Skip to Content

Plan de evacuación

Plan de evacuación do centro

Esquema de evacuación do centro

 

1. A persoa que detecte a situación de emerxencia informará ao xefe de emerxencias (director) ou a persoa suplente (xefe de estudos) ou a calquera do equipo de primeira intervención (equipo directivo e conserxes).

2. O xefe de emerxencias ou a persoa que sexa avisada no seu lugar avaliará a situación e, se procede, fará soar a alarma de evacuación (alarma contraincendios ou timbre de cambio de clase intermitentemente), alertando ao equipo de primeira intervención e chamando ao 112.

3. O equipo de evacuación (profesorado, conserxes e persoal administrativo) comezarán a evacuación do alumnado cara ao punto de encontro (explanada de aparcadoiro do pavillón que se atopa ao lado do recinto do instituto, saíndo pola porta principal, seguindo o camiño que leva a Camiño dos Cacharros e virando á dereita):

  • O profesorado dará instrucións para que o alumnado se prepare para abandoar a aula en fila e de xeito ordeado e en silencio.
  • O profesorado, antes de deixar sair ao alumnado, sairá á porta da aula para analizar a situación e, establecendo contacto cos demais profesores do seu corredor, comezará a evacuación do seu alumnado ordeadamente, de xeito que saian primeiro os grupos mais pretos das saídas ao exterior e evitando que se acumule o alumnado no corredor.
  • No caso de ter na aula alumnado con dificultades motoras, o profesorado o acompañará, asignando a evacuación do resto do grupo ao profesorado da aula mais cercana.
  • Evacuarase ao alumnado pola saída mais próxima segundo a ubicación no edificio, evitando sempre que sexa posible o uso das escaleiras interiores. Non se utilizará o ascensor en ningún caso. Caminarase con naturalidade e sen precipitación polo centro do corredor.

4. Unha vez fora do edificio, continuarase polo camiño que vai da escola até o punto de encontro en fila e en silencio e, unha vez alí, cada curso ocupará unha fila encabezada polo profesorado que dirixiu a evacuación, o cal procederá ao reconto, tomará nota e informará de calquera ausencia ao profesorado encargado (o primeiro en chegar ao punto de encontro que estará coa súa fila na parte mais alonxada do instituo dentro da explanada do aparcadoiro do pavillón).

5. O profesorado do primeiro grupo en chegar será o encargado de informar ao xefe de emerxencias ou aos seus suplentes de calquera ausencia detectada, chamando por teléfono ao instituto ou deixando o seu grupo a cargo doutro profesor e comunicándoo directamente.

Normas xerais:

  • Manter a calma.
  • Comezar a evacuación cando se de o sinal de alarma.
  • Obedecer instrucións do equipo de alarma e evacuación (profesorado, conserxes e persoal administrativo).
  • Evacuar a zona en orde, sempre as aulas mais próximas as escaleiras no primeiro lugar e as plantas inferiores antes cas superiores.
  • Realizar a evacuación en silencio.
  • Se a vía de evacuación está chea de fume, selar o acceso e esperar as axudas exteriores.
  • Se cando soa o sinal de evacuación non se está no seu lugar habitual, deberase unir ao primeiro grupo que se vexa e dar conta desta circunstancia no punto de reunión.
  • En xeral, axudarse uns aos outros.
  • Transportar aos impedidos dun xeito eficaz.
  • Dirixir e axudar con especial atención aos discapacitados.
  • Comunicar ao equipo de alarma e evacuación as incidencias observadas na evacuación.
  • Parar e desconectar as máquinas que se estean utilizando.

Prohibicións:

  • Separarse do grupo evacuado.
  • Deixar ocos nas filas de evacuación.
  • Levar vultos ou similares.
  • Correr.
  • Empurrarse e atropelarse.
  • Deterse.
  • Retroceder por algo ou alguén.
  • Utilizar os ascensores.
  • Abandoar os puntos de reunión até nova orde.
   
Distribuir contido


by Dr. Radut