Novas portal educativo
A Xunta lanza o primeiro premio ‘ConVivimos’, para recoñecer o bo traballo e o compromiso dos centros educativos a prol da convivencia e o benestar
Summary:
O galardón está dotado con 18.000€ que se repartirán en catro distincións específicas para a etapa de Primaria e outros tantos para a de Secundaria
Esta nova acción incorpórase ao conxunto de medidas da Consellería de Educación neste eido prioritario no que está a investir de máis de 3,3M€
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de lanzar o primeiro premio ConVivimos, de convivencia e benestar para recoñecer o bo traballo, a implicación, o esforzo dos centros educativos a prol das melloras enfocadas a consolidar a convivencia positiva nas aulas baixo o paraugas de respecto e equidade.
Impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a finalidade deste novo galardón é destacar aquelas actuacións e proxectos desenvolvidos desde colexios e institutos que impliquen un alto grao de compromiso coa mellora da convivencia escolar e do benestar emocional, así como para visualizar o esforzo realizado polos centros neste eido.
Tal e como pode consultarse no Portal Educativo, a convocatoria vai destinada a todos os centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, que dispoñen de prazo ata o 23 de outubro para presentar os seus proxectos, que poden ser de carácter individual ou colectivo. Cada centro poderá presentar unha única solicitude que irá acompañada dunha memoria descritiva do conxunto de actuacións levadas a cabo en materia de convivencia e benestar emocional.
Categoría e importesUnha comisión de selección encargarase de avaliar os proxectos presentados, tendo en conta aspectos como a calidade das accións desenvolvidas, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, o impacto no proceso de ensino-aprendizaxe e a súa repercusión no conxunto do centro, entre outros.
A Consellería destina un total de 18.000€ a este galardón, que se distribuirán a razón de catro premios (primeiro, segundo, terceiro e mención de honra) para a modalidade de Primaria e outros tantos para a de Secundaria (que abrangue ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial). Así pois, o centro que acade o primeiro premio recibirá 5.000€, o segundo recibirá 2.500€, o terceiro 1.000€ e a mención de honra 500€.
Estratexia de convivencia escolarO premio ConVivimos forma parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e incorpórase ao paquete de medidas neste ámbito impulsadas pola Consellería de Educación e que suman un investimento de 3,3M€.
Cómpre lembrar que o Goberno galego sitúa o benestar emocional no ensino como unha prioridade estratéxica que agora se reforza con esta nova iniciativa. Nesta liña, a Consellería de Educación vén de darlle un novo pulo ao Plan de Benestar Emocional, que é a folla de ruta de cabeceira neste ámbito, co deseño dunha guía que o amplía e mellora, facilitando a súa aplicación mediante estratexias de resolución.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRomán Rodríguez confía no diálogo coas organizacións sindicais para chegar a un acordo de mellora educativa que beneficiará ao conxunto do sistema
Summary:
O conselleiro inaugura unha xornada formativa sobre os novos currículos galegos na que participan 150 docentes
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, amósase confiado no diálogo coas organizacións sindicais para artellar un acordo de mellora educativa que beneficiará ao conxunto do sistema, tanto ao alumnado como ao profesorado.
Con motivo da apertura dunha xornada formativa sobre os novos currículos con 150 docentes, reiterou o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora continua do sistema educativo galego para que siga liderando os principais indicadores como a calidade, a inclusión ou a atención á diversidade, entre outros.
Nesta xornada, integrada nas accións do Plan de formación do profesorado impulsado pola Xunta, abordaranse ao longo do día cuestións como a normativa, as novidades e a estrutura dos mesmos. Tamén se afondará en eidos como a avaliación competencial ou os plans educativos para cada unha das etapas.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta traslada ás organizacións sindicais unha proposta de mellora do ensino e do profesorado que senta as bases da educación da vindeira década
Summary:
A Consellería convoca o próximo luns a Mesa Sectorial Docente, onde presentará un documento de medidas que permitan a Galicia afrontar os retos presentes e futuros na educación e continuar tendo un dos mellores sistemas públicos de España
Propón reducir as rateos a 20 alumnos por aula en Infantil e Primaria fronte aos 25 actuais cun calendario de implantación progresivo a partir do curso 24-25
Establece incrementos retributivos de ata o 15% para os docentes no complemento específico que reciban en base á súa formación permanente
Os integrantes dos equipos directivos e inspectores recibirán 45€ mensuais máis
Elaborarase un plan de simplificación de tarefas burocráticas que permita unha maior dedicación do profesorado aos labores especificamente educativos
Estenderase a posibilidade de realizar reunións telemáticas de órganos como claustros
Idioma GallegoA Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar a Mesa Sectorial Docente para o próximo luns, día 2 de outubro, co obxectivo de presentar nela ás organizacións sindicais unha proposta de mellora que inclúe medidas tanto no funcionamento do sistema educativo galego como das condicións laborais do profesorado da Comunidade.
O obxectivo é sentar as bases da educación da vindeira década, posibilitando que Galicia siga tendo un dos mellores sistemas de España, tal e como veñen constatando informes nacionais e internacionais, así como as estatísticas do Ministerio de Educación. A proposta da Xunta garante que o ensino galego siga sendo unha referencia, dando estabilidade ao profesorado e mellorando as condicións de aprendizaxe do alumnado, á marxe de circunstancias externas como o descenso da natalidade previsto.
Para iso, o documento que o Goberno autonómico elevará á Mesa Sectorial Docente establece unha serie de medidas en ámbitos como as rateos de estudantes por aula, a carreira profesional docente, a función directiva ou as tarefas administrativas.
En concreto, proponse unha redución das rateos nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria, que pasarían a ter 20 alumnos por aula fronte aos 25 actuais. Para levalo a cabo, fíxase un calendario de implantación a partir do curso 24-25, no que se realizaría unha primeira rebaixa a 23 en 4º de Educación Infantil. Un ano despois, no 25-26, pasaríase a 20. Este mesmo proceso iríase aplicando no resto de niveis de forma progresiva ata acadar o conxunto dos nove cursos que compoñen estas etapas.
En canto á mellora da carreira profesional docente, ofrécese un incremento mensual do 15% no complemento específico que o profesorado recibe en base á súa formación permanente. Incentívase, deste xeito, esta práctica de actualización constante de coñecementos e destrezas que repercute nunha mellor atención ao alumnado. A suba realizaríase ao longo de tres cursos, cun 5% consecutivo máis en cada un deles.
Acreditación dixital docenteAsí mesmo, indícase que transcorridos seis anos desde a sinatura do acordo, requirirase que o profesorado teña acadado o nivel B1 de competencia dixital docente. Para conseguilo, a Xunta comprométese a realizar unha oferta formativa suficiente.
A proposta tamén contén melloras para o persoal que desempeña tarefas nos equipos directivos tales como dirección, secretaría, xefatura de estudos, etc., así como para o persoal que realiza funcións de inspección. Sería un aumento lineal de 45€ mensuais que beneficiaría, igualmente, aos responsables de centros pequenos con menos de 3 unidades, algo especialmente relevante en zonas rurais, e a xefaturas de residencias, membros dos equipos de orientación específica ou asesores técnicos docentes, entre outros.
O último gran apartado da proposta que a Xunta presentará na Mesa Sectorial Docente inclúe varias medidas complementarias que inciden en diversos ámbitos.
No primeiro deles, a Consellería comprométese a elaborar un plan de simplificación de tarefas burocráticas nos centros educativos que permita unha maior dedicación do persoal docente aos labores especialmente educativos. Trátase dunha medida que, novamente, busca incidir na mellora da atención que recibe o alumnado galego.
Conciliación do profesoradoEn segundo lugar, proponse estender e regular a posibilidade de realizar reunións de forma telemática aos órganos de coordinación docente, sempre que así o decida o claustro ou o órgano convocante correspondente. Trátase dunha medida de flexibilidade que busca facilitar a conciliación dos traballadores do noso sistema educativo.
Finalmente, dentro deste apartado, dáse a posibilidade de incrementar o importe das axudas por formación que recibe o profesorado, os chamados reintegros por formación.
Coa finalidade de facilitar o seu cumprimento, unha vez asinado o acordo, crearíase unha comisión de seguimento que se reuniría polo menos unha vez ao ano.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Formación Profesional galega afianza o seu éxito cun crecemento xeneralizado de matrículas nos distintos niveis e modalidades e no conxunto do territorio
Summary:
Un informe da Consellería de Educación confirma a crecente demanda destas ensinanzas, que acadan un récord histórico de 64.570 matriculados este curso
Son 3.687 estudantes máis que o curso pasado e un 85% más ca no curso 2008-09
Os másteres lideran o incremento de matrículas cunha suba do 56%
As familias profesionais que máis medran son Téxtil e confección en pel, Actividades físicas e deportivas, Instalación e mantemento, Informática e comunicación, Agraria, Transporte e mantemento de Vehículos e Comercio de marketing
A matrícula tamén medra en todas as provincias, con especial forza nas áreas de Verín-Baixa Limia, Salnés, Lemos, Pontevedra e A Coruña
Cómpre subliñar a potencialiade dos 27 centros que forman a Rede de Centros Integrados de FP, que aglutinan o 48% do alumnado de centros públicos
Idioma GallegoAs ensinanzas de Formación Profesional en Galicia afianzan o seu éxito entre o alumnado cun crecemento xeneralizado de matrículas nos distintos niveis e modalidades e tamén no conxunto do territorio, tal e como se reflicte nun informe da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades elevado ao Consello da Xunta de hoxe.
