Skip to Content

Actividades

Alumnado de 4º ESO vai ao cine a ver "A ESMORGA"

Alumnado de 4º ESO para ver "A ESMORGA"     O pasado venres 5 de decembro os alumnos de 4 de ESO xunto coa nosa profesora de galego Olga López fomos ver A Esmorga ao cine, logo de ler o libro e de ter unha videoconferencia cos actores e director da mesma.
 A película, adaptación da novela homónima de Eduardo Blanco Amor é un drama realmente duro e realista que deixa entrever que máis alá dunha noite de bebedeira por Ourense dos tres protagonistas, hai temas  máis profundos como a homosexualidade reprimida do Milhomes , a obsesión do Bocas por alcanzar un ideal imposible de muller,  que acaba materializando con violencia desmedida , violando a unha rapaza  perturbada mentalmente,matando a alguén nunha taberna,...
 

Videoconferencia A ESMORGA

Videoconferencia A Esmorga O alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato do noso IES, participou o mércores 19 de novembro, xunto con outros centros de toda Galicia, nunha videoconferencia co director e actores da película "A Esmorga". Realizaron preguntas acerca desta esencial obra da literatura galega. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas.

Ortografía 1

ORTOGRAFÍA

Visita ó Museo do Pobo Galego

 O pasado venres dia 21 de febreiro o alumnado de 2º da ESO do IES de Valga realizou unha visita ó Museo do Pobo Galego organizada polo Departamento de Lingua Galega. Maís fotos en Galería

Para ampliar foto prema na imaxe

O escritor Abraham Carreiro charlou cos estudiantes de 1ºESO na biblioteca do IES Valga

As alumnas e os alumnos que cursan 1ºESO estiveron a ler nas pasadas semanas unha das novelas de Abraham Carreiro na asignatura de Galego. Pois ben, o luns 28 de maio estes rapaces tiveron a ocasión de coñecer ao escritor en persoa, xa que Carreiro acudiu á biblioteca do instituto para manter unha charla con eles. Aparte de divulgar algúns dos seus segredos sobre a escritura, debuxou para eles e tamén asinou moitos libros.

 

Para ampliar foto prema a imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut