A xornalista e escritora Elena Gallego Abad estivo o pasado 19 de xaneiro no IES de Valga para explicar ao alumnado de 2º ESO a súa obra “Dragal. A herdanda do dragón” . Esta actividade está enmarcada dentro do “Proxecto Dragal”, do que participa o IES de Valga xunto con outros once centros de toda Galicia. A actividade está impulsada pola Secretaria Xeral de Política Lingüística a través dos equipos de dinamización da lingua galega. Trátase dun programa multidisciplinar de animación á lectura e de creación en galego coas tecnoloxías da información e da comunicación que parte da triloxía homónima de esta escritora. A actividade, realizada na Biblioteca do Centro, foi organizada por parte do Departamento de Lingua e Literatura Galega. |
|