Así pois, a FP galega acada un novo récord histórico con 64.570 matriculados no presente curso 2023-24. Trátase de 3.687 estudantes máis que o pasado, o que supón un incremento do 6%. Se se ten en conta o período dos últimos 15 anos, a porcentaxe de subida acada o 86%, xa que no curso 2008-09 había 34.746 matriculados, 29.824 menos ca hoxe.
Neste curso hai 5.353 persoas matriculadas nun ciclo formativo básico (un aumento do 4%), 24.394 nun ciclo de grao medio (4% máis) e 34.823 persoas matriculadas nun ciclo de grao superior (un 8% máis).
Dinámica territorialEsta dinámica alcista reflíctese tamén no conxunto do territorio galego, onde a provincia de Pontevedra lidera o crecemento cun 7% máis de matrículas rexistradas, seguida da provincia da Coruña (6% máis) , Ourense (4%) e Lugo (4%).
Neste ámbito cómpre destacar o dinamismo experimentado en zonas como as de Verín, Limia e Baixa Limia (onde se rexistrou unha suba de matrícula do 19%), O Salnés (un 12% máis), Lemos, Chantada e Quiroga (9,02), área de Pontevedra (9%) e área da Coruña (8%).
ModalidadesCanto ás modalidades, destaca o incremento de matriculados nos cursos de especialización ou másteres, cunha suba do 56%.
No que atinxe ás familias profesionais, destacan as subas das de Téxtil e confección en pel (25%), Actividades físicas e deportivas (14%), Instalación e Mantemento (10%), Informática e comunicación (9%), Agraria (9%), Transporte e mantemento de vehículos (9,37%) e Comercio e marketing (9%).
Neste éxito de matrícula cómpre destacar o papel que desempeña a Rede de Centros Integrados de FP (CIFP). Non en balde, os 27 centros que a conforman concentran o 48% do total de matrículas. Cómpre lembrar que a Consellería multiplicou por tres o número total de centros desta rede ao pasar dos 9 que había en 2009 aos 27 actuais tras a recente incorporación dos Audiovisual de Vigo, Montecelo de Pontevedra e Vilamarín de Ourense.
Plan Conecta FP GaliciaNo éxito desta oferta xogou un papel clave o Plan Conecta FP Galicia, no que participaron más de 10.000 empresas e 400 asociacións e clústeres para o deseño e planificación dunha oferta formativa que dea resposta á rápida evolución dos distintos sectores.
Na aposta pola innovación, a tecnificación e a especialización, a Xunta de Galicia sigue avanzando coa folla establecida na Estratexia Galega de FP 2030, dotada con 900M€, co obxectivo de ofrecer unha formación personalizada e adaptada ás demandas dos sectores socio-produtivos de Galicia, coa posta á disposición do mercado laboral de profesionais altamente cualificados.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta consolida un investimento de case 54M€ en accións estratéxicas de I+D+i nas Universidades públicas galegas no período 2019/2024
Summary:
O Consello da Xunta autoriza unha nova inxección de máis de 14M€ neste ano e o próximo para impulsar esta liña prioritaria do Plan de Financiamento Universitario
O obxectivo é intensificar a actividade investigadora e aumentar a produtividade científica mediante a diversificación na chegada de recursos
Entre outros conceptos, os novos convenios inclúen o financiamento basal dos centros de excelencia, así como a captación e retención de talento investigador
Finánciase o impulso e divulgación científica, estratexias para promover as titulacións duais e de excelencia e accións para a especialización dos campus
As achegas destinaranse tamén a obras, acondicionamento de laboratorios e adquisición de equipamento tecnolóxico de alta especialización
Idioma GallegoA Xunta vai consolidar un investimento de case 54M€ en accións estratéxicas de I+D+i nas universidades públicas galegas no período 2019/2024 a través da sinatura de tres novos convenios de investigación coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa de Vigo (UVigo) e coa da Coruña (UDC), autorizados hoxe no Consello da Xunta. Estes acordos supoñen unha nova inxección 14,1M€ por parte do Goberno galego nos anos 2023 e 2024 para impulsar esta liña prioritaria do Plan Galego de Financiamento Universitario, creada para unificar os esforzos impulsados neste ámbito.
As accións que se enmarcan nestes convenios están dirixidas ao fortalecemento das súas infraestruturas científicas e equipamento tecnolóxico principalmente, co obxectivo de intensificar a actividade investigadora e aumentar a produtividade científica mediante a diversificación na chegada de recursos.
Entre outros conceptos, inclúen o financiamento basal dos centros de excelencia da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS), así como a captación e retención de talento investigador. Finánciase, así mesmo, o impulso e divulgación científica, estratexias para promover as titulacións duais e accións para a especialización dos campus; así como as obras, o acondicionamento de laboratorios e adquisición de equipamento tecnolóxico de alta especialización.
No caso da USC, marca como áreas prioritarias do convenio a actualización de infraestruturas científicas, as estruturas de investigación e captación de talento, as accións transversais de I+D+i, as iniciativas en materia de mestrados e graos, as obras singulares e as accións en divulgación.
Melloras no Observatorio e novo centro de investigaciónA primeira delas executarase a través da adquisición de todo tipo de equipamento (detector de raios X de alta sensibilidade, sistema de visualización baixo luz polarizada, microscopio confocal Raman...), acondicionamento, construción e adaptación de laboratorios, mentres que a segunda ten como finalidade reforzar os centros de investigación e potenciar a actividade investigadora de excelencia. Neste caso as achegas destinaranse á incorporación de talento investigador, a impulsar a participación dos grupos de investigación nas diversas convocatorias de proxectos internacionais, á elaboración dos plans estratéxicos dos centros de investigación especializados e á ampliación de contratos posdoutorais. Tamén se financiará ao seu abeiro a parte da actividade dos centros de investigación, incluídos e non incluídos na Rede CIGUS.
No que atinxe ás accións transversais, desenvolveranse as de transferencia de investigación, as xornadas de portas abertas ou a celebración de congresos. Tamén contempla a mellora da Fundación Rof Codina, en concreto a posta en marcha dun módulo para porcino e a contratación de persoal colaborador investigador.
A cuarta liña prioritaria, en mestrados e novos graos, contempla a posta en marcha dunha experiencia piloto de mestrado dual, cun proxecto formativo común que se desenvolvería de forma complementaria nun centro universitario e nunha entidade colaboradora (empresa, institución, organización social ou sindical ou administración). Tamén se inclúen accións en materia de innovación educativa, de mellora dos estudos de doutoramento, da calidade dos mestrados que contan con mención de excelencia e dos laboratorios do grao en Bioquímica, entre outros.
O apartado de obras singulares distribuirase en actuacións para rematar a implantación do grao en Intelixencia Artificial, na rehabilitación do edificio Chalé dos Catedráticos como sede dun novo centro de investigación no ámbito das Ciencias Sociais e Humanidades e na adecuación e reacondicionamento de diferentes espazos de investigación.
Finalmente, a liña de accións de divulgación inclúe tanto a rehabilitación e ampliación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que acolle gran número de actividades divulgativas para escolares e todo tipo de público, así como a adaptación de espazos para a Rede de Centros de Divulgación, que está a conformar a USC para fomentar o interese pola ciencia e a cultura científica na sociedade.
Captación e retención de talentoPola súa banda, a UVigo centra as áreas obxecto do convenio na captación do talento, os centros, as estruturas de investigación, as obras singulares e outras accións con foco específico na I+D+i e na calidade da docencia. A primeira delas executarase con incentivos tanto para a consolidación como para a atracción de talento para novas necesidades estratéxicas e para apoiar os investigadores pertencentes a programas como o Ramón y Cajal, Beatriz Galindo ou Juan de la Cierva.
No caso dos centros, inclúe o desenvolvemento de xornadas de portas abertas nos centros singulares de investigación, actividades de difusión da ciencia e promoción de vocacións científicas, formación de persoal para dar resposta aos novos retos en materia de xestión de fondos e promoción de proxectos de investigación e transferencia. Tamén se destinarán partidas deste orzamento ao apoio a diferentes actividades desenvolvidas no Centro de Investigación Mariña (CIM), no Centro de Investigación Biomédica (CINBIO) e no Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic), ademais de ao financiamento basal dos centros da Rede CIGUS.
No que atinxe ás novas estruturas de investigación, inclúe o apoio á transformación de agrupacións estratéxicas saíntes, como o ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) e as centradas na especialización: Campus CREA, Campus Auga ou Vigo Tecnolóxico. Tamén o impulso á posta en marcha de novas estruturas e para a creación de dous novos institutos, un centrado na Xustiza e Xénero e outro de Física e Ciencias Aeroespaciais.
