EXCELENTES RESULTADOS DOS ROBOTS DE BRIÓN NA COMPETICIÓN ESCOLAR DE ROBÓTICA DA OSHWDEM

Durante a mañá do xoves 5 de novembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e Debuxo Técnico e Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participou na Competición Escolar de Robótica OSHWDem 2015, que tivo lugar na Domus da Coruña. Desde o instituto participaron catro equipos en dúas categorías (1 libre e 3 renacuajo) na competición denominada como segueliñas. 

Robots finalistas da competición

Robot deseñado polo alumnado de 1º de Bacharelato

Despois de dúas roldas eliminatorias, os catro equipos de Brión conseguiron clasificarse para a final, quedando entre os seis primeiros. Na categoría renacuajo os 3 equipos de Brión, quedaron nos 1º, 2º e 3º postos.

Na clasificación xeral, o robot deseñado e construído polo equipo de 1º de Bacharelato acadou un estupendo 2º posto.

 

A nova na prensa:

O  seguimento da competición no twitter da OSHWDem:

OSHWDem_1 OSHWDem_2
OSHWDem_3 OSHWDem_4
OSHWDem_5

Parabéns para todo o alumnado de Brión participante.

COMPETICIÓN DE ROBÓTICA ESCOLAR DA OSHWDEM

OSHWDem

O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Debuxo Técnico e Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participan o xoves 5 de novembro na Competición Escolar de Robótica OSHDem 2015 na Domus en A Coruña, organizada por BricoLabs.

A OSHWDem é un evento con filosofía BarCamp sobre electrónica e Open Source Hardware.

VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración co Departamento de Bioloxía e TIC organizan a Videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" impartida por Xurxo Mariño, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de Ciencias.

A videoconferencia tivo lugar o mércores 4 de novembro de 12:30 a 13:30 h. na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do VI día da Ciencia en Galego.

VI Día da Ciencia en Galego

Xurxo Mariño Alfonso é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. 

Visita ao Parlamento de Galicia

O Departamento de Filosofía e o Equipo de Dinamización Lingüística organizan unha visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o martes, 15 de decembro de 11:00 a 13:30 horas.

Exposición FiloComic

A exposición FiloComic estará durante tres semanas na sala de exposicións do noso IES.

Podedes atopar a información relativa ao contido da exposición na ligazón que aparece debaixo da fotografía da sala de exposicións.

TALLER DE INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN

O día 15 de outubro tivo lugar no IES de Brión a actividade "Talleres de introdución á programación", para o alumnado de 2º e 3º de ESO dentro do programa DÍA DO CÓDIGO NO TEU COLE. EDUCAR PARA INNOVAR, da SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, organizada pola Deputación da Coruña, a UDC e Europe Direct.

A nova na prensa:

El Correo gallego, publicou: "A semana europea da programación busca desde Brión talento"

Código cero, publicou: "Un cento de estudantes de Brión metéronse de cheo na programación"

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. 2015/16


O vindeiro martes 15 de setembro terá lugar a presentación do curso e recepción do alumnado.

Levarase a cabo en tres quendas:

Alumnado Horario Porta de acceso
 1º e 2º de ESO

de 11:45 a 12:30

 porta principal
 1º e 2º de Bacharelato

de 12:00 a 12:45

 porta do patio
 3º e 4º de ESO

de 12:15 a 13:00

 porta principal


Nota: Haberá transporte escolar.

O mércores 16 de setembro darán comezo as clases no horario habitual de 08:25 a 14:05.

Boletin do IES de Brión: Trimestre 3º

MATRÍCULA PARA O CURSO 2015/16

Curso:                             
Datas:

 1º e 2º de ESO  

 do 25 de xuño ao 1 de xullo

 3º e 4º de ESO

 do 2 ao 7 de xullo

 1º e 2º de Bacharelato

 do 8 ao 10 de xullo

Distribuir contido