Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021, as reclamacións ás cualificacións de 2º de bacharelato e/ou ás cualificacións das materias pendentes de 1º de bacharelato, presentaranse de acordo co seguinte procedemento e nas seguintes datas:

Día 19 de maio ás 8:30 horas

Entrega dos boletíns coas cualificacións finais de segundo de bacharelato por parte dos titores/as na aula de referencia do grupo.

As notas serán enviadas tamén por SIXA .

Días 19 e 20 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas

Presentación de reclamacións Instancia dirixida á Dirección do centro.

Antes de presentar esta reclamación é conveniente que a/o alumna/o fale coa profesora ou profesor para recibir as oportunas explicacións sobre a nota.

Día 21 de maio de 11:30 a 14:00 horas

Resolución da reclamación presentada. O alumnado recollerá a resolución na secretaría do centro.

Días 24 e 25 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas

De non estar de acordo coa resolución do departamento, o alumnado poderá solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á Xefatura Territorial, presentando unha nova instancia na oficina do centro.

As reclamacións basearanse nos criterios establecidos na circular 2/2021 (mencionada ao inicio deste oficio).

Os modelos para presentar as reclamacións atópanse na circular 2/2021 e tamén estarán na Administración do Centro.

As reclamacións serán formuladas polo alumnado no caso de ser maiores de idade e polas súas persoas proxenitoras ou persoas que ostenten a representación legal, no caso de ser menores de idade.

A Dirección

CONVOCATORIA ESTALMAT-GALICIA 2021

Enviado por Dirección o Ven, 07/05/2021 - 09:33

O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da Comunidade Autónoma, anuncia a Convocatoria 2021 da proba de selección dirixida a estudantes nacidos nos anos 2007, 2008 ou 2009.

O proxecto ESTALMAT-Galicia iniciou a súa andadura no curso 2007-2008, integrado no Proxecto ESTALMAT-España, iniciativa da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales. Conta co apoio da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), das catro Deputacións, da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

O noso obxectivo é detectar e prestar atención a nenas e nenos con talento matemático que, en moitos casos, poden pasar inadvertidos ou quedar desatendidos.

Poden acceder a toda a información relativa a convocatoria no seguinte  ENLACE

DÍPTICO

ESTE ANO, EN EDUCACIÓN FÍSICA, PURA RESILIENCIA!!!

Enviado por nuriacastelao o Mar, 04/05/2021 - 18:56

Resiliencia é a  capacidade que permite a certas persoas superar as distintas adversidades que xorden na vida diaria.

Despois deste ano, creo que podemos dicir, que somos RESILIENTES (con maiúsculas, nin máis, nin menos). Noraboa polo voso traballo! Disfrutádeo!!!

DATAS DAS PROBAS DE MATERIAS PENDENTES

Enviado por Dirección o Ven, 30/04/2021 - 09:50

DEPARTAMENTO

DATA DA PROBA

INGLÉS

5 de Maio

LINGUA

12 de Maio

BIOLOXÍA E XELOXÍA

19 de Maio

FÍSICA E QUÍMICA

12 de Maio ( 3º ESO)/11 de Maio (4º ESO) 

FRANCÉS

4 de Maio (1º ESO)/ 5 de Maio (2ª ESO)

HISTORIA

18 de Maio

LINGUA CASTELÁ

20 de Maio

MATEMÁTICAS

11 de Maio (1º Bach)/27 de Maio(ESO)

E. PLÁSTICA E VISUAL

20 de Maio

CHARLA IGUALDADE

Enviado por Dirección o Mar, 27/04/2021 - 16:37

O próximo mércores 5  de Maio estades todos/as invitados/as á charla sobre Outras Masculinidades impartida por Xosé Cabido .

Entrada libre ata completar aforo

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-22

Enviado por Dirección o Ven, 23/04/2021 - 13:53

Informamos de que xa están publicadas no centro as listaxes provisionais resultantes do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22.

As listaxes poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado en administración. Non obstante, de forma non presencial, poderán acceder a información a través da aplicación admisiónalumnado.

Poderá formular reclamación, ante o consello escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

CERTAME CULTURAL 2021

Enviado por Dirección o Xov, 08/04/2021 - 12:13

Para acceder as bases do concurso preme no seguinte enlace: BASES

PRIMEIRO MUSICAL DE BAILADELA TEATRO

Enviado por Dirección o Mar, 30/03/2021 - 21:53

Mañá 31 de marzo estrearase  "DESORIENTADAS" o primeiro e  extraordinario musical de "Bailadela Teatro".

Moitos parabéns a todas vos!!

 

OBRADOIRO DE RADIO

Enviado por Dirección o Lun, 22/03/2021 - 12:21
Non sabes que facer polas tardes? 
Vén facer radio con nós participando no obradoiro de radio que faremos no mes de abril.
Os mércores 14, 21 e 28 de abril e o 5 de maio de 16:30 a 18:00
Aprenderás a facer entrevistas, a dar a túa opinión e preguntar aos demais, a traballar en equipo... unha radio escolar para mellorar o mundo! 

Anótate na biblioteca antes do 25 de marzo, as prazas son limitadas e atenderáse á orde de inscrición

CONFERENCIA 11F: HISTORIA DUNHA INVESTIGADORA: A VACINA COVID-19

Enviado por luz o Lun, 08/03/2021 - 18:35
O pasado xoves 25 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º de ESO de Ciencias, asistimos a unha videoconferencia na que Mireya López Borrajo, investigadora no laboratorio MJ Alonso LAB, contou a súa experiencia como investigadora na vacina da covid-19 e como muller na Ciencia.
Conferencias 11F: Mireya López Borrajo

Mireya é unha das galegas que están a investigar nunha vacina contra a covid-19. Durante a charla Mireya espuxo o esforzo e adicación que require un proxecto dese calibre, como traballar contrarreloxio ata 12 horas ao día ou renunciar a vacacións. Porén, ela pensa que estas accións van pagar a pena cando toda a poboación estea vacinada e cando, pouco a pouco, a pandemia sexa erradicada. Ademais, explicounos como funcionaba o virus da covid, a súa estrutura e as vacinas que na actualidade se están poñendo. Tamén fixo un percorrido pola súa experiencia formativa ata a actualidade como investigadora predoutoral nun laboratorio de prestixio a nivel mundial, contándonos as dificultades na carreira científica, suplidas con esforzo, interese e búsqueda de oportunidades. Ela tivo que traballar moi duro, máis como resultado na actualidade está formándose nunha área que lle gusta, axudando a protexer a saúde de miles de persoas. Julia González, Laura Pérez, Eirena Souto, Martina Sambade. Alumnas de 4º D e 4º C. Desde o IES de Brión agradecemos a Mireya a súa participación na videoconferencia.
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.