As actuacións incluídas no apartado de obras singulares abranguen o acondicionamento dos laboratorios do grupo de Enxeñaría Química BIOSUV, o acondicionamento de espazos para o traslado do CACTI ao Edificio do Campus da Auga.
Por outra parte, apóianse accións de alto impacto e interese na I+D+i, como a prórroga de contratos posdoutorais, proxectos colaborativos coa UMinho, apoio á organización de congresos internacionais, edición de bibliografía en galego, promoción da Ciencia Aberta ou o desenvolvemento e tramitación de patentes e spin-offs. Inclúe, asemade diferentes actividades no marco da campaña de escavación de Adro Vello, no Grove, e a produción dun documental sobre o dereito civil en Galicia.
Por último, ao abeiro das accións que inciden na calidade da docencia, impúlsanse accións de apoio aos mestrados de excelencia e dúas experiencias piloto, unha de mestrado dual e outra de incentivo de accións de innovación docente. Inclúe, tamén, o desenvolvemento dun proxecto de virtualización de laboratorios.
Accións de impactoA UDC sitúa como actuacións preferentes as enmarcadas no fortalecemento dos centros, as novas estruturas de investigación, a mellora de graos e mestrados e o acondicionamento de laboratorios de apoio á investigación e dixitalización, entre outros.
No caso dos centros, a achega centrarase no CITIC (Centro de Investigación en TIC), como centro integrante da Rede CIGUS, para o seu financiamento basal, promoción e divulgación de coñecemento, entre outros conceptos.
No referido ás novas estruturas de investigación, financiaranse a xestión e gobernanza, o fortalecemento, as liñas estratéxicas, o talento e os gastos estruturais de tres centros: o CICA (Centro de Investigación Científica Avanzada), o CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil) e o CITENI (Centro de Investigación en Tecnoloxía Navais e Industriais).
O apartado de mellora de graos e mestrados abrangue tanto a posta en marcha dun proxecto de mestrado dual como o impulso dos mestrados de excelencia e o lanzamento e promoción do mestrado orientado á Terapia Ocupacional. Tamén novos equipamentos para o laboratorio de creación dixital e emprendemento (Crealab) e os másteres interuniversitarios de biofabricación e de vehículos autónomos.
A partida de acondicionamento e dixitalización distribuirase en diferente melloras de equipamento e espazos en laboratorios e no edificio de servizos centrais da investigación. Así mesmo, impulsarase a dixitalización da I+D+i na UVigo a través da implantación dun novo programa de xestión.
Pecha o programa de necesidades da UDC a liña de accións dun foco específico de alto impacto en I+D+i. Entre elas, crearase o XACIDI (servizo de Xestión, Apoio e Coordinación da Investigación, Desenvolvemento e Innovación), coa finalidade de captar fondos e talento, realizar tarefas de asesoría técnica ou para a tracción de proxectos de I+D+i con outras entidades ou pertencentes ao tecido empresarial estratéxico.
Ademais, inclúe accións para preparar a acreditación de novos campus de especialización, a adquisición de equipamento tecnolóxico (simulador de alta tensión, unidade de xerminación e cultivo controlado, microscopio de barrido electrónico...) e o desenvolvemento do proxecto SIGMA ACADEMICS, un novo software de xestión académica integral, entre outros conceptos.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta abre en Vigo un novo centro de formación do profesorado que será referente na aposta polo modelo educativo galego innovador e inclusivo
Summary:
Román Rodríguez explica que o centro incorpora todas as ferramentas e recursos imprescindibles” para formar aos docentes fronte aos desafíos educativos
Conta cunha aula E-Dixgal, un Polo Creativo e seis aulas de formación con cabida para 400 persoas, ademais dun salón de actos
Será unha peza clave no desenvolvemento do Plan Anual de Formación do Profesorado, que conta cun investimento récord de 9M€ e 5.800 accións formativas enfocadas á dixitalización, á innovación e á convivencia como liñas prioritarias
A Consellería de Educación investiu 400.000 euros na adaptación do edificio
Idioma GallegoA Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso en materia educativa coa cidade de Vigo e a súa área coa apertura do novo Centro de Formación e Recursos (CFR) para a actualización e formación permanente do profesorado, dotado con todas as ferramentas e recursos imprescindibles, sobre todo no que atinxe ás novas tecnoloxías, o que permitirá formar aos docentes “fronte aos desafíos educativos presentes e futuros”.
Así o sinalou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na inauguración das novas instalacións situadas no edificio anexo do Colexio CEIP Virxe do Rocío, nun acto onde estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.
Segundo explicou Román Rodríguez, este novo Centro de Formación e Recursos “é un exemplo palpable do compromiso da Xunta coa excelencia na educación e co afianzamento do noso modelo educativo innovador e inclusivo”. “Nel intensificarase a formación permanente coas máximas ferramentas e recursos posibles”, abondou.
Na súa intervención, Román Rodríguez destacou a figura dos docentes como “a columna vertebral que sostén o noso modelo educativo”, polo que reafirmou o compromiso da Consellería de ofrecer todos os apoios formativos necesarios, sobre todo no emprego das novas tecnoloxías no entorno das aulas ou en aspectos como a acreditación das competencias dixitais docentes, unha iniciativa pioneira en Galicia con 20.500 profesores xa certificados.
Neste contexto, o novo CFR de Vigo vai ser unha peza clave no desenvolvemento do Plan Anual de Formación do Profesorado para o presente curso 2023-24, que conta cun investimento récord de 9M€ para o desenvolvemento de 5.800 accións formativas enfocadas á dixitalización, á innovación e á convivencia como liñas prioritarias.
Así mesmo, coa súa posta en marcha, o Goberno galego dá resposta ás demandas do profesorado de contar cun espazo axeitado, xa que ata o momento, e de xeito provisional, o centro realizaba as súas actividades no Colexio CEIP Plurilingüe O Sello.
3.000m² adaptados ao Plan de Nova Arquitectura PedagóxicaA Consellería de Educación investiu un total de 400.000 euros na adaptación destas novas instalacións no edificio anexo do Colexio Virxe do Rocío. Trátase dun espazo de 3.000m² distribuídos en tres plantas, adaptadas ás directrices tanto de innovación como de sostibilidade marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
De feito, o novo CFR conta cunha réplica dunha aula E-Dixgal e un Polo Creativo, dotadas con todo o equipamento. Tamén dispón dun salón de actos con capacidade para 100 persoas e seis aulas de formación que suman unha capacidade máxima de 400 persoas. O edificio complétase con espazos de administración e despachos.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Formación Profesional galega marca un novo récord ao superar por primeira vez os 64.500 alumnos
Summary:
A matrícula de FP gaña 3.687 estudantes e medra un 6% respecto ao ano pasado e un 86% respecto ao 2008-09, cando cursaban estas ensinanzas 34.746 persoas
Román Rodríguez sinala que o curso “se está desenvolvendo con total normalidade” e agradece “o seu traballo a todas as persoas que integran a comunidade escolar”
Avanza novos plans en materia de inclusión, convivencia, innovación ou dixitalización para continuar liderando os informes independentes de calidade e equidade
Reclama ao Goberno central “máis diálogo” ante a nova configuración do mapa autonómico en aspectos como a ABAU ou a cotización de prácticas en empresas
Afirma que, co actual sistema de organización, “temos un dos mellores sistemas educativos á vangarda de España e mesmo superamos a algunhas das rexións europeas de referencia” e que toda mellora “se pode avaliar con coherencia”
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, compareceu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a petición propia para informar do inicio do curso 2023-24 no ensino non universitario. Na súa intervención, o responsable educativo da Xunta anunciou que a Formación Profesional marca un novo récord de alumnos ao superar por primeira vez os 64.500 estudantes. En concreto, a falta de pechar a matrícula definitivamente os vindeiros días, son 64.570. Isto representa 3.687 persoas máis que no ano pasado, cando se contabilizaron 60.883. A nova cifra supón un crecemento do 6% respecto ao curso previo e un 86% máis que no curso 2008-09, cando cursaban FP 34.746 alumnos.
En opinión do conselleiro, estes datos reflicten “a enorme confianza e o valor que estas ensinanzas teñen polo seu prestixio e utilidade para Galicia”, unha realidade que a Xunta fixo posible ao longo dos últimos 15 anos e que agora potencia co Plan Conecta FP. Esta aposta prioritaria seguirá ampliándose este curso con novos proxectos como o programa InnovaTech FP, presentado onte, e que busca “impulsar a innovación tecnolóxica por parte do alumnado e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos”.
Esta iniciativa contará coa implicación do Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros, en Ourense, que no seu primeiro ano en funcionamento ten xa numerosos proxectos en marcha con liñas de modernización, colaboración e alta especialización.
Transcorridas as primeiras semanas, “o curso escolar estase desenvolvendo con total normalidade”, explicou Román Rodríguez, quen agradeceu a todas as persoas que forman parte da comunidade educativa o seu esforzo e recoñeceu o traballo do profesorado e o seu compromiso coa mellora permanente do ensino galego.
“Un distrito educativo único”Román Rodríguez salientou que cada inicio de curso é “un reto de organización” ante “un mapa vivo que muda todos os anos” e que cómpre planificar “tendo en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable“. O conselleiro explicou que Galicia “funciona como un distrito educativo único, en igualdade de oportunidades con independencia de onde vivan os alumnos, nas cidades ou no rural”.
“Co actual sistema de organización, temos un dos mellores sistemas educativos á vangarda de España. Somos homologables e mesmo superamos a algunhas das rexións europeas de referencia”, enfatizou o conselleiro. “Por suposto, sempre aparecen demandas e novas oportunidades que hai que analizar, avaliar e reflexionar. Todo se pode avaliar con coherencia, estudando as opinións dos distintos axentes da comunidade escolar, na procura de melloras e avances para o sistema”, manifestou.
Reforzo do profesoradoNun repaso por algunhas das cifras que marcan este curso, declarou que temos “preto de 2000 alumnos menos e, sen embargo, hai 370 profesores máis e tamén máis aulas”. Así mesmo, subliñou que, por terceiro ano consecutivo, a Consellería dispón do orzamento “máis alto da súa historia, con case 2.900M€” e que Galicia ocupa “postos de cabeza no ranking de inversión por alumno, sempre por riba da media estatal”, ao igual que no caso da rateo alumno/profesor, situada en 9,8 fronte a media nacional de 11,4.
“Acabamos de rematar un proceso de 4.000 prazas de novo ingreso e estabilización entre os anos 2022 e 2023, que converten a Galicia na comunidade con menor taxa de interinidade docente, un 2% estrutural fronte a media española do 25%”, resumiu Román Rodríguez, quen recordou que no ano 2024 haberá unha nova Oferta de Emprego Público de reposición “para continuar así apostando polos docentes”.
Modelo “propio con boa saúde”O conselleiro definiu o modelo educativo galego como “propio e diferenciado” e afirmou que “goza de boa saúde” e destaca pola “calidade e equidade”, con “menos abandono escolar e máis inclusión e igualdade de oportunidades, cunha boa convivencia nas aulas”; así como pola dixitalización e innovación, facendo que os centros “sexa verdadeiros espazos de aprendizaxe, con melloras nas infraestruturas (1.372 obras nesta lexislatura a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica cun investimento de 243M€) e tecnolóxicas, ademais de programas de idiomas, bibliotecas ou reforzo, entre outros.
Como lembrou o conselleiro durante a súa intervención, esta boa evolución está avalada por indicadores independentes como o Informe PISA ou mesmo o recente estudo SociEducación 2023, elaborado entre outros por varias organizacións sindicais, que sitúan ao ensino galego como o terceiro mellor sistema educativo de España.
Para seguir mellorando, Román Rodríguez avanzou que a Xunta traballa nunha nova Estratexia de Inclusión Educativa, ademais de dar un novo pulo ao Plan de Benestar Emocional. De feito, a Rede de acompañamento e orientación persoal e familiar, estreada hai dous cursos, dobra agora os docentes de 32 a 71. Nesta mesma liña, este outono será presentado o Plan integral contra o acoso e ciberacoso, pois “a convivencia e a igualdade son aspectos clave para un bo desenvolvemento humano e persoal”.
No eido da dixitalización, reiterou que “non é un fin en si mesmo, senón un medio de apoio ao proceso de aprendizaxe, tanto para o profesorado como para o alumnado, enfocado sobre todo á creatividade e á aprendizaxe competencial”. De aí que Galicia queira “avanzar na aplicación de novas metodoloxías didácticas”. Neste senso, citou iniciativas como as primeiras materias específicas en España sobre intelixencia artificial, o investimento de 84M na dotación de Polos Creativos, Aulas Móbiles de Informática (AMI) e paneis interactivos, ademais de E-Dixgal, e a Rede Galega de Educación Dixital, “con 80 docentes como mentores para axudar coas novas tecnoloxías e o apoio do novo Centro de Innovación Educativa e Dixital para enfrontar os retos de futuro”.
Este proceso complétase con EdugalIA, “iniciativa ambiciosa e complexa que está chamada a converter a Galicia na primeira comunidade educativa en incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa e na loita contra o fracaso escolar”.
Máis apoio ás familiasRomán Rodríguez detívose tamén en avaliar as medidas de apoio ás familias “nun momento complexo desde o punto de vista económico, cunha inflación tremendamente elevada e con moitas familias que o están pasando mal”. Ao respecto, enumerou as distintas iniciativas aprobadas co reforzo das axudas para material escolar, que chegan a 130.000 alumnos, un 40% máis que o ano pasado, e máis axudas para libros de texto. Isto fai que este curso, a Xunta invista o dobre que antes da pandemia neste fin.
De feito, segundo un recente estudo da Asociación Nacional de Editores de Libros y Material de Enseñanza, Galicia é a comunidade autónoma que máis axuda dá por alumno para os libros de texto: 198,7 euros/alumno fronte aos 112,6 da media nacional.
A isto súmase “unha das redes máis potentes no ámbito do transporte e o comedor escolar”. En conxunto, son medidas que aforran máis de 100M€ ás familias.
Nova lei educativa e ABAUO conselleiro referiuse tamén ás “repercusións negativas” polos cambios organizativos da nova lei educativa estatal, a coñecida como Lomloe, que Galicia cumpre “sen renunciar ás súas competencias” e “solucionando todas as eivas posibles para preservar a calidade do noso ensino”. Segundo o conselleiro, a proba das “tensións” creadas por esta nova normativa “quedou de manifesto coa nova ABAU”. “O Ministerio de Educación acertou cando atendeu a proposta da Xunta de paralizar este modelo”, afirmou.
Á vista dos resultados das eleccións autonómicas, cun cambio xeral de gobernos nas distintas comunidades, Román Rodríguez ve “necesario que o Goberno central abra un novo novo proceso de diálogo e escoite ás comunidades, que son as que van ter que aplicar a reforma”. Igualmente, reclamou acabar coas “improvisacións” en aspectos como o desenvolvemento da nova lei de FP ou a implantación da cotización á Seguridade Social do alumnado de FP e das universidades que realizan prácticas formativas.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta levará puntos de información xuvenil itinerantes aos IES
A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, en aras de seguir facilitando o achegamento da información xuvenil á poboación moza, ofrece a posibilidade de poñer en marcha Puntos de información xuvenil itinerantes nos centros docentes con ensinanzas de educación secundaria.
Esta iniciativa, que arrincou a comezos de 2022 nos sete campus universitarios galegos grazas á colaboración das tres universidades públicas, estendeuse no curso pasado aos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP). Coa inclusión dos centros de ensino que teñan ESO e Bacharelato amplíanse as oportunidades para a mocidade, que poderá coñecer de preto todos os recursos, programas e axudas existentes en materia xuvenil. Así mesmo, neste punto tamén se habilitará a activación do Carné Xove, que a Xunta de Galicia enviou, de xeito totalmente gratuíto, a toda a poboación moza de 12 a 30 anos.
Serán os centros educativos os que soliciten esta iniciativa a través do seguinte formulario, no cal teñen a posibilidade de indicarnos que mes do curso escolar lles viría mellor para a visita. Unha vez recibidas as peticións, o equipo de dinamización xuvenil encargado da xestión desta acción poñerase en contacto co profesor ou profesora de contacto para fixar a data e o horario axeitado para a instalación do punto de información xuvenil. O horario deste punto estenderase, como máximo, ao longo dunha xornada lectiva.
A través desta acción refórzanse os programas de difusión e achegamento da información de interese para a mocidade que a Consellería ten en marcha xa nos centros educativos, como é o caso de Correspondentes xuvenís. De feito, aqueles centros que desenvolvan este programa terán preferencia, de existir unha elevada demanda, de cara á instalación deste punto de información xuvenil itinerante. Neste caso tamén se fomentará a participación dos correspondentes.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesMáis de 2.000 alumnos de 100 centros participarán no novo programa Innovatech FP
Summary:
Román Rodríguez salienta a aposta pola innovación tecnolóxica e dixital na Formación Profesional a través desta acción na que a Xunta inviste 1,5M€
Lanzaranse 90 retos de tecnoloxía avanzada por parte dos estudantes coa finalidade de transferir resultados ao tecido produtivo
O Centro Galego de Innovación da FP exercerá de polo tractor destas iniciativas, poñendo á disposición as súas instalacións e os medios materiais e humanos
Entre os obxectivos específicos figura o desenvolvemento do rural e a promoción de liñas de actuación que axuden á redución da fenda de xénero
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asegura que as ensinanzas de Formación Profesional en Galicia van dar “un novo salto de calidade” a través do programa InnovaTech FP, unha iniciativa enfocada ao impulso da innovación tecnolóxica por parte do alumnado de Formación Profesional e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos.
