Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Representación do IES David Buján en Diverciencia

Nerea, María e Jean de 4º de ESO representan o IES David Buján cun proxecto cuxo obxectivo é comparar o contido en proteínas no leite e en bebidas de orixe vexetal. O traballo foi levado a cabo durante este curso polo Club de Ciencia do centro e foi desenvolvido grazas ao material e a información proporcionada polo grupo de divulgación e de innovación XuvenCiencia da USC.

A feira Diverciencia ten como obxectivo dinamizar a ensinanza e a divulgación da ciencia a través dos proxectos presentados por alumnado de diferentes niveis educativos. Durante estes días, ademais, haberá charlas, exposicións e obradoiros para os participantes. Este ano a feira acolle máis de 3.400 estudantes xunto a 209 profesores acompañantes de 81 centros participantes. Moita sorte, Nerea, María e Jean na defensa do voso proxecto!

O alumnado de 4º e bacharelato que estea interesado en aprender a realizar proxectos de investigación e ademais pasalo moi ben este verán, poden participar no campus de verán de XuvenCiencia que se desenvolverá en Lugo do 2 ao 8 de xullo.

Ligazón: https://xuvenciencia.org/campus/gl/

Viaxe a Portugal 4º ESO

Despois de varios cursos de suspensión deste tipo de saídas por mor do Covid-19, este ano o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de realizar a súa viaxe de fin de etapa a Portugal (Lisboa, Sintra, Cascais, Estoril, Óbidos, Mafra...). A continuación un vídeo con algúns dos lugares e momentos compartidos. 

Visita de 2º de bacharelato a Santiago de Compostela

O luns, 19 de decembro de 2022 o alumnado de 2º de bacharelato visitou Santiago de Compostela, nunha saída organizada polos departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura, Música, Artes Plásticas e Relixión. Nesta ocasión, visitaron espazos tan emblemáticos como o Pórtico da Gloria da catedral ou o Museo do Pobo Galego.

Esta actividade foi subvencionada polo concello de Cambre.

 

Magosto

04/11/2022 11:20
04/11/2022 14:10
Atlantic/Bermuda

Magosto e xogos populares. Concurso de colares de zonchos, cabazas, scary picture e decoración do Samaín.

Os mandatos do MECO: Entroido en contexto Covid

 

Con moita pena de non poder celebrar o festival de Entroido, o Meco do IES David Buján deixará un mandato cada día na páxina web e na entrada do centro.

Este Entroido ben o pasarás, o mandato do Meco cumprirás!!!

"O venres 12, a bata ou pixama non quitarás e ao insti así chegarás"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut