Skip to Content

Orientación

CURSO 2022-2023

PROFESORADO:

Eva Sanz Santás (Orientadora)  correo  esanz (arroba) iesdavidbujan (punto) gal

Mª Elvira Fernández Pérez (Especialista en Pedagoxía Terapéutica)  correo  mavi (arroba) iesdavidbujan (punto) gal

Belén Sierra Rego  correo  mariabelensierra (arroba) iesdavidbujan (punto) gal

Adrián Esteban García  correo  adrian.esteban (arroba) iesdavidbujan (punto) gal

José Ángel Sánchez García  correo   jsanchez (arroba) iesdavidbujan (punto) gal

 

 

PLANS E PROGRAMAS

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

PLAN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2020/2021 

CONCRECIÓN ANUAL PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 2020/2021

PROGRAMA DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

PLAN PROXECTA EDUCACIÓN SEXUAL 

EDUEMOCIONA

 

Proceso de matrícula nas probas ABAU 2023

Para presentarte na ABAU cómpre que acades o título de bacharelato e matricularte nas probas. Como se fai?
 
Prazo de matrícula: do 18 ata o 22 de maio de 2023.  
 
Procedemento:

  • 2.- Acude á administración do instituto:
    • A administrativa do IES carga o impreso da prematrícula e xérase un código para activar a túa conta de usuario/a en Nerta.
      • Cada estudante recibe ese código de acceso no seu correo electrónico persoal; non vai chegar ao correo iesdavidbujan.gal.
      • Con ese código terás que seguir as instrucións para activar túa conta en Nerta.
      • Nerta é a web onde poderás ver se estás matriculado/a das materias correctas, comprobar as cualificacións dos exames cando realices as probas e realizar a solicitude de admisión no SUG (Sistema Universitario de Galicia).
    • A administrativa devólveche un xustificante de prematrícula, que debes comprobar antes de marchar.
  • 3.- Solicita o título de bacharelato con posterioridade ao 17 de maio. Sigue as instrucións que hai neste PDF para dar os seguintes pasos:
    • 1º: Enche un modelo de pagamento de taxas (54 € é a tarifa xeral; 27,03 € para familia numerosa xeral e gratuíta para a familia numerosa de categoría especial).
    • 2º: Despois do día 17 de maio, paga de forma telemática ou presencialmente nun dos bancos recomendados. Se escolles pagar presencialmente nunha oficina bancaria, vanche saír tres copias do formulario; telas que levar ao banco e alí vanchas selar: unha é para ti, outra para a administración do instituto e outra queda no banco.
  • 4.- Para pagar a matrícula da ABAU:
    • Presencialmente, nun banco autorizado: enche o xustificante de pagamento da matrícula da ABAU (63,67 € é a tarifa xeral; 31,84 € para familia numerosa xeral e gratuíta para a de categoría especial). Ao imprimires o xustificante, lembra sacar 3 copias: para ti, para o instituto e para o banco.
    • Telematicamente: entra en Nerta para efectuar o pagamento en liña.
  • 5.- Despois de pagares, acude á administración do instituto cos seguintes papeis:
    • O xustificante de pagamento do título de bacharelato.
    • O xustificante de pagamento da matrícula da ABAU.
    • Unha fotocopia do DNI ou pasaporte.
    • Se é o teu caso, acreditación de descontos ou exención de pagamento (por familia numerosa, etc.).
  • Ás probas da ABAU terás que levar o DNI/Pasaporte, o xustificante de pagamento da matrícula da ABAU e o impreso de matrícula.

Charla de orientación académica e laboral: FP sanitaria no CIFP Ánxel Casal

No mediodía do vindeiro luns, 8 de maio, entre as 15.30 e as 16.30 h, imos recibir a visita de persoal do CIFP Ánxel Casal (A Coruña), que nos vai ofrecer información de primeira man sobre a súa oferta de ciclos de Formación Profesional da rama sanitaria. Esta actividade está dirixida a todo o alumnado interesado e ás súas familias.

 

Plan director 2022/2023

Nas últimas semanas, o IES David Buján recibiu en diversas ocasións a visita do persoal da Garda Civil encargado de impartir as palestras do Plan Director para a convicencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos deste curso 2022/2023. Trátase de sesións en que profesionais expertos tratan cuestións como o acoso escolar, as adiccións ou a violencia de xénero dunha maneira adecuada á realidade dos centros educativos.

Onte, 22 de decembro de 2022, levouse a cabo a sesión dirixida ao alumnado de 1º de ESO, en que se tratou o tema da ciberseguridade, cun foco moi especial no uso responsábel e consciente das redes sociais.

Escola de Familias de Cambre 2022: novas sesións

 

Divulgamos información das vindeiras sesións da Escola de Familias de Cambre 2022, organizadas polo Concello:

Uso responsable de redes sociais: 28 de novembro de 2022, ás 19:00 horas.

Uso responsable das redes sociais; uso de internet nas familias, incidindo na protección e sinalando algúns dos riscos; suplantación de identidade, sexting, grooming; tempo de pantallas: conectas ou desconectas? Quen decide? Como se decide? Por que é necesario?; as nais e pais como guías.

 

Iniciación á educación afectivo-sexual e coñecemento da diversidade: 12 de decembro de 2022 ás 19:00 horas.

Desenvolvemento: afectividade e sexualidade; sexualidade e mundo virtual: pornografía, sexting, grooming; algúns consellos para nais e pais.

 

Mentres se impartan as sesións, está previsto un servizo de atención de menores que cursen entre 4º de E. Infantil e 4º de E. Primaria. Tamén serán atendidos os menores ata 6º de E. Primaria no caso de que non acudan como participantes da sesión.  Para que se leve a cabo este servizo, deberá haber como mínimo 2 menores que o soliciten.

 

O programa é gratuíto e as sesións duran 1h30. A persoa interesada deberá encher a solicitude anexa e presentala no concello (antes da data da sesión) por rexistro de entrada, ou ben a través da sede electrónica ou ben presencialmente en calquera dos rexistros municipais, para o que deben solicitar cita previa chamando ao número 981 613 128.

Distribuir contido


by Dr. Radut