Así o asegurou esta mañá no Centro de Innovación da FP Eduardo Barreiros en Ourense, onde presentou a posta en macha desta novidosa acción da Consellería que mobilizará máis de 2.000 alumnos e 400 profesores de 100 centros de FP durante o curso 2023-24 e 2024-25, e suporá un investimento de 1,5M€ neste período. Segundo Román Rodríguez, que estivo acompañado do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e da directora xeral de FP, Eugenia Pérez, o contexto de transformación social e tecnolóxica “esixe unha profesionalización inmediata das competencias dixitais”, de aí á necesidade de “afondar nas súas posibilidades e ofrecer un valor engadido que marque a diferencia”.
Neste reto insírese InnovaTech FP, a través do cal se busca incentivar, entre o alumnado e os titulados de FP que contan cunha alta formación tecnolóxica, o desenvolvemento de proxectos avanzados no eido tecnolóxico e industrial co obxectivo último de lograr unha transferencia de coñecemento cara as empresas dos distintos sectores produtivos da Comunidade.
“Dobre repercursión”Isto, en palabras do conselleiro, ten unha “dobre repercusión” xa que, por unha banda, “refórzase a formación específica dos estudantes en competencias clave no uso das tecnoloxías”, e por outra banda, “supón un beneficio directo para os sectores produtivos ao contar con profesionais altamente cualificados”, o que permitirá “avanzar cara unha maior tecnificación e dixitalización” do tecido empresarial.
Enmarcado na Estratexia de FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia, InnovaTech FP ten como obxectivos específicos xerar innovación aplicada que poida derivar no desenvolvemento de proxectos de emprendemento tecnolóxico e industrial, a resolución de retos tecnolóxicos dos sectores produtivos galegos, o fortalecemento da colaboración público-privada, o desenvolvemento do rural e a promoción de liñas de actuación que colaboren na redución da fenda de xénero.
Precisamente, o Centro Galego de Innovación da FP, con sede en Ourense, exercerá de polo tractor, coa posta a disposición das súas instalacións e dos medios materiais e humanos necesarios ao servizo deste programa.
85 centros en primeira convocatoriaInnovaTech FP está dirixido a centros educativos de Formación Profesional con dinámica de investigación, innovación e emprendemento, e que contan con viveiros de empresas ou aulas de emprendemento.
Na primeira convocatoria deste curso, o programa chegará a 85 centros educativos, coa participación de ata 1.020 alumnos e a implicación de dez empresas. Na convocatoria do próximo curso o obxectivo é acadar os 100 centros participantes e máis de 2.000 alumnos e 400 docentes implicados, entre coordinadores de emprendemento e de innovación, profesorado especializado e integrantes de equipos directivos, así como ata 30 empresas involucradas.
O programa abordará unha serie de retos tecnolóxicos relacionados cos sectores identificados no Plan Conecta FP que serán propostos polas empresas da comunidade, e que deberán ter un impacto no medio rural así como avogar pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
No plan de traballo establecido, o alumnado dos diferentes ciclos formativos deberá afrontar estes desafíos en equipos multidisciplinares e equilibrados en canto á representación de xénero, integrados por catro persoas. O seu labor será propoñer solucións innovadoras que integren os coñecementos adquiridos durante a súa formación a correspondente área. Cada centro poderá presentar un máximo de tres proxectos.
Protección da propiedade industrialDoutra banda, cómpre salientar que a Xunta de Galicia vai velar pola protección da propiedade industrial dos resultados dos proxectos xurdidos do traballo do alumnado nos centros educativos. Para ilo, establecerase un novo Protocolo de protección da propiedade intelectual no ámbito da FP galega, que fixará as bases para a súa xestión e o rexistro de patentes para os centros educativos, profesorado, alumnado e egresados. Incluirá unha carteira de servizos que permitirá contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico e á mellora da competitividade do tecido produtivo galego.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Fundación Bofill visita bibliotecas escolares galegas para exportar a Cataluña o modelo de éxito da Xunta
Summary:
Unha expedición desta entidade reuniuse con técnicos da Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación para coñecer polo miúdo as accións neste ámbito
Desprazáronse ata os colexios CEE Manuel López Navalón (Santiago) e CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) e ao Instituto de Brión para ver os seus recursos
Tamén visitaron o Centro de Innovación Educativa e Dixital e o Centro de Formación e Recursos da Coruña
Idioma GallegoA Fundación Bofill visitou esta semana Galicia para coñecer de primeira man as bibliotecas escolares da nosa Comunidade. O obxectivo desta entidade é exportar o modelo de éxito da Xunta neste ámbito a Cataluña a través dun novo proxecto, Biblio [tech], que están a impulsar. Xunto a eles, e como membros da expedición, viaxaron representantes da Universidade Politécnica de Cataluña e de outras entidades relacionadas co ámbito educativos como Escuela 21, GAIA e Vull Aprendre.
Os membros da expedición reuníronse con técnicos da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para estudar polo miúdo os diferentes programas que se desenvolven neste ámbito, que a Fundación Bofill considera como referentes no eido da innovación, creatividade e cultura dixital. Así mesmo visitaron o Centro de Formación e Recursos da Coruña e o Centro de innovación Educativa e Dixital, onde foron recibidos pola directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández.
Para coñecer in situ o modelo, a expedición desprazouse ata as bibliotecas escolares do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón (Santiago), do Colexio CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) e do Instituto IES de Brión. Nelas puideron asistir en directo ao funcionamento de iniciativas como Radio na Biblio ou comprobar a transformación dos espazos realizada ao abeiro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, que chega a preto do 80% dos centros públicos galegos.
Referente a nivel estatalAs bibliotecas escolares galegas son un referente a nivel estatal, con puntuacións superiores á media estatal (en torno a un 20%) na meirande parte das dimensións contempladas no informe estatístico Bibliotecas Escolares en España que cada catro anos realiza o Goberno Central, destacando en ítems como a calidade dos espazos de aprendizaxe, as actividades relacionadas co tratamento da información e competencias dixitais ou a formación en diversidade e igualdade.
Froito dos programas desenvolvidos nestes espazos, o alumnado galego rexistrou o terceiro posto de España en competencia lectora no último informe PISA, con 494 puntos, 17 puntos por riba da media española (477 puntos) e por riba das medias da OCDE (487) e da Unión Europea (489).
O obxectivo da visita da Fundación Bofill é aprender dos diferentes programas desenvolvidos nas bibliotecas escolares galegas, especialmente en relación coa cultura dixital e o papel destes espazos como laboratorios de aprendizaxe multimedia e interdisciplinarias e aplicar este modelo no seu proxecto.
Biblio [tech], enmarcado na estratexia de Equidade Dixital da entidade, é un proxecto piloto para transformar 16 bibliotecas escolares en clave de cultura dixital, multi-alfabetización e equidade. O proxecto quere ser un punto de inflexión nas políticas públicas, para que las bibliotecas escolares estean no centro da transformación educativa, o fomento do hábito lector e a xustiza social.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Un total de 45 alumnos de ensinanzas artísticas da Xunta obteñen as axudas Erasmus +
Summary:
O obxectivo da Consellería de Educación é seguir impulsando a mobilidade deste alumnado para enriquecer a súa formación
A contía mensual oscila entre os 125 e os 195 euros ao mes en función dos países de destino
Idioma GallegoUn total de 45 estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos do Programa comunitario Erasmus+ obteñen as axudas complementarias da Xunta de Galicia. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución destas bolsas, ás que a Xunta destina 40.000€, e que teñen como obxectivo seguir impulsando a mobilidade destes estudantes para enriquecer a súa formación. A relación de estudantes beneficiados por centros pódese consultar na seguinte táboa:
Provincia
Concello
Centro educativo
Número de beneficiados
A Coruña
A Coruña
Conservatorio Superior de Música da Coruña
6
A Coruña
A Coruña
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
5
A Coruña
Santiago de Compostela
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
6
Lugo
Lugo
Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón
3
Ourense
Ourense
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde
7
Pontevedra
Vigo
Conservatorio Superior de Música de Vigo
9
Pontevedra
Vigo
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
7
Pontevedra
Pontevedra
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
2
As contías das axudas complementarias oscilan entre os 125 e os 195 euros/mes (que se suman ás axudas europeas), en función do país de destino, durante a estadía que pode durar entre dous e nove meses. En concreto, o importe é de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega e Suecia), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía).
Para solicitar a bolsa os estudantes debían estar matriculados en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinanzas artísticas superiores (nivel 2 do Marco Español de Cualificación para a Educación Superior) no curso 2022/2023 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores de Galicia e ser beneficiarios dunha bolsa Erasmus+ de mobilidade no mesmo ano académico.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta facilita a mellora da cualificación de persoas desempregadas a través das bolsas para que teñan gratis a matrícula dun máster
Summary:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de outubro
Idioma GallegoA Xunta de Galicia facilita un ano máis a mellora da cualificación de persoas desempregadas a través da convocatoria de bolsas para matricularse nun máster oficial nas universidades públicas galegas no curso académico 2023/24. Cun orzamento total da convocatoria de 90.000€, cada beneficiario percibirá entre 591 e 835,8€, en función da titulación cursada.
Para solicitar estas axudas, as persoas candidatas deberon rematar os estudos universitarios de grao antes do 30 de setembro de 2022 e estar en situación de desemprego. Ademais, deben estar matriculadas nun máster universitario oficial en Galicia, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, convalidados ou adaptados.
As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo estará aberto ata o 23 de outubro.
O obxectivo desta liña da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é facilitar que as persoas desempregadas cursen un máster universitario que lles proporcione unha formación avanzada orientada á especialización académica ou profesional e melloren así o seu acceso a un mercado de traballo globalizado.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRomán Rodríguez recoñece o compromiso do profesorado co bo clima de convivencia nas aulas
Summary:
O conselleiro de Educación abre a xornada de formación sobre ‘A convivencia positiva e a prevención de conflitos’ que congrega preto 350 docentes en Santiago
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, pon en valor o compromiso e a implicación do profesorado como unha das “pezas fundamentais” para acadar un bo clima de convivencia nas aulas. Así o sinalou hoxe con motivo da apertura da xornada formativa A convivencia positiva e prevención de conflitos que congrega preto de 350 docentes entre hoxe e mañá en Santiago.
O titular de Educación do Goberno galego salienta que este encontro, que forma parte das accións recollidas no Plan de Formación do Profesorado, ten como obxectivo debater e poñer en común medidas, ferramentas e estratexias educativas que favorezan a construción dun entorno de convivencia pacífico, saudable e seguro, así como a prevención de conflitos. Nesta liña, lembrou que, baixo a Estratexia Galega de Convivencia Escolar, a Consellería de Educación leva “máis dunha década” impulsando medidas” para a mellora do bo clima nos centros educativos así, como para coidar do benestar do conxunto da comunidade educativa, que converten a Galicia “nun claro referente de boa práctica”.
Na xornada de hoxe o encontro conta con relatores como o experto no acompañamento para crear cultura da paz en centros educativos e institucións, Francisco Cascón, ou o psicopedagogo, orientador e profesor de Psicoloxía Xeral e Evolutiva da UNED, Juan Vaello Orts, que abordarán temas como a convivencia positiva e as competencias docentes para o coidado das persoas e das relacións. A xornada continuará mañá sábado coa abordaxe de cuestións relativas á prevención do acoso e o ciberacoso, a convivencia dixital e a ciberconvivencia emocional.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRomán Rodríguez subliña que EDUGALIA converte a Galicia na primeira comunidade en incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa
Summary:
”O noso obxectivo é empregar esta tecnoloxía como un novo impulso ao noso ensino, que permita recoller información e traducila en accións útiles para o sistema”, sinala
O evento de hoxe enmárcase na consulta previa ao mercado realizada pola Xunta para que as empresas presenten os recursos para facer realidade o proxecto
Idioma GallegoO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou hoxe que o novo proxecto EdugalIA converte a Galicia na primeira comunidade en incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa. Fíxoo na clausura da xornada divulgativa desta iniciativa pioneira, dirixida a empresas tecnolóxicas, e coa que se busca convidar ao sector a contribuír a poñelo en marcha.
O titular do departamento educativo da Xunta sinalou a oportunidade que a intelixencia artificial supón para a mellora dos servizos públicos “e que a través deste proxecto aplicaremos á Administración educativa dixital para reforzar o éxito escolar”. “O noso obxectivo é empregar a IA como un novo impulso ao noso sistema educativo, que permita non só recoller información, senón poñela en valor, de tal forma que poida traducir ese contido en accións útiles para o ensino e a aprendizaxe en toda a educación galega”.
Tres eixes de actuaciónNeste sentido, explicou que o proxecto EdugalIA se centrará en tres ámbitos prioritarios: a gobernanza, a creación do expediente dixital do alumnado e a creación dun espazo común entre familias, centros e Administración. No primeiro deles, crearase un novo modelo de Administración educativa dixital que sistematice a información procedente de múltiples fontes e formatos e permita analizar máis axilmente cuestións como o abandono temperá e crear itinerarios especializados.
O segundo ámbito ten como finalidade poñer a disposición do alumnado e das súas familias para consulta un expediente dixital que acompañe ao alumno ao longo do seu tránsito polo sistema educativo. Este documento incluirá datos de identificación, de escolarización, académicos ou sobre atención a necesidades específicas de apoio, entre outros.
Finalmente, a través de EdugalIA habilitarase un punto único de contacto e acceso para alumnado e familias á información do seu interese sobre o sistema educativo. O obxectivo é que este sistema permita a participación e a comunicación útil entre todas as partes para a asistencia, a orientación e a toma de decisións.
Compra pública de InnovaciónA xornada de hoxe enmárcase na consulta previa ao mercado mediante o proceso de Compra Pública de Innovación lanzada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co fin de que as empresas tecnolóxicas amosen os recursos dos que dispoñen para facer realidade este proxecto. Trátase do sistema de contratación pública que permite ás administracións a compra deste tipo de ferramentas que aínda non están comercializadas co fin concreto para o que se pretenden empregar.
Prevese que EdugalIA teña unha fase inicial de desenvolvemento e testeo no período 2024-2027, seguida dun proceso de avaliación de resultados e posible despregamento progresivo de solucións a partir do ano 2028.
Un paso máis na transformación dixital“Con EdugalIA damos un paso máis na transformación dixital definitiva que estamos levando a cabo no noso sistema educativo, non só coa dotación de equipamentos axeitados nas aulas, senón tamén coas metodoloxías, respondendo ás propias demandas do tecido empresarial e dos requirimentos profesionais do presente e do futuro”, salientou o conselleiro. Estes esforzos enmárcase na chamada Estratexia Educación Dixital 2030, cun investimento de 130M€, arredor da que o Goberno galego traballa na maior dixitalización e emprego de novas tecnoloxías no campo educativo. “O ensino non pode vivir de costa á realidade social, senón prepararse para ser parte de ela, como o facemos a través desta estratexia, considerando o desenvolvemento non como un fin en si mesmo, senón como un medio para apoiar o proceso de aprendizaxe”, puntualizou.
Neste sentido Román Rodríguez puxo en valor os fitos acadados na última década, de tal forma que Galicia é hoxe a CCAA cos centros mellor equipados dixitalmente de España líderes en alumnos por ordenador. “Ademais, por terceiro curso consecutivo, contamos cunha Rede Galega de Educación Dixital con 80 docentes como mentores para axudar coas novas tecnoloxías e contamos co novo Centro de Innovación Educativa e Dixital para enfrontar os retos de futuro no eido da investigación e cualificación profesional”, explicou. Así mesmo, destacou o investimento de 84M€ nas Aulas Móbiles de Informática, os Polos Creativos e a dotación de paneis interactivos nos centros escolares da Comunidade.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta lanza unha guía para garantir o benestar emocional nos centros de ensino
Summary:
Asegura que coidar o benestar e a saúde mental dos alumnos “é un obxectivo prioritario para a Xunta”
Dáse un novo pulo ao Plan de benestar emocional co deseño desta guía que amplía e actualiza as medidas a seguir para “adaptalas a realidade pospandemia”
Resalta que o Goberno galego destina este curso máis de 3,3 M€ a accións para garantir e mellorar a convivencia e o benestar dos alumnos
Refórzase a Rede de acompañamento e orientación persoal e familiar de Galicia, que se dobra en tan só dous cursos e pasa de 32 a 71 docentes
Os contratos-programa centrados neste ámbito chegaron o curso pasado a 535 centros, un 24 % máis ca no ano anterior
No marco do Plan Proxecta desenvólvense iniciativas de benestar en 167 centros e outros 87 forman parte da rede de centros ‘Educación responsable’
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a publicación da Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emociona que vai estar a disposición de toda a comunidade educativa e que ten por obxectivo “avanzar na prevención e na identificación de situacións que poidan causar malestar emocional” no ensino. Nesta liña, o titular do Goberno galego asegurou que “coidar o benestar e a saúde mental” dos alumnos “é un obxectivo prioritario para a Xunta”.
De feito, Rueda resaltou que a Administración autonómica destina este curso “máis de 3,3 M€” para desenvolver unha decena de accións co fin de garantir e mellorar o benestar emocional nos centros de ensino. Todas elas están enmarcadas na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que ten entre as súas liñas de actuación a mellora do benestar emocional e os hábitos de vida saudable.
Cómpre salientar que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Univeresidades traballa desde a perspectiva da sensibilización, da prevención e da formación con accións encamiñadas a previr e identificar situacións neste ámbito. Isto contribúe á xestión ou derivación dos casos ao sistema de saúde, para o cal se conta co apoio e a colaboración da Consellería de Sanidade.
O Plan de benestar emocional continúa a ser a folla de ruta de cabeceira das accións neste ámbito. Publicado no 2021 co obxectivo de acompañar a comunidade educativa neste reto durante a crise sanitaria, terá este ano un novo pulo coa publicación da Guía para o desenvolvemento do plan de benestar emocional, que tal e como explicou Rueda, amplía e “actualiza as medidas incluídas neste Plan para adaptadas a realidade pospandemia”. Con este novo documento favorécese, ademais, que as persoas que integran a comunidade educativa adquiran as habilidades necesarias para acadar un bo estado de benestar emocional.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades deseñou esta guía para facilitar aos centros educativos, con indicacións prácticas e sinxelas, a aplicación das diferentes medidas incluídas no plan. “Inclúe exemplos prácticos de posibles situacións que poden darse nas aulas” para saber como actuar e revolvelas, indicou Rueda. Para iso ofreceranse estratexias de fortalecemento, aprendizaxe e resolución. Estas estratexias están orientadas a desenvolver as competencias emocionais necesarias para intentar resolver as situacións suxeridas. As propostas poderanse desenvolver a nivel grupal ou individual.
