O pasado 10 de outubro, os alumnos de tódolos 3º da ESO foron de excursión a un espectáculo de comedia no que a través de diversas situacións cotiás se invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega, polos departamentos de Lingua Galega e Castelá.
A obra nace dun forte sentimento de amor cara algo coma a nosa lingua, a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de vitimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. O que pretenden con esta representación é que a lingua medre na súa inmensa riqueza, a pesar dos usos e abusos aos que esta sometida actualmente.
Bicos con lingua é un espectáculo sinxelo, directo, cotiá, que invita á reflexión e que se adapta a calquera espazo. Un espectáculo de calidade dirixido a tódolos “falantes”.
Sinceramente, creo que todos os meus compañeiros e compañeiras aprendimos algo desta obra de teatro. A obra encantoume. Espero que se podan facer máis saídas asi, culturais, porque están xeniais porque aprendemos cousas que non se ensinan actualmente nos centros galegos, os prexuízos dunha lingua. Pasiño a pasiño vaise mellorando para que os centros educativos poidan ofrecer unha educación máis completa e entretida para a mocidade.
Por último, quero dar as grazas ao instituto por preparar actividades tan interesantes.
EDÉN AVECILLA CARRERA
3ºC
