OS RISCOS DO MAL USO DAS REDES SOCIAIS

A ANPA do IES de Brión retoma a actividade da Escola de Nais e Pais o vindeiro mércores 26 de abril, ás 18:30 no Salón de Actos do instituto co tema "OS RISCOS DO MAL USO DAS REDES SOCIAIS".

Na actividade intervirán  o profesor Elisardo Becoña, director da Unidade de Tabaquismo e Trastornos adictivos da USC, que falará dos problemas adictivos que pode xerar Internet. De seguido, sobre as 19,30h, intervirá o formador da Garda Civil Óscar Rey, quen amosará as conductas de risco que a cotío empregan os adolescentes na rede, para axudarnos a estar alerta.

Para acceder á información completa, preme na seguinte ligazón

OBRADOIROS

Ao longo de toda a semana e de forma máis concentrada durante os días 4 e 5 de abril organizáronse no centro obradoiros de temáticas variadas nos que o propio alumnado e/ou monitores impartiron actividades como:

  • Makey makey
  • Papiroflexia
  • Regueifas
  • Robótica
  • Serigrafía
  • Xabóns
  • Xogos variados
  • Cociña
  • Física de partículas

Save

Save

Save

Save

JUVENES TRANSLATORES. MENCIÓN ESPECIAL

O alumno de bacharelato Lois Meira López obtén unha mención especial no concurso de tradución Juvenes Translatores da Comisión Europea.

Parabéns a Lois e aos outros concursantes de 2º de Bacharelato.

No enlace, pódense consultar todos os detalles: lista de gañadores por países, textos orixinais e traducións premiadas.

https://ec.europa.eu/info/juvenes-translatores

TÍTULOS DE SECUNDARIA E BACHARELATO

Desde o día 16 de febreiro de 2017, pódense recoller na oficina de administración do IES de Brión os títulos de Secundaria e Bacharelato correspondentes ao alumnado que rematou estes estudios no ano 2014.

ACCÉSIT DE 4º ESO NA FASE GALEGA DA VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

Un ano máis estamos de noraboa!

Esta vez foi Alberte X. López Freire Accésit de 4º ESO na VIII Olimpíada de Xeoloxía convocada por AEPECTGALICIA que demostrou que a Xeoloxía se move no IES de Brión.

Parabéns Alberte!

Save

"MULLERES TIC" 3º PREMIO EN WISIBILÍZALAS

O día 11 de febreiro coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a profesora de Tecnoloxía Luz Ramos López recolleu en Barcelona o terceiro premio do concurso Wisibilízalas convocado polo  Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra.

Este galardón foi outorgado a un grupo formado por alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO en recoñecemento á calidade da páxina web "Mulleres TIC" elaborada nas materias de TIC e EPVA.

Detras deste traballo, e debido ás dinámicas de aula que favorecen que o alumnado colabore e comparta materiais, hai un grupo máis nutrido de alumnado que merece o noso recoñecemento mesmo que non figure formalmente na configuración do equipo gañador. Parabéns!

Aldana Sierra, José David | Alonso Lameiro, Carmen | Bouzas Casal, Pablo | Carcedo Martínez, Antón | Dosil Souto, Alejandro | Fernández Montero, Carla | Gómez Prieto, Paulo Antón | González Pazos, Carmen | González Pérez, Hugo Fiz | Horta Cadenas, Ricardo | Liñares Gesto, Brais | Lois Piñeira, Xosé | López Freire, Alberte Xosé | Lorenzo García, Martiño | Manukyan, Karen | Martínez Santos, Carmen Mª | Nimo Ares, Irene | Sánchez Petruk, Patricia | Soto García, Martín | Trigo Cobas, Carmen | Vázquez Dosil, Manuel

A nova na TVG

Entrevista na Cadena Cope

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Código Cero: Estudantes do IES de Brión chegan á final do prestixioso concurso Wisibilízalas

La voz de Galicia: Premio para o IES de Brión

El correo gallego: O alumnado do IES de Brión logra o terceiro posto no concurso Wisibilízalas

Save

Save

Save

Save

ALICIA

Alicia from IES de Brión on Vimeo.

"Alicia" é unha curtametraxe realizada no Taller de Cine o pasado curso 2015/16. Trátase dunha adaptación dun microrrelato de Patricia Sánchez Petruk. Desta volta sacamos a cámara do instituto e aventurámonos a traballar con nenos. Este traballo foi concibido e realizado integramente polo alumnado participante (guión, gravación, montaxe, música…). Ademais contamos coa axuda de moitas outras persoas que contribuíron a facer realidade este proxecto. Grazas a todas elas.

Save

Save

Save

Save

Como se fixo from IES de Brión on Vimeo.

NA PROCURA DO TALENTO DIXITAL

Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato do noso instituto foi premiado no concurso "Na procura do talento dixital" organizado por Dico Summit 2017 durante o 24 e 25 de xaneiro na Cidade da Cultura.

                                      Vía: Código cero

O concurso consistíu na procura de novos talentos a través da presentación breve dunha idea-concepto sobre un producto ou servizo innovador no campo dos contidos dixitais.

A proposta gañadora do 1º premio da modalidade "Mozo" foi "Read for speed", unha aplicación universal que busca a mellora do nivel de velocidade e comprensión lectora dos usuarios.

A nova na prensa:

Parabéns aos alumnos premiados!

Save

Save

FINALISTAS EN WISIBILÍZALAS

O equipo "Brión 2" resultou seleccionado entre os catro finalistas no concurso "Wisibilízalas" organizado pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. O vindeiro 11 de febreiro, "Día da Nena e a Muller na Ciencia", coñecerase a orde dos finalistas.

Parabéns ao alumnado participante.

As páxinas web creadas son o producto dun proxecto interdisciplinar con alumnado de diferentes niveis que pretende visibilizar ás mulleres nas TIC, enmarcado no programa "Rapazas emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta.

Accede á nova en Twitter

Accede á nova en Facebook

Máis informacion sobre a participación nesta convocatoria

Save

Save

WISIBILÍZALAS

Alumnado das materias de TIC I de 1º de Bacharelato e Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º de ESO participa en Wisibilízalas, unha convocatoria do  Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:

  •     Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía
  •     Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC
  •     Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía

A convocatoria consiste na creación dunha páxina web que describa a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC.

Podemos visualizar as propostas creadas polo alumnado premendo nas imaxes:

 

Save

Save

Distribuir contido