Este recurso estará a disposición dos centros e diríxese a toda a comunidade educativa. As actuacións poderá desenvolvelas o profesorado, en colaboración co Departamento de Orientación. Ademais, a persoa responsable da convivencia e do benestar do alumnado dinamizará e acompañará o desenvolvemento do plan.
Medra o acompañamento e os contratos-programaAdemais do devandito plan, a Xunta de Galicia está a desenvolver unha decena de accións para promover o benestar emocional no ámbito educativo. Neste marco, este curso van funcionar un total de 71 unidades de acompañamento e orientación persoal e familiar de Galicia noutros tantos centros, máis do dobre ca no curso 2021/22, que dan cobertura a todos os centros educativos de Galicia. Cada unha destas unidades está dotada co apoio dun docente para o desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento ao alumnado especialmente vulnerable, así como das súas familias.
No que atinxe aos contratos-programa, volverán funcionar este ano, tras o éxito do curso pasado. A modalidade específica para este ámbito, Emociónate-T, chegou o pasado curso a 353 centros, un 24 % máis ca no precedente. Ao seu abeiro desenvólvense accións para a mellora da competencia socioemocional de toda a comunidade educativa, así como o desenvolvemento de estratexias que favorezan o aumento da autoestima, a empatía e a resiliencia, a mellora das habilidades comunicativas, o incremento do autocontrol emocional, a superación, a identificación das emocións dos demais e o coñecemento das propias.
Formación do profesoradoAsí mesmo, a Consellería está a desenvolver a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia ou o impulso das comisións provinciais e autonómica de seguimento de benestar e da convivencia nos centros educativos.
De xeito parello, e a través do Plan de formación do profesorado, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ofrece aos docentes formación específica no ámbito do benestar. Así mesmo, convócanse os centros anualmente para participar en diferentes programas neste eido, en colaboración con outras entidades, como Educación Responsable, de cuxa rede forman parte 87 centros, ou o Programa de prevención para educación secundaria YAM (Youth Aware of Mental Health) a cargo da Consellería de Sanidade coa colaboración de Educación. Ademais, no marco do Plan Proxecta desenvolveron iniciativas de benestar 167 centros o curso pasado.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesAs bibliotecas escolares galegas consolídanse como referente estatal, con preto do 80% dos centros integrados no Plan de Mellora
Summary:
A Xunta vai destinar neste curso máis de 2,3M€ ás diferentes accións neste eido
Froito das políticas desenvolvidas nesta materia, o alumnado galego rexistrou o terceiro posto de España en competencia lectora no último informe PISA
As bibliotecas escolares galegas destacan en ítems como as competencias dixitais e formación en diversidade e igualdade
Idioma GallegoAs bibliotecas escolares galegas consolídanse, un curso máis, como referente estatal, con preto do 80% dos centros integrados no Plan de Mellora (PLAMBE). A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicará nos vindeiros días a resolución deste programa para o curso 2023/24, sumando 25 novos centros, ata chegar a un total de 840, 779 deles públicos.
Cómpre lembrar que o PLAMBE é o programa de cabeceira do Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe), a folla de ruta iniciada en 2010 e que experimenta nesta lexislatura a súa terceira e máis ambiciosa fase.
Neste sentido, o PLAMBE é fundamental para a renovación do modelo de biblioteca escolar, dos seus equipamentos básicos e das súas actividades, para o que conta na última convocatoria conta cun orzamento de 1,5M€. O programa está asociado a diversas actividades formativas. De feito, todos os centros que se incorporan deben solicitar un Plan de Formación Permanente do Profesorado relacionado co funcionamento da biblioteca escolar e os seus principais aspectos.
‘Biblioteca Creativa’ e ‘Radio na Biblio’A Xunta vai destinar neste curso 2023/24 máis de 2,3M€ ás diferentes accións en materia de bibliotecas escolares incluídas no Plan LÍA. A maiores do PLAMBE, destacan iniciativas como o programa Biblioteca Creativa, que chegará este curso a 173 centros e que ten como obxectivo estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional a través de actividades manipulativas, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.
Así mesmo, este curso seleccionaranse 30 novas bibliotecas escolares para a súa participación no programa Radio na biblio, que se sumarán aos 167 centros integrados en convocatorias precedentes ata chegar a un total de case 200. Esta iniciativa ten por obxecto promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares co fin de favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.
No caso do programa Lectura e familias, prevese que este curso chegue a case 120 centros. O seu obxectivo é favorecer a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, tanto en experiencias de lectura como de traballo coa información e medios de comunicación.
Os Clubs de Lectura, unha das iniciativas de máis éxito no eido das bibliotecas, funcionarán este ano en aproximadamente 450 centros, fomentando hábitos de lectura entre os participantes e contribuíndo á creación dun ambiente proclive á experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa.
Doutra banda, serán arredor de 200 os centros que se impliquen no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, de promoción do voluntariado cultural en relación coas bibliotecas, que se integra tamén nos programas da Consellería de Política Social e Xuventude. A través del promóvese a participación do alumnado e familias neste tipo de actividades e recoñécese o esforzo da comunidade escolar por conformar bibliotecas inclusivas, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento e ao uso dos recursos culturais e de aprendizaxe.
A maiores, a Xunta continúa desenvolvendo iniciativas moi consolidadas, como as Mochilas viaxeiras, coas que se envían materiais en préstamos ás familias; ou os centros LÍA.3, deseñados como laboratorio creativo de aprendizaxes e dotados de todo tipo de equipamentos adaptados ás necesidades do século XXI, entre outras iniciativas.
Os mellores resultadosO desenvolvemento destes programas permite a mellora dos equipamentos das bibliotecas escolares e, polo tanto, dos centros educativos, favorecendo a adquisición de competencias lectoras por parte do alumnado e facilitando o acceso a estes recursos en igualdade de oportunidades.
Ademais, froito das políticas desenvolvidas en materia de bibliotecas escolares o alumnado galego rexistrou o terceiro posto de España en competencia lectora no último informe PISA, con 494 puntos, 17 puntos por riba da media española (477 puntos) e por riba das medias da OCDE (487) e da Unión Europea (489).
As bibliotecas escolares galegas son, así mesmo, un referente a nivel estatal, con puntuacións superiores á media estatal (en torno a un 20%) na meirande parte das dimensións contempladas no informe estatístico Bibliotecas Escolares en España que cada catro anos realiza o Goberno Central, destacando en ítems como a calidade dos espazos de aprendizaxe, as actividades relacionadas co tratamento da información e competencias dixitais ou a formación en diversidade e igualdade.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta lanza ‘InnovaTech FP’ para o impulso de proxectos tecnolóxicos por parte dos alumnos e a transferencia de coñecemento ás empresas
Summary:
Esta acción da Consellería de Educación, enmarcada no Plan Innova FP, mobilizará máis de 2.000 alumnos e 400 docentes de 100 centros durante dous cursos
Lanzaranse 90 proxectos de tecnoloxía avanzada cuxa última finalidade é lograr transferir resultados aos distintos sectores produtivos da comunidade
O Centro Galego de Innovación da FP exercerá de polo tractor destas iniciativas, poñendo á disposición as súas instalacións e os medios materiais e humanos
O proxecto, que foi analizado no Consello de hoxe, suporá un investimento de 1,5 M€
Entre os obxectivos específicos figura o desenvolvemento do rural e a promoción de liñas de actuación que axuden á redución da fenda de xénero
A Xunta velará pola propiedade industrial dos proxectos xerados nos centros educativos cun protocolo de protección específico para a FP galega
Idioma GallegoO Consello da Xunta analizou hoxe un informe da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades no que se dá conta do lanzamento do programa InnovaTech FP, unha nova iniciativa enfocada ao impulso da innovación tecnolóxica por parte do alumnado de Formación Profesional e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos.
O programa, enmarcado na Estratexia de FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia, mobilizará máis de 2.000 alumnos e 400 profesores de 100 centros de FP durante o curso 2023-24 e 2024-25, e suporá un investimento de 1,5M€ neste período.
Entre os obxectivos específicos do programa están o de xerar innovación aplicada que poida derivar no desenvolvemento de proxectos de emprendemento tecnolóxico e industrial, a resolución de retos tecnolóxicos dos sectores produtivos galegos, o fortalecemento da colaboración público-privada, o desenvolvemento do rural e a promoción de liñas de actuación que colaboren na redución da fenda de xénero.
Con esta iniciativa búscase incentivar, entre o alumnado e os titulados de FP que contan cunha alta formación tecnolóxica, o desenvolvemento de proxectos avanzados no eido tecnolóxico e industrial co obxectivo último de lograr unha transferencia de coñecemento cara as empresas dos distintos sectores produtivos da Comunidade.
