Para este curso 2022/2023, cambian as normas sobre o uso dos móbiles no instituto. Desde mañá, 8 de setembro, se o alumnado decide traer o teléfono móbil, debe mantelo gardado e en silencio durante toda a xornada lectiva en todo o recinto escolar, incluídos os recreos.
A excepción serán as clases en que o/a docente precise o uso didáctico do dispositivo, o cal será advertido previamente ás familias.
Se un alumno ou alumna necesita recibir un aviso urxente, a familia pode chamar ao teléfono do instituto.