Skip to Content

Bioloxía e xeoloxía

Avaliacións STEMBACH

 
Este mes de abril tiveron lugar as avaliacións do alumnado STEMBACH de 2º de Bacharelato. O día 12 expuxeron Xiana Valiño Rodríguez, Óscar Caínzos Rodríguez e Daniel Viñas Barciela o traballo "O papel das solucións baseadas na natureza da mitigación dos asolagamentos e control da contaminación nas cidades". O día 26 foi a quenda de Moraima Núñez Álvarez, Elena Hortas Salas e Icía Moure Cernadas co traballo "Búsqueda de antibióticos en muestras de suelo". Ambos os traballos mereceron unha cualificación de sobresaliente.
 
 
 
 
 

Participación na Olimpiada de Bioloxía 2023

O pasado venres 17 de Febreiro Nicolás López Méndez, alumno de 2º de Bacharelato, participou na Olimpiada de Bioloxía que tivo lugar na Facultade de Bioloxía da USC. Durante a xornada realizou unha proba teórica e outra práctica, e asistiu á conferencia La genética en el museo del Prado", impartida polo catedrático de Xenética da USC Gonzalo Álvarez Jurado.

 Olimpiada Bioloxía

CURSO 2022-23: PROFESORADO E PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO:

Marta Mosquera Rivas, Xefa de Departamento: martamosquera@iesdavidbujan.gal

Marta Rúa López: martarua@iesdavidbujan.gal

José Manuel Viñas Diéguez: jvinas@iesdavidbujan.gal

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS:

Distribuir contido


by Dr. Radut