolas Dª Maria II Braga  INTERCAMBIO BILATERAL IES DE VALGA-DªMARIA II DE BRAGA. 1 DE FEBREIRO DE 2017: 2º ENCONTRO EN VALGA. O pasado mércores un grupo de 45 alumnos, acompañados de cinco membros do profesorado, da escola Dª Maria II de Braga visitaron o IES de  Valga para devolver a visita que no pasado curso realizaron o alumnado de portugués do noso Centro, dentro do intercambio cos alumnos de español da escola de Braga, froito dunhas xornadas Ersamus. O alumnado e profesorado foi recibido no Auditorio de Cordeiro polo Alcalde, a Concelleira de Educación e Cultura e o Director do noso Centro. Alí, despois de darlle a benvida con discursos das autoridades e dunha representación do alumnado valgués, foron obsequiados con diferentes agasallos relacionados coa cultura galega. A continuación transladáronse ao IES onde participaron nunha xincana por diferentes espazos, terminando todos xuntos na Biblioteca. Un xantar de confraternidade en Campaña, onde se lles entregou unha peza de artesanía galega como recordo da súa visita, xunto coa visita ao Belén de Valga, as fervenzas de Raxoi e Parafita e ao Museo da Historia do Concello, completaron as actividades dunha completa xornada que finalizou sobre as sete da tarde. 

 
   


page | by Dr. Radut