Neste propósito, o Centro Galego de Innovación da FP, con sede en Ourense, exercerá de polo tractor, coa posta a disposición das súas instalacións e dos medios materiais e humanos necesarios ao servizo deste programa.
85 centros en primeira convocatoriaInnovaTech FP está dirixido a centros educativos de Formación Profesional con dinámica de investigación, innovación e emprendemento, e que contan con viveiros de empresas ou aulas de emprendemento.
Na primeira convocatoria deste curso, o programa chegará a 85 centros educativos, coa participación de ata 1.020 alumnos e a implicación de dez empresas. Na convocatoria do próximo curso o obxectivo é acadar os 100 centros participantes e máis de 2.000 alumnos e 400 docentes implicados, entre coordinadores de emprendemento e de innovación, profesorado especializado e integrantes de equipos directivos, así como ata 30 empresas involucradas.
O programa abordará unha serie de retos tecnolóxicos relacionados cos sectores identificados no Plan Conecta FP que serán propostos polas empresas da comunidade, e que deberán ter un impacto no medio rural así como avogar pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
No plan de traballo establecido, o alumnado dos diferentes ciclos formativos deberá afrontar estes desafíos en equipos multidisciplinares e equilibrados en canto á representación de xénero, integrados por catro persoas. O seu labor será propoñer solucións innovadoras que integren os coñecementos adquiridos durante a súa formación a correspondente área. Cada centro poderá presentar un máximo de tres proxectos.
Protección da propiedade industrialDoutra banda, cómpre salientar que a Xunta de Galicia vai velar pola protección da propiedade industrial dos resultados dos proxectos xurdidos do traballo do alumnado nos centros educativos. Para ilo, establecerase un novo Protocolo de protección da propiedade intelectual no ámbito da FP galega, que fixará as bases para a súa xestión e o rexistro de patentes para os centros educativos, profesorado, alumnado e egresados. Incluirá unha carteira de servizos que permitirá contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico e á mellora da competitividade do tecido produtivo galego.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRomán Rodríguez destaca a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña como centro de referencia nacional e de prestixio internacional
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de conmemoración do 50º aniversario da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, da que salientou que nas últimas cinco décadas “se ten consolidado como un centro de referencia nacional para a formación dos futuros arquitectos”. “O seu impulso da man da Fundación Pedro Barrié de la Maza supuxo un auténtico fito hai cinco décadas e hoxe sitúase como unha institución de prestixio internacional e de recoñecida influencia pública”, incidiu.
Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta destacou o papel do centro como “pulo decisivo para a comprensión e a investigación da arquitectura e a transferencia dese coñecemento ás necesidades sociais” e puxo en valor fitos como a creación do primeiro grao interuniversitario en Paisaxe, “que permitiu ofrecer unha formación integral e multidisciplinar nunha profesión que entón non estaba regulada en España, pese á súa gran demanda”.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesA Xunta galardoa 20 estudantes cos Premios Extraordinarios de Bacharelato do curso 2022/23
Summary:
Estes premios, que cada ano outorga a Consellería de Educación, teñen como obxectivo recoñecer os méritos académicos baseados no esforzo e o traballo
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de facer público os galardoados cos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2022/23, un total de 20 estudantes aos que se lles recoñece os méritos excepcionais polo excelente resultado académico acadado baseado no esforzo e no traballo realizado ao longo da etapa, tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.
Trátase de nove estudantes de centros educativos da provincia da Coruña, catro da de Lugo, dous da de Ourense e cinco da de Pontevedra. Cada un deles recibirá 1.000 euros ademais dun diploma acreditativo, e a distinción será anotada no seu expediente académico.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca cada ano este galardón co fin de recoñecer o esforzo, traballo e aproveitamento académico dos estudantes que rematan a etapa de Bacharelato nun centro docente da Comunidade, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que obtivesen unha nota media do Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
Ademais, os galardoados tiveron que superar unha proba específica estruturada en dúas partes. A primeira delas consistiu nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, e en responder cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do Bacharelato.
A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II e Fundamentos da Arte II.
Listado de premiados:
Provincia
Concello
Centro
Nome do alumno
A Coruña
A Coruña
IES Plurilingüe Elviña
Álvarez Guillemet, Fernando Javier
A Coruña
A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Davó Fernández, Sol
A Coruña
A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Díaz López, Paula
A Coruña
Carballo
IES Monte Neme
Pena Vázquez, Xurxo
A Coruña
Culleredo
CPR Plurilingüe Montespiño
Pascual Sanderson, Eliana
A Coruña
Ribeira
IES Nº 1
Cerviño Portela, Lu
A Coruña
Santiago
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Armesto Méndez, Irene
A Coruña
Santiago de Compostela
CPR Plurilingüe La Salle
Alamancos Balboa, Manuel
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Tajuelo Arenas, Jacobo
Lugo
Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes
Huéscar Vale, Jorge
Lugo
Lugo
IES Xoán Montes
Corredoira Coira, Pilar
Lugo
Monforte de Lemos
IES Francisco Daviña Rey
Dorribo González, Iker
Lugo
Ortigueira
IES de Ortigueira
Rodríguez Rodríguez, María
Ourense
Ourense
IES As Lagoas
Carballude González, Héctor
Ourense
Ourense
IES Eduardo Blanco Amor
Pérez Quintana, Sabela
Pontevedra
Cangas
IES María Soliño
Suárez Cordero, Xabier
Pontevedra
Poio
CPR Sek-Atlántico
Aguión Rodríguez, Sabela
Pontevedra
Ponteareas
IES do Barral
Taboas Pazo, Sebastian
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Mariano
González Herreros, Fernando
Pontevedra
Vigo
IES do Castro
González Batán, María
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
A Xunta amplía ata o 3 de outubro o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas Retorna Talento FP
Summary:
Convócanse 108 axudas, en dúas modalidades, dirixidas a facilitar que estes rapaces melloren a súa cualificación e poidan volver á súa terra de orixe
Por primeira vez ofértanse 60 prazas en ciclos de FP Dual, coa colaboración de 25 empresas, unha modalidade que favorece a inserción laboral dos titulados
O Goberno galego destina case 1M€ a esta iniciativa, que se enmarca na Estratexia Galicia Retorna
Idioma GallegoA Xunta vén de ampliar ata o día 3 de outubro o prazo para que a mocidade do exterior poida solicitar algunha das 108 bolsas Retorna Talento FP co fin de realizar estudos de Formación Profesional que lles permitan mellorar a súa cualificación e volver á súa terra de orixe.
Os trámites deberán facerse a través da aplicación informática Ciclosadmisión. Os requirimentos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia e son, con carácter xeral, non ter gozado destas bolsas en convocatorias anteriores, ser residente no estranxeiro e ter nacionalidade española, ter menos de 40 anos e ter algunha relación de orixe ou consanguinidade con Galicia.
Por primeira vez ofértanse neste marco prazas en ciclos de FP Dual, coa colaboración de 25 empresas, unha modalidade que favorece a inserción laboral dos titulados.
O Goberno galego destina case 1M€ a esta iniciativa, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna coa que o Goberno galego quere promover o retorno de 30.000 galegos que viven fóra da comunidade ata 2026.
Dúas modalidadesA convocatoria divídese en dúas categorías, en función do tipo de estudos que se ofertan. Así, a modalidade A contempla 48 bolsas para estudar Programas específicos básicos de FP durante o curso 2023/24. Neste caso a bolsa é de 6.500€ por alumno e a relación de programas formativos ofertados, a razón de 16 prazas cada un, é a seguinte:
Concello
Centro
Programa formativo de formación específica básica
A Coruña
CIFP Someso
Albanelaría e fontanería
Culleredo
CIFP Universidade Laboral
Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios
Ferrol
CIFP Ferrolterra
Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios
Pola súa banda, a modalidade B inclúe un total de 60 prazas para cursar cinco ciclos de Formación Profesional Dual nos cursos 2023/24 e 2024/25, cunha bolsa de 10.800€ por estudante. Os alumnos poderán formarse en carpintería, hostalería, coidados, construción ou instalacións térmicas e de fluídos nos cursos que ofertarán cinco centros -Universidade Laboral (Culleredo), Someso (A Coruña), Ferrolterra (Ferrol), IES A Chapela (Redondela) e o CIFP de Vilamarín- e nos que participarán 25 empresas de toda Galicia. Neste caso, durante o primeiro curso poderán realizar unha parte da formación a distancia, pero a formación práctica nas empresas será sempre presencial, ao igual que todo o segundo curso.
Os ciclos ofertados son os reflectidos na seguinte táboa:
Concello
Centro
Ciclo de FP Dual
Ferrol
CIFP Ferrolterra
Ciclo superior de Deseño e amoblamento
A Coruña
CIFP Someso
Ciclo superior de Proxectos de edificación
Culleredo
CIFP Universidade Laboral
Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos
Vilamarín
CIFP de Vilamarín
Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos
Redondela
IES de Chapela
Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